Alfoz

Etiquetas:
18/04/2022

O Concello de Alfoz, dentro das accións para fomentar o respecto e coidado ao medio ambiente, traballa para reducir os residuos en orixe ademais de xestionalos correctamente.

Desde o Concello sinalan que “acabamos tendo un montón de roupa que deixamos de usar por distintos motivos, podes depositala no contedor de téxtil (situado enfronte do Centro de Saúde) pero tamén podes darlle unha segunda oportunidade”.

E engaden: “aprende a reformala e transformala por completo. Os sábados (7, 14, 21 e 28) de maio, de 17:00h a 20:00h na Casa da Cultura temos un curso gratuÍto para aprender a reciclala. As prazas son limitadas. Información e inscrición: 982 558 001 (EXT 2)”

 

12/04/2022

Un ano máis convócase o concurso de narración e debuxo da Letras Galegas 2022 co tema "O que pasa ao meu arredor". Ata o día 10 de maio poderanse entregar os traballos na Biblioteca Pública de Alfoz, das 3 categorías establecidas: categoría A ata 8 anos, categoría B de 9 a 11 anos e categoría C de 12 a 16 anos. Os premiados na fase local participarán no certame da Biblioteca Pública de Lugo. 

Bases e inscrición: pincha no seguinte enlace para acceder 
https://drive.google.com/.../16kC6wfA6qWOcS.../view...

 

Etiquetas:
11/04/2022

Ás 20:00h no Salón de Actos do Centro Sociocultural de Alfoz do 23 de abril a Asociación Cultural Abrente, das Nogais, presenta a súa comedia "As tres solteironas". 

Esta comedia, ambientada nos anos 50, caricaturiza a ansia de dúas familias por amañar as súas herdanzas pactando casamentos. Cunha trama argumental que se complica por certos intereses económicos, algún namoramento imprevisto, un cura de armas tomar, envexas, malas linguas e ata unha maga e un enxame de abellas...

Financiada co Plan Único da Deputación Provincial: Área de Cultura, Xornadas de teatro 2022

 

Etiquetas:
22/03/2022

O grupo Lume Escénico, da Pontenova, representa “Cousas de bares”. Poderase desfrutar deste obra o próximo domingo, 27 de marzo, ás 20:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz.

A representación trata dun accidente de tráfico no que está implicado un coche fúnebre, nun bar aparece un ataúde cun boleto de lotaría dentro. Esta é unha obra de ritmo trepidante e con xiros inesperados. Unha cita fronte ao cemiterio, para un espectáculo… mortal.

Etiquetas:
17/03/2022

Bibiana Candia, autora da novela Azucre, vai estar o luns, 21 de marzo, na Mariña facendo unha dobre visita: na Biblioteca de Alfoz ás 18:00 horas e
na Librería Bahía, de Foz, ás 20:30 horas.

Segundo explica Cielo Fernández “este dobre encontro xurde da colaboración de dous clubs de lectura: o que dende hai xa dous anos está funcionando en Alfoz, promovido polo Concello, e A carón dos libros, o club que puxemos en marcha desde a Librería Bahía de Foz hai un mes”.

Os encontros organizados desde os clubs de lectura son abertos para todo o público.

Azucre é unha novela baseada no episodio histórico que foi a venda por parte dun potentado galego afincado en Cuba, Urbano Feijoo Sotomayor, de preto de 2.000 mozos galegos como escravos para traballar nas plantacións de caña de azucre....

leer más
Etiquetas:
16/03/2022

O Concello de Alfoz organiza para os seus veciños e veciñas cursos gratuítos e en grupos reducidos para aprender a utilizar o móbil. 

Comezarase con cursos de nivel básico e logo de nivel avanzado, todos en 2 sesións de 1 hora e media, o luns e o mércores na Casa da Cultura. Hai 2 horarios para elixir, o primeiro de 17:00h a 18:30h e o segundo de 18:45h a 20:15h. 

As persoas interesadas poden anotarse na Casa do Concello (Oficina de Rexistro) ou chamado ao 982 558 001 (ext.3). Para máis información poden chamar ao 982 558 001 (ext.2 Arantxa).

Tamén van facer un curso para manexarse co certificado dixital, as sedes electrónicas, subvencións, etc. dirixido ás Asociacións e Clubs do Concello. Os interesados deben poñerse en contacto no  982 558 001 ext. 2

Etiquetas:
23/02/2022

A Asociación Cultural Xuvenil O Castelo organiza o desfile de Entroido de Alfoz, que se celebrará o luns da vindeira semana, 28 de febreiro, ás 21:00 horas no pavillón municipal.

As inscricións realizaranse de 19:30 a 21:00 horas, o aforo será limitado e a máscara e o certificado de vacinación serán obrigatorios.

Repartiranse 1.500 euros en premios. Haberá tres categorías en Infantil e Adultos, nos apartados de Individual, Parellas e Grupos, ademais de Comparsas e Charangas. Os premios en Infantil Individual serán: 40 euros para o 1º, 30€ para o 2º e 20 euros para o 3º; en Infantil Parellas: 60 euros para o 1º, 50€ para o 2º e 40 euros para o 3º; e en Infantil Grupos: 90 euros para o 1º, 70€ para o 2º e 50 euros para o 3º. Os premios en Adultos Individual serán: 60 euros para o 1º, 50€ para o 2º e 30 euros para o...

leer más
Etiquetas:
03/01/2022

Tralos continuos cambios e viravoltas destes últimos días, logramos contactar cos Reis Magos para que se pasasen polo noso concello. 

As maxestades atenderán aos máis pequenos da casa facendo a seguinte ruta: Casa da Cultura, Igrexa das Oiras, Igrexa do Pereiro, Pinguela, Reirado, Igrexa de Bacoi, Igrexa de Carballido, Igrexa de Adelán, Castro e por último achegaranse ao pavillón de Alfoz para atender a quen así o desexe e recoller as cartas que sexan necesarias. 

Dende a directiva explican que “decidimos realizar un formato reducido deste evento e non contará coa oferta lúdica nin coa tradicional chocolatada.  Rógase prudencia e uso obrigatorio da máscara”.

Etiquetas:
18/12/2021

A asociación de veciños San Mamede das Oiras, coa colaboración do Concello de Alfoz, organiza un obradoiro de elaboración de xabón a partir de aceite usado de cociña, así como unha actividade para recuperar a memoria dos tempos dos lavadoiros públicos. Será o luns 27 de decembro e realizarase na Escola das Oiras, a onde os interesados en participar poderán desprazarse nun autobús, que sairá de diante da Casa do Concello ás 17:00 horas e volverá ao remate da actividade, que está previsto que finalice ás 19:00 horas.

Para participar nesta actividade, que é gratuíta e está dirixida a todas as franxas de idade, hai que inscribirse previamente no teléfono 982.558.001 (extensión 3).

A asociación veciñal San Mamede das Oiras tamén ten programada outra actividade, nesta ocasión para lavar á man, o día 29 de decembro,...

leer más
Etiquetas:
16/12/2021

Os días 27, 28, 29 e 30 de decembro e 3 e 4 de xaneiro, de 17:00 a 19:00 horas na Biblioteca Pública de Alfoz levaranse a cabo actividades de lecer dirixidas a nenas e nenos de 3 a 12 anos.

As prazas son limitadas e é necesaria inscrición previa, que se entregará na Oficina de Rexistro do Concello de Alfoz desde o 16 de decembro ata o 24 ou ata cubrir o total de prazas dispoñibles.

O primeiro día desta programación, o luns 27, participarán na actividade de elaboración de xabón e coñecemento dos lavadoiros públicos organizada pola asociación de veciños San Mamede das Oiras. E o resto dos días na Biblioteca terán obradoiros creativos, xogos, animación á lectura, etcétera.

Os interesados en máis información poden chamar ao teléfono 982.558. 001 (extensión 2).