Alfoz

Etiquetas:
14/09/2021

Este xoves, 16 de setembro, no Castelo de Castro de Ouro, poderase visitar a exposición Kinético de Xirapaus, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas. Está organizada en colaboración coa Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.

Kinético é unha exposición na que se poden atopar personaxes musicais que, a partir de mecanismos, crean sons e ritmos, historias e contos, que nacen co movemento dunha manivela ou dun pedal. Son bonecos que se moven e andan sos, un teatrillo de monicreque automatizado homenaxe do tradicional monicreque de cachiporra, efectos especiais recorrentes no teatro. A idea desta mostra é que os asistentes poidan xogar manexando os mecanismos das pezas e ver como funcionan. En horario de mañá acudirá o alumnado do CEIP Castro de Ouro de Alfoz.

Xirapaus é un proxecto de...

leer más
Etiquetas:
13/09/2021

Desde este luns 13 e ata o día 23 de setembro está aberto o prazo de inscrición para participar este curso nas actividades deportivas para adultos organizadas polo Concello de Alfoz: aeróbic, ioga, ximnasia de mantemento e baile.

As inscricións deben presentarse na Oficina de Rexistro do Concello, tendo en conta a orde de entrega para acceder ás prazas dispoñibles en cada modalidade deportiva. Os interesados en máis información poden chamar ao teléfono 982.558.001 (extensión 2).

 

Etiquetas:
08/09/2021

A Oficina de Información Turística do Concello de Alfoz, situada no Castelo de Castro de Ouro, abrirá como ata o de agora de martes a domingo (de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas) ata o 19 de setembro, domingo.  No mesmo horario abrirá os días 25 e 26 deste mes, sábado e domingo.

Desde o 27 de setembro ata o 30 de outubro permanecerá pechada ao público.

Etiquetas:
06/09/2021

Este sábado, 11 de setembro, ás 20:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz terá lugar a representación de “Cartoóns”, de Excéntricas e Teatro de Adro, con Josito Porto e Víctor Mosqueira. 

Esta actividade, incluída no programa “Ler conta moito”, da Xunta de Galicia, está dirixida a un público familiar e infantil a partir de catro anos.

“Cartoóns” é unha peza teatral de Producións Teatrais Excéntricas que ten como protagonistas a dous pallasos. Os clowns, que teñen algo de debuxo animado (cartoons) no seu modo paródico e eficaz de comportarse, viven rodeados de cartóns, nun mundo de cartóns, esa materia valiosa como é o cartón, que nós, inexplicablemente, tiramos ao lixo diariamente. Desta maneira, o cartón serviralles para construír tubaxes de gas, cortinas nas xanelas, revisteiros, bandexas,...

leer más
Etiquetas:
05/09/2021

O venres 10 de setembro ás 20:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz terá lugar a reunión informativa para todos os interesados/as en participar este curso nas actividades deportivas para adultos: ioga, aeróbic, ximnasia de mantemento e baile, que se impartirán desde principios de outubro ata finais de maio.

Estas actividades están parcialmente subvencionadas a través do Plan Único da Deputación Provincial (Área de Deportes).

 

Etiquetas:
02/09/2021

O Concello de Alfoz anuncia que agora os interesados poden dispoñer dos recursos da Biblioteca Pública de Alfoz de luns a venres en horario de tarde, desde as 15:00 ata as 20:00 horas.

Ademais recordan que “ademais de libros, revistas, xornais, contamos con lectores de libros electrónicos, películas, lecturas obrigatorias nos centros de ensino para os estudantes de Alfoz, etcétera. Non te perdas o blogue da Biblioteca na web municipal e moitas máis cousas”.

Etiquetas:
31/08/2021

Desde este mércores, día 1, ata o 17 de setembro na Casa do Concello de Alfoz estará aberto o prazo de inscrición para participar nas escolas deportivas municipais, que contan coas modalidades de patinaxe, fútbol e fútbol sala e son gratuítas. Son para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos.

As escolas deportivas municipais de Alfoz están subvencionadas polo Plan Único da Deputación Provincial de Lugo.
 

Etiquetas:
27/08/2021

A Asociación Cultural Xuvenil O Castelo de Alfoz organiza a Festa dos Choferes 2021 que se celebrará os días 3, 4 e 5 de setembro.

O venres  a partir das 22:30 horas haberá verbena co grupo Montreal.

O sábado 4 ás 13:30 horas celebrarase unha misa; a partir das 14:00 horas sesión vermú co Dúo Epo-K; e ás 21:00 horas dará comezo a verbena coa orquestra La Oca Band e Discoteca Eventec.

O domingo 5 ás 11:00 horas empezará a procesión de vehículos polas parroquias do concello; ás 13:30 horas haberá misa seguida da bendición dos vehículos e sesión vermú a cargo do Grupo Lume.

Todos os días haberá polvo á feira, xamón cocido e churrasco.

Colaboran na organización deste evento: Concello de Alfoz, Deputación de Lugo e Xunta de Galicia.

... leer más
Etiquetas:
09/08/2021

O Mago Antón estará en Alfoz co seu espectáculo A volta a Galicia en 313 concellos o día 29 de agosto, domingo, con oito sesións desde as 12:00  ata as 21:00 horas, que se poderán desfrutar de xeito gratuíto e para todas as idades.

O vehículo escenario do Mago Antón estará en Alfoz situado diante do pavillón polideportivo e da piscina municipal.

Esta actividade está incluída no programa Cultura no Camiño da Xunta de Galicia-Xacobeo 21-22.

 

Etiquetas:
01/08/2021

Os actores Luis Iglesia e Marcos Orsi representarán a comida Conexión Pingüín no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz o día 14 de agosto, sábado, ás 20:30 horas.

O aforo é limitado e hai que reservar previamente as entradas gratuítas na Casa do Concello de Alfoz ou chamando ao teléfono 982.558.001 do 5 ao 12 de agosto ou ata que se esgoten.

Esta actividade está incluída no programa Cultura no Camiño Xacobeo 21-22 da Xunta de Galicia.