Alfoz

Etiquetas:
26/02/2021

Este sábado, día 27 de febreiro, reabre as súas portas o Castelo de Castro de Ouro, en Alfoz.

O horario de visitas é os sábados, domingos e festivos de 12:00 a 19:00 horas.

A entrada é libre á exposición fotográfica e de pintura, antiga escola unitaria e miradoiro.

O acceso ás instalacións farase con control de aforo e mantendo as medidas hixiénico-sanitarias recomendadas contra a pandemia do covid19.

 

Etiquetas:
23/02/2021

Con motivo da celebración o pasado domingo do Día Internacional das Linguas Maternas desde onte, 22 de febreiro, pódese ver na planta da Biblioteca Municipal a exposición dedicada ás Linguas Maternas.

O horario de visita é de luns a venres de 15.00 a 20.00 horas, coincidindo co horario da Biblioteca Municipal. Tamén se pode ver on-line no Blogue da Biblioteca de Alfoz. 

Etiquetas:
28/01/2021

O Concello de Alfoz comunicou o pasado martes, 26 de xaneiro, a suspensión das clases presenciais nas Escolas Deportivas Municipais e nas Actividades Deportivas para Adultos como consecuencia do Covid-19 e das novas medidas tomadas pola Xunta de Galicia. Sabemos que o éxito e o valor destas actividades non só é pola práctica deportiva, senón por ser un lugar de encontro e onde relacionarse, algo fundamental en concellos pequenos e rurais coma o noso. Está claro que a situación actual non recomenda para nada estas reunións sociais pero no que respecta á práctica deportiva non temos porque abandonala cando se conta con medios para ofrecer alternativas. 

A Delegación de Deportes de Alfoz, dirixida por César Marrube, anuncia que todas as modalidades deportivas: ioga, aeróbic, ximnasia de mantemento, baile, patinaxe e fútbol serán impartidas...

leer más
Etiquetas:
18/01/2021

O salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz acolle un espectáculo de contacontos o 30 de xaneiro, sábado, ás 18:00 horas. Titúlase Unha viaxe ao mundo dos contos pop up e corre a cargo de Fátima Fernández.

Esta actividade está dirixida ao público infantil, con entrada libre e gratuíta e cun aforo máximo de 50 persoas. Para máis información os interesados poden chamar ao teléfono 982.558.001 (ext. 2)

 

Etiquetas:
29/12/2020

O Mago Rafa actuará no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz o luns, 4 de xaneiro, a partires das 18:00 horas.

O espectáculo leva por título A Nova Maxia-Lidade e naceu na soidade do local de ensaio do Mago Rafa onde pasou oitenta días confinado desenvolvendo unha montaxe para a volta á nova normalidade, pero nada é normal. Trátase dunha función para o desfrute familiar e comprometida cunha cultura segura e exemplar.

Esta actuación, organizada polo Concello de Alfoz, está subvencionada pola Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.

 

Etiquetas:
22/12/2020

O Concello de Alfoz organiza a exposición do I Concurso de Fotografía Alfoz no outono, que acollerá o Castelo de Castro de Ouro, a partir do vindeiro domingo, 27 de decembro. Todas as instantáneas presentadas estarán na sala 2.

O horario de apertura é de 12:00 a 19:00 horas, os sábados, domingos e festivos. Os días 25 de decembro e 1 de xaneiro non estará aberto.

A Deputación de Lugo colabora na organización deste evento.

Etiquetas:
17/12/2020

O mel Ouro Puro, de Alfoz, foi elixido o mellor de Galicia na XIX Cata dos Meles organizada pola Consellería de Medio Rural e a Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia, que contou coa participación de 37 mostras deste produto. O conselleiro, José González Vázquez, entregoulle esta distinción ao responsable de Ouro Puro, Iván Marrube, nun acto celebrado hoxe, xoves, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

Iván Marrube está moi contento por acadar este premio na primeira vez que presentou o seu mel a unha cata e explica: “levamos producindo mel desde o ano 2012 coa marca Ouro Puro, que é un proxecto que puxemos en marcha para crear unha firma galega de produtos de primeira calidade. Isto dános forzas para continuar nesta liña de traballo”.

 

Etiquetas:
15/12/2020

O Concello de Alfoz organiza diversas actividades para os nenos e as nenas durante as datas de Nadal.

Este sábado, 19 de decembro, ás 19:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura terá lugar unha representación de monicreques con O Apalpador e a nena sen medo, da Xanela do Maxín. Esta actividade está subvencionada pola Deputación Provincial de Lugo a través do Plan Único.

O domingo 20 ás 19:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura representarase A viaxe do señor López, de Producións Teatrais. A entrada é gratuíta e o aforo será limitado. A actuación está subvencionada pola Área de Cultura da Deputación Provincial.

O 28 de decembro desenvolveranse actividades variadas para nenos e nenas de 3 a 12 anos, en horario de 10:30 a 13:00 horas, dentro do programa Nadal na Biblioteca. O...

leer más
Etiquetas:
11/11/2020

O Concello de Alfoz organiza o XVIII Concurso de Postais de Nadal no que poderán participar todos os nenos e nenas empadroados no municipio, con idades entre os 3 e os 16 anos.

O prazo de presentación das postais remata o 11 de decembro e deberán ser entregadas na Biblioteca Municipal de Alfoz. Cada traballo terá que ir acompañado da ficha de inscrición debidamente cumprimentada e cada participante só poderá presentar unha obra, que terá que ser orixinal e inédita.

A técnica empregada será a do debuxo a lapis, rotuladores, ceras ou collage. As postais estarán feitas sobre cartolina de tamaño A5 (DIN A4, folio normal dobrado pola metade). A temática terá que estar relacionada con motivos do Nadal e quedarán excluídos os traballos cuxo contido poida causar rexeitamento social por ser racista, sexista, xenófobo ou...

leer más
Etiquetas:
10/11/2020

O Concello de Alfoz organiza un obradoiro de Cine en Igualdade, que se celebrará este mércores, día 11 de novembro, e xoves 12. Está dirixido a rapazas e rapaces con idades entre 12 e 16 anos.

Esta actividade é gratuíta e a inscrición debe facerse antes do seu comezo. Poderán participar un máximo de dez persoas e aplicarase o protocolo covid sendo obrigatorio o uso de mascarilla.

O mércores, día 11, abordarase o tema da gravación de vídeos, e o xoves 12 a edición e creación de vídeos. O horario será de 16:30 a 19:30 horas.

Colaboran nesta actividade: Xunta de Galicia, a través de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad; e Fondo Social Europeo.