Alfoz

Etiquetas:
11/09/2019

O grupo musical mixto de vento, corda e percusión Lucus Esemble, da capital lucense, ofrecerá un concerto en Alfoz este domingo, día 15 de setembro. Será ás 19:00 horas na igrexa de San Salvador, que está ao lado do Castelo do Castro de Ouro.

Esta actividade, con entrada gratuíta, forma parte do programa O son do tempo, iniciativa de estudo e difusión da música medieval que leva a cabo a Deputación de Lugo.

Neste concerto soará música medieval interpretada con instrumentos reconstruídos.

Etiquetas:
04/08/2019

O Seminario de Estudos do Valadouro vai presentar o seu Caderno Número 9. Trátase dun estudo sobre a figura do Mariscal Pardo de Cela, baseado no seu testamento, que fixo Antón Xosé Meilán García. A obra titúlase: "Os últimos días do Mariscal (o testamento e a Igrexa mindoniense)". 

O Caderno será presentado o vindeiro mércores, día 7 de agosto, ás 20:00 horas no Castelo do Castrodouro de Alfoz, coa presenza do autor, de Xesús Pisón, Responsable da Área de Sociedade do SEVA, e de Pepe Peinó, actual Presidente do SEVA. 

 

Etiquetas:
25/07/2019

O Concello de Alfoz organiza a IV edición do Maratón de Pintura Rápida que se celebrará o 27 de xullo.

Poderán participar todos os pintores que o desexen e haberá dúas categorías: infantil (ata 16 anos) e senior.

A temática será referida ao concello de Alfoz podendo reproducir calquera motivo, monumento ou paisaxe do termo municipal. A técnica e as medidas dos traballos serán libres, e o material utilizado será aportado polo participante sendo admitido calquera tipo de soporte (lenzo, papel, cartón,…) con fondo branco. Os participantes poderán situarse en calquera lugar do concello de Alfoz para a realización do traballo tendo que estar localizables para organización.

As persoas interesadas deberán inscribirse no Castelo do Castrodouro, a través do correo electrónico...

leer más
Etiquetas:
15/07/2019

O Deputado de Turismo en funcións, Eduardo Vidal Baamonde, xunto co alcalde de Alfoz, Jorge Val Díaz, e outros membros da corporación presentaron este luns na Torre do Castelo de Castrodouro o XXI Mercado Medieval de Alfoz, que terá lugar os días 19 e 20 de xullo na contorna da Fortaleza de Pardo de Cela.

Vidal Baamonde sinalou que “durante estas dúas xornadas miles de persoas achéganse a este concello da Mariña, para coñecer parte do noso patrimonio, paisaxe, e historia, retrocedendo no tempo ata o ano 1483, no que apresaron ao Mariscal Pardo de Cela”.

Ademais o Alcalde explicou que “este ano é o primeiro organizamos directamente  o mercado desde o Concello, deste xeito garantimos a súa continuidade favorecendo así que cada ano chegue a máis xente. Convido a todos os veciños da provincia a achegarse a nosa...

leer más
Etiquetas:
15/07/2019

O próximo mércores, 17 de xullo, ás 18.30 horas terá lugar a inauguración da exposición “Arte e Ilusión” do artista mariñán Xosé López Losada, ‘Xolo’. 

A mostra poderá visitarse gratuitamente na sala de exposicións do Castelo Castrodouro de Alfoz, ata o 26 de xullo.  A exposición está composta por 20 pezas, escollidas entre máis de 600 cadros, coa que o autor agarda que os visitantes ‘disfruten véndoa e gocen dela tanto como el o fixo mentres creaba’. 

Durante o mes de xullo o horario de apertura do Castelo do Castrodouro é de martes a domingo de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas.

Sobre o autor
Naceu en Ourol o 8 de Abril de 1967.

E explica que “a arte é toda a miña vida. Comeza a miña carreira artística aos 5 anos. Aos 8 anos merco as primeiras acuarelas e...

leer más
Etiquetas:
04/07/2019

A exposición de Xosé Blanco: "Collages, Óleos, Estarcidos, Tintas", composta de 20 obras nas que se amosan distintas técnicas poderá visitarse na primeira planta do Castelo do Castrodouro ata o vindeiro 27 de xullo.

O horario de apertura do Castelo do Castrodouro durante os meses de xullo e agosto é de martes a domingo de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas. 

Sobre o autor
A Estivada (O Valadouro), agosto de 1955. 
O autor conta que “os meus primeiros garabatos fíxenos, penso eu, sendo un neno, nas libretas, cadernos e pizarras da escola de Dna. Mercedes en San Tomé, ou nas paredes da miña casa, nas do muíño… A miña querencia por debuxar, naceu e medrou en min dun xeito natural e inconscente… Os primeiros estudos artísticos que fixen, foron por correspondencia, aos 13 ou 14 anos, nunha academia de...

leer más
Etiquetas:
23/06/2019

O Concello de Alfoz organiza un campamento urbano e cole de verán que se celebrará dos días 17 de xullo ao 14 de agosto, de luns a venres.

O campamento de verán contará con obradoiros creativos que se realizarán os luns, mércores e venres, na aula da OMIX. Están dirixidos e nenos e nenas que cursaron Educación Infantil ou Primaria, e desenvolveranse en horario de 11:30 a 13:00. 

Tamén haberá actividades deportivas que terán lugar no pavillón polideportivo. Están dirixidas a nenos e nenas que cursaron Educación Primaria e, se o grupo non é moi numeroso, hai posibilidade de que participen tamén os/as de Educación Infantil. O horario será de 10:00 a 13:00.

O cole de verán está dirixido a nenos e nenas de Educación Primaria, e terá lugar os mércores e venres do 17 de xullo ao 14 de agosto, en...

leer más
Etiquetas:
17/05/2019

A Tropa de Trapo continúa o vindeiro domingo en Alfoz a xira do espectáculo ‘Catro monos’, que está a levar os contos con valores a diversos concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A actuación desenvolverase o 19 de maio ás 18.30 horas no salón de actos do Centro Sociocultural, nas proximidades do Día de África, que se celebra o 25. A compañía mestura narración oral, música ao vivo e teatro de obxectos para facer reflexionar ao público sobre como nos relacionamos entre nós e co medio.

‘Catro monos’ é un espectáculo para pensar, para rir, para cantar e para soñar con outro mundo posible. A proposta dálle a volta aos emoticonos dos monos que non escoitan, non ven e non falan para que fagan todo o contrario en catro historias, que nos levan a convivir coas mulleres dunha aldea, con habitantes do Sáhara, etc. Todo...

leer más
Etiquetas:
09/05/2019

O próximo sábado, 11 de maio, terá lugar a inauguración da colección de acuarelas de Alfoz e A Mariña do pintor leonés Juan Ramón Alves Fernández, gañador das dúas últimas edicións do Maratón de Pintura de Alfoz.

Durante o acto de inauguración, previsto para as 11.00 horas no Castelo de Castrodouro, o acuarelista Juan Ramón Alves efectuará unha demostración para todos os visitantes que se acheguen. 

Ademais presentarase o IV Maratón o Aire Libre do Concello de Alfoz, que terá lugar o sábado 27 de xullo e no que poderán participar todos os pintores que o desexen, existindo unha categoría infantil (ata 16 anos) e outra sénior. Como en anos anteriores, a temática será referida ao concello de Alfoz, podendo reproducir calquera motivo, monumento ou paisaxe do termo municipal.

 

Etiquetas:
11/04/2019
O acuarelista leonés Juan Ramón Alves, gañador das dúas últimas edicións do Maratón de Pintura de Alfoz impartirá un taller infantil de acuarela para nenos de 10 a 14 anos.
 
O taller terá lugar o luns 15, martes 16, mércores 17 e xoves 18 en horario de mañá de 10 a 13 horas na aula la OMIX de Alfoz, e nel traballarase na introdución ao debuxo e a acuarela, o coñecemento de materiais e o desenrolo de tres propostas fotográficas.
 
O prazo de inscrición remata o venres 12, as prazas son limitadas e a folla de inscrición poderase recoller e entregar no concello de Alfoz ou descargar da páxina web www.concellodealfoz.com. 
 
Ademais, o artista...
leer más