Alfoz

Etiquetas:
08/07/2021

A piscina municipal de Alfoz abrirá as súas portas, tras as obras de mellora e mantemento realizadas durante estes meses, o vindeiro martes, 13 de xullo. O horario será de luns a domingo de doce da mañá a oito da tarde.

A instalación estará operativa ata o 13 de setembro, segundo informa o Concello de Alfoz.

Etiquetas:
07/07/2021

Os premiados nesta nova edición do II Concurso de Fotografía "Alfoz en primavera" son:

1º premio, dotado de 300,00€ e diploma: 
Adrián Díaz Rivas (A Coruña) con "O Escouridal desde o aire"
2º premio, dotado de 200,00€ e diploma:
Verónica Rey Nieto (Villalba) con "A ras do chan"
3º premio, dotado de 150,00€ e diploma:
Verónica Rey Nieto (Villalba) con " Galea, desde a outra beira do río".

O Concello de Alfoz quere agradecer a gran participación neste certame, cuxas fotografías serán publicadas proximamente nas RRSS e web municipal e ademais formarán parte da Exposición de Fotografía "Alfoz en primavera" prevista para inicios de novembro no Castelo de Castro de Ouro.
Este concurso forma parte da promoción turística do Concello de Alfoz e está subvencionado polo Plan Único da...

leer más
Etiquetas:
02/07/2021

O vindeiro luns, 5 de xullo, ábrese o prazo de inscrición para Xornada de Historia Local de Alfoz, que terá lugar no Castelo de Castro de Ouro o 17 de xullo.

Desde o Concello lembran que “ese día tería que celebrarse o tradicional Mercado Medieval que, por motivos obvios non terá lugar no seu formato habitual, pero si con diversas actividades”.

E engaden: “haberá exposición de traxes medievais do 13 ao 25 de xullo; desenvolverase a Xornada de Historia Local, con aforo limitado para 20 persoas. Pola mañá haberá un ciclo de conferencias e pola tarde unha visita guiada ao Pazo de Carrocide. E desenvolverase o concerto do Grupo Tundal, música tradicional galega, ás 22:00h no exterior do Castelo”.

Etiquetas:
29/06/2021

O mel Ouro Puro, de Alfoz, logrou unha medalla de ouro nos premios London Honey Awards, o que supón un importante recoñecemento a nivel mundial. Así o comentou o responsable de Ouro Puro, Iván Marrube, que se amosou moi satisfeito con esta distinción que conseguiron na categoría de mel en packaging.

Iván Marrube destaca que “seguramente é o premio de mel máis importante a nivel mundial, no que conceden distincións aos que teñen uns esixentes estándares de calidade. Foi a primeira vez que nos presentamos a este certame, que ten unha gran repercusión a nivel mundial”. Tamén está moi contento porque “os meus amigos de O poder das flores, de Carballido, e Mari Fe, de O Valadouro, tamén lograron medallas de ouro, o que supón un recoñecemento moi grande ao mel de Galicia”.

Marrube explica que “en Ouro Puro estamos moi...

leer más
15/06/2021

A vindeira fin de semana terá lugar a estrea das audioguías ficcionadas de Lourenzá e de Alfoz, que se suman ás xa existentes de Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro. Os días 19 e 20  desenvolveranse varios paseos ficcionados que contarán coa presenza dos actores de Chévere, o grupo de teatro que deseñou e elaborou este proxecto para a Mancomunidade de Concellos da Mariña e no que colaboran a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia e os concellos escenarios das audioguías.

Nos anos 2018 e 2019 a Mancomunidade de Concellos da Mariña puxo en marcha as audioguías das vilas históricas e portas de entrada ao xeodestino de Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro en galego, castelán, inglés e francés e agora en 2021 súmanse ao proxecto as do Castelo de Castro de Ouro en Alfoz e a de Vilanova de Lourenzá, polo momento, só en galego, aínda que proximamente serán...

leer más
Etiquetas:
08/06/2021

O vindeiro 19 de xuño terá lugar a estrea das audioguías ficcionadas de Lourenzá e de Alfoz, que se suman ás xa existentes de Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro. Esa fin de semana, os días 19 e 20 deste mes, terán lugar varios paseos ficcionados que contarán coa presenza dos actores de Chévere, o grupo de teatro que deseñou e elaborou este proxecto para a Mancomunidade de Concellos da Mariña e no que colaboran a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia e os concellos escenarios das audioguías.

Con motivo da presentación o próximo 19 de xuño das novas audioguías ficcionadas para Lourenzá e Alfoz, estes dous concellos xunto aos de Mondoñedo e Ribadeo, á Mancomunidade e á compañía de teatro Chévere poñen en marcha a iniciativa Chévere acompaña as audioguías ficcionadas da Mariña Lucense, acción coa que se pretende poñer en valor e dar a coñecer este...

leer más
Etiquetas:
03/06/2021

O 11 de xuño convocan unha reunión informativa sobre o programa Ludiverán  ás 20.00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz.

O prazo de inscrición será do 14 ao 21 de xuño. As actividades están destinadas a nenas e nenos nados de 2009 a 2017. Desenvolveranse do 5 xullo ao 27 de agosto en 4 quendas de 10 a 13 horas de luns a venres (laborables).

Máis información no teléfono 982 558 001 (ext. 2).

Inscrición: https://drive.google.com/.../1gHX0ev0Az8UHlAsPE1c.../view...

Bases: https://drive.google.com/.../1tkDm6QJ24u598a.../view...

Etiquetas:
02/06/2021

O Concello de Alfoz comunica os cambios no horario de apertura da Oficina de Información Turística, situada no Castelo de Castro de Ouro.

A partir deste venres, 4 de xuño, abrirá de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas os venres, sábados e domingos.

O teléfono é 982 558 578 e a dirección de correo electrónico turismo@concellodealfoz.com

Etiquetas:
18/05/2021

O coñecido actor Serxio Pazos presenta en Alfoz o seu espectáculo Afiando con humor o día 29 de maio, sábado. Será ás 20:30 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura.

O aforo é limitado e é necesario reservar as entradas previamente na Casa do Concello (rexistro) ou no teléfono 982.558.001 (extensión 3) desde o 24 ao 27 de maio.

Esta actividade cultural está organizada polo Concello de Alfoz coa colaboración da Deputación de Lugo.

Etiquetas:
10/05/2021

A Casa da Cultura de Alfoz acollerá este sábado, 15 de maio, unha representación teatral e a entrega de premios do Certame das Letras Galegas.

Ás 19:30 horas Teatro dos Quinquilláns representará A pluma viva de Rosalía, dentro da programación teatral en torno a Rosalía de Castro, subvencionada pola Área de Cultura da Deputación Provincial. A obra é para todos os públicos con entrada libre e aforo limitado.

Ás 20:30 horas celebrarase a entrega de premios do Certame de Debuxos e Narración Letras Galegas 2021 da Biblioteca Pública de Alfoz e a Biblioteca Pública de Lugo. Esta actividade conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.