Alfoz

04/12/2021

O Castelo de Castro de Ouro acolle a exposición das imaxes do II Concurso de Fotografía Alfoz en primavera. Pode visitarse no horario de apertura do Castelo e a Oficina de Información Turística, que durante o inverno é sábados, domingos e festivos de 10:30 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00. Ademais o Castelo de Castro de Ouro e OIT está aberto os días 6, 7 e 8 de decembro no mesmo horario.

No Castelo de Castro de Ouro actualmente poden visitarse tamén 2 exposicións permanentes: na planta baixa a dedicada ás Antigas Escolas Unitarias e na primeira planta a de pintura de Hipólito Xeada.

Etiquetas:
01/12/2021

O Concello de Alfoz programa a representación da obra Por un puñado de grelos a cargo de Trocos Teatro. A función será este sábado, 4 de decembro, ás 20:00 horas, no salón de actos da Casa da Cultura. A entrada é libre e gratuíta.

O grupo de teatro de Castro de Rei presenta esta obra de Guillermo Cancelo que transcorre na Terra Cha onde se comenta que, nun lugar chamado A Escrita, está aparecendo ouro e esta é a única paraxe natural na que se dá a planta sagrada dos grelos polo que non consentirá unha nova invasión por parte do pobo branco.

Esta representación está subvencionada pola Área de Cultura da Deputación de Lugo.

Etiquetas:
17/11/2021

Alfoz é un dos Concellos elixidos para levar a cabo o Curso de defensa persoal e autocapacidades, organizado pola Secretaría de Igualdade para a prevención de situacións de violencia de xénero.

Trátase de formación-adestramento tanto físico como psíquico para crear protocolos de actuación cara diversas situacións. Será impartido por monitores e monitoras especialistas en defensa persoal e integrantes da Federación Galega de Loita. Está dirixido a mozas e mulleres cunha condición física normal. O curso é totalmente gratuito.

Realizada unha pre-inscrición para formar grupo, fixouse a data e horario de realización: sábado 15 de xaneiro de 2022, de 10:00 horas a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas no Salón de Actos do Centro Sociocultural e no Pavillón Municipal de Alfoz.

As mulleres e mozas...

leer más
Etiquetas:
15/11/2021

Aberto o prazo de inscrición para realizar unha nova visita guiada do Concello de Alfoz. As persoas interesadas poden chamar ao 982 558 001 (ext.3) para anotarse ata o día 19 de novembro ás 14:00h. As prazas son limitadas e a actividade é gratuíta.

Desde o Concello explican “o sábado, 20 de novembro, ás 16:00 horas partirase desde a Casa do Concello en autobús para realizar o percorrido que nos levará ata a Igrexa de Sta. María de Bacoi e á Capela do Santiago en Lagoa. Acompañados por Dolores Barral, catedrática de Historia da Arte da USC, coñeceremos os rasgos máis importantes de ambos templos”. 

E sinalan “no caso de Sta. María, construída na primeira metade do s. XVIII, sobresae polo seu retablo de estilo churrigueresco, considerado un dos mellores exemplos do barroco galego. A Capela do Santiago destaca polas...

leer más
Etiquetas:
06/11/2021

Un ano máis a Concellería de Cultura de Alfoz organiza o concurso de postais de Nadal. Dirixido a todo o alumnado do CEIP Castro de Ouro de Alfoz que se dividirá en 3 categorías: Ed. Infantil, 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria e 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria. 

BASES:
1.- Poderán participar tod@s @s rapaces/as que estean matriculad@s no CEIP Castro de Ouro de Alfoz.
2.- Establécense tres categorías que se corresponden cos agrupamentos existentes a día de hoxe:
• Infantil
• 1º grupo de Primaria (1º, 2º e 3º curso)
• 2º grupo de Primaria (4º, 5º e 6º curso )
3.- As postais estarán relacionadas con motivos do Nadal. Quedarán excluídos os traballos cuxo contido poida causar rexeitamento social (racista, sexista, xenófobo, etc ) ou sexan ilegais.
4.- Non se aceptarán postais que teñan algún tipo de...

leer más
Etiquetas:
01/11/2021

O Concello de Alfoz organiza un obradoiro de procura de información en internet para facer traballos. É de balde e está dirixido a alumnado de ESO, BAC e FP. Será na Biblioteca Municipal o día 23 de novembro, martes, ás 17:00 horas.

As prazas son limitadas e para anotarse hai que chamar ao teléfono 982.558.001 (extensión 3) a partir do 8 de novembro.

O Concello de Alfoz explica: “recoméndase traer ordenador ou tablet se se pode, pero de non telos contamos con 3 tablets e 2 ordenadores na biblioteca para usar. Entregarase un dossier con toda a información a cada alumno/a”.

Etiquetas:
31/10/2021

O sábado, 13 de novembro, ás 20:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz haberá teatro afeccionado.

Axóuxeres Teatro, de Vilaronte, representará a obra "Cousas de mulleres". Está recomendada para maiores de 14 anos. A entrada é de balde.

 

28/10/2021

Neste mes de novembro rematarase a substitución dos antigos andeis por novo mobiliario, de maior capacidade, que fará máis práctica a biblioteca e, ao mesmo tempo, máis luminosa, moderna e acolledora. A renovación do mobiliario levouse a cabo en 3 fases, a primeira o ano pasado subvencionada pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, a segunda este ano, dentro do Plan Único da Deputación de Lugo dentro da cal tamén se inclúe o cambio de luminarias por led, de menor consumo e a terceira será nuns días, de novo pola Xunta de Galicia.

En novembro comezará o Programa Mochilas Viaxeiras para as nenas, nenos e familias da Escola Infantil de Carballido e para os participantes no Programa de Envellecemento Activo do Concello, Activamente. Dúas mochilas para a Escola Infantil e catro para os maiores. Nelas levarán en préstamo por períodos de...

leer más
Etiquetas:
26/10/2021

A partir do día 30 de outubro, a Oficina de Información Turística de Alfoz reabre as súas portas ao público no habitual horario de inverno: sábados, domingos e festivos de 10:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas. 

Poderase visitar o Castelo de Castro de Ouro no que se atopan distintas exposicións: Antigas Escolas (planta baixa), Pintura de Hipólito Xeada (1º planta) e Fotografías de Alfoz (2º planta) ademais de disfrutar das magníficas vistas desde o alto da torre. 

Etiquetas:
25/10/2021

O sábado, 30 de outubro, ás 17:00 horas comezará a visita guiada organizada polo Concello de Alfoz, que anuncia: “sairemos en autobús de diante da Casa do Concello para ver algúns dos moitos cruceiros, cruces e cristos do municipio de Alfoz. O encargado de guiarnos nesta ocasión será Mario Saavedra, autor do libro Cruceiros, cruces e cristos do Concello de Alfoz”.

Para participar hai que chamar ao teléfono 982.558.001 (extensión 3) desde o luns 25 ata o venres 29 ou ata esgotar as prazas, que son limitadas.

A actividade é de balde e está incluída no Plan Único da Deputación Provincial, na Área de Turismo.