Burela

Etiquetas:
29/05/2015
Dan comezo as festas patronais de Burela 2015.
 
Hoxe dan comezo as festas patronais de Burela. Ata 9 de xuño haberá infinidade de actividades. O pregón de Martín Barreiro, meteorólogo de TVE, será mañá, sábado. O alcalde en funcións, José Mª González Barcia, sinala que son días para gozar entre amigos e coa familia e felicita á comisión organizadora polo traballo realizado. 
O rexedor dixo que “hoxe comezan as festas patronais aquí, en Burela, uns festexos que son momentos para gozar coa familia e cos amigos. E tamén para honrar á nosa patroa, a Virxe do Carme, e ao patrón, San Xoán Bautista. Estas festas, que nacen moi vinculadas ao mundo do mar, e hoxe son festas para todos”.
González Barcia cre que “a comisión de festas ten preparado un programa realmente atractivo e moi...
leer más
Etiquetas:
28/05/2015
A Fonsagrada será o primeiro destino da xira de fútbol sala Imdecum 2015, que coordina o ex xogador do CD Burela FS Pescados Rubén Juanma Marrube.
 
A Fonsagrada acollerá o seu primeiro campus de fútbol sala base este verán, entre os días 7 e 11 de xullo, destinado a nenos e nenas de entre 6 e 18 anos, baixo a organización da Fundación Imdecum e a coordinación do ex–xogador do CD Burela FS Pescados Rubén Juanma Marrube.
 
O clínic da Fonsagrada abrirá a xira formativa do verán 2015 da Fundación Imdecum, recoñecida como Fundación de Interese Galego pola Xunta de Galicia. Colaboracións con campus de base como o Mixto Internacional Burela FS Pescados Rubén dende 2010 ou o asturiano de Cangas del Narcea en 2014, ademais da organización de citas de referencia deportiva dentro e fóra de Galicia, como o Torneo de Fútbol Sala Base Memorial Rodrigo Maseda Lozano, son só algunas das...
leer más
Etiquetas:
25/05/2015
Burela acogerá la XXV Xuntanza de Peñas Barcelonistas de Galicia. Será los días 13 y 14 de junio.
 
La Peña Barcelonista de Burela es la organizadora de la “XXV XUNTANZA de peñas barcelonista gallegas” que tendrá lugar los próximos días 13 y 14 de junio en Burela. El F.C. Barcelona estará representando oficialmente por alguno de sus directivos y varios exjugadores, a día de hoy sin confirmación definitiva, pero entre los que se perfilan Ricardo Serna, Julio Salinas, Paco Clos o José Moratalla. 
Lo más destacado del programa de actos del sábado 13 es la recepción de los directivos de las 28 peñas gallegas y la entrega de acreditaciones, así como un acto público en el Auditorio Municipal (Casa da Cultura) que consistirá en una charla coloquio con directivos y exjugadores del club y periodistas de Mundo Deportivo, uno de los patrocinadores del evento. Se espera contar con...
leer más
22/05/2015
Adiós a la temporada 2014/2015 en Vista Alegre. El Burela FS Pescados Rubén se enfrenta al Ordizia Estanda KE este 23 de mayo a partir de las seis de la tarde.
 
El Burela FS Pescados Rubén despide la temporada 2014-15 ante la afición naranja este sábado, en la penúltima jornada de Primera RFEF, con la visita de un necesitado Ordizia Estanda KE (Vista Alegre, 18.00 h., horario unificado).
A tan sólo un punto de la segunda plaza tras el tropiezo del Cidade das Burgas la semana pasada, el equipo de Iván Cao, Lucas, peleará mañana para hacerse con los tres puntos ante un rival que ocupa la penúltima posición, con 19: “Nos mediremos a un equipo necesitado de puntos, que llegará al 200% para intentar escalar alguna posición y huir del peligro; seguramente nos esperará cerrado atrás, intentando aprovechar algún error nuestro” adelantaba el técnico burelista, teniendo en mente también la cita de Navalcarnero de junio: “Estamos afrontando...
leer más
Etiquetas:
19/05/2015
A 1ª Ruta Cabalar Monte Castelo terá lugar este sábado, 23 de maio, en Burela.
 
O vindeiro sábado, 23 de maio, celebrarase a 1ª Ruta Cabalar Monte Castelo, en Burela. O evento está organizado pola asociación Cabaliño de Pao e conta coa colaboración do Concello e diversas firmas comerciais. 
A hora de inicio da ruta está prevista para as dez da mañá desde o pavillón dos institutos (ao lado do Hospital da Costa). Despois á metade da ruta haberá unha parada no mirador do Monte Castelo con pinchos. O xantar será ás 14:30 horas. O seu custe é de 20 euros para todos os que se animen: acompañantes, amigos, etc. A sobremesa estará amenizada por DJ Chente con sorteos e colchoneta gratis para os nenos. 
Haberá trofeos para o xinete ou amazona mais novo, para o de mais idade, para o de mais lonxe e para a asociación mais...
leer más
Etiquetas:
15/05/2015
As festas patronais de Burela serán do 29 de maio ao 9 de xuño. O pregoeiro será o meteorólogo de TVE Martín Barreiro.
 
Hoxe tivo lugar a presentación do cartel e do programa das festas patronais de Burela 2015. Ao acto asistiron membros da comisión organizadora, o alcalde, José Mª González Barcia, e os concelleiros Diana Durán e José Casas.
Os festexos darán comezo o 29 de maio coa celebración da Festa de Cabo Verde na praza de abastos e coa baixada da imaxe desde a igrexa de Vila do Medio ata a parroquial. 
O pregón, que será o 30 de maio na Casa da Cultura ás 20 horas, será pronunciado por Martín Barreiro, meteorólogo de TVE.
Os días grandes das festas patronais de Burela serán o 5, o 6, o 7 e o 8 de xuño. Haberá verbenas coas orquestras Galilea, Garibaldi, Televisión, Philadelfia, Palladium e París de Noia....
leer más
Etiquetas:
12/05/2015
O surf será o punto de partida das xornadas formativas da Academia Indecum 2015. Será cunha charla que terá lugar o 18 de maio no IES Monte Castelo.
 
A Academia Imdecum abrirá a cuarta edición das súas Xornadas do Deporte a vindeira semana con surf. A campioa de Europa Surf 1997-1999 e Longboard 2010, Estitxu Estremo, falará da riqueza deste deporte na Mariña o vindeiro luns, 18 de maio, ás 10.00 horas, no IES Monte Castelo de Burela.
 
O programa formativo da Academia Imdecum tamén abordará o fútbol gaélica, o fútbol e o rally. A iniciativa, que conta ademais coa colaboración da Deputación de Lugo e o IES Monte Castelo, está destinada a alumnado e titulados/as do ciclo superior de Actividades Físicas e Deportivas do centro burelao, monitores deportivos e demais profesionais relacionados co deporte, así como a todo o público interesado.  
... leer más
Etiquetas:
08/05/2015
Ata o 19 de xuño estará aberta na Casa da Cultura, en Burela, a exposición de HIpólito Xeada "Marexada de cores".
 
Ata o 19 de xuño pode verse na sala de arte da Casa da Cultura de Burela a exposición Marexada de cores de Hipólito Xeada Pena. 
A inauguración da mostra está prevista para as 19 horas de hoxe, venres. Despois a exposición deste artista mariñán estará aberta de luns a venres de 10 a 13 horas e de 17 a 20 horas, segundo informa a Concellería de Cultura. 
Hipólito Xeada naceu en Adelán (Alfoz). “Conta con obras dun realismo que non deixa de revelar a man do retratismo ou dunha figuración inconfundible de trazos áxiles, que xoga coas cores e peneira a emoción do escuros”, sinalan desde a organización. 
 
Etiquetas:
08/05/2015
Este sábado, 9 de maio, a música e a maxia invadirán o auditorio da Casa da Cultura de Burela. Será co espectáculo Maxicosons.
 
A Concellería de Cultura de Burela, continuando coa súa Programación Cultural de Primavera, presenta este sábado, 9 de maio ás 17:30 horas, no Auditorio da Casa da Cultura, o espectáculo MaxicoSons. 
MaxicoSons, é unha proposta orixinal en canto á idea de promover a lectura coa presenza dun músico e dun ilusionista e os seus xogos máxicos e musicais. Un espectáculo de maxia con moita música en directo, para o desfrute dos asistentes, composto polo músico Álvaro Muras e o ilusionista Martín Camiña. O espectáculo está dirixido ao público familiar e a entrada ó mesmo será libre.
 
Etiquetas:
07/05/2015
Do 14 ao 17 de maio Burela acollerá a XVI Feira Monográfica Náutico Pesqueira Expomar. Será na nave de redes, que acollerá a máis de 100 expositores de 300 firmas.
 
A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, será a encargada de inaugurar a XVI Feira Monográfica Náutico Pesqueira Expomar, que se celebrará na nave de redes do 14 ao 17 de de maio. O evento foi presentado este mediodía en Burela polo sector pesqueiro e polo alcalde e presidente da Fundación Expomar, José Mª González Barcia. 
O rexedor contou que “acabamos de presentar no barco museo Reina del Carmen a 16ª da feira monográfica náutico pesqueira Expomar, que se vai celebrar en Burela, en concreto na nave de redes, desde o día 14, xoves, deste mes de maio ata o 17, domingo”.
González Barcia indicou que “a feira está previsto que sexa inaugurada pola conselleira do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana...
leer más