Comedia

Etiquetas:
24/02/2015
Nova noite de teatro no Pastor Díaz de Viveiro este sábado, 28 de febreiro. Antonio Durán "Morris" e Pedro Alonso son os protagonistas de "O crédito".
 
Em2 Emoción&Arte porá en escena o vindeiro sábado, 28 de febreiro, a obra “O crédito”, que protagonizan Antonio Durán “Morris” e Pedro Alonso. Será a partir das 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz. Trátase dunha comedia de 90 minutos de duración. A venda de entradas será a partir das 19:30 horas na billeteira do teatro o mesmo día da función. Máximo de 4 entradas por persoa. 
 
“O crédito”: No noso civilizado mundo, cando necesitas cartos vas ao banco e pides un crédito. Se non cho conceden volves para a casa, coa cabeza gacha, pensando que as cousas están moi mal, que os tempos cambiaron, que o crédito non flúe. Pero se cadra hoxe non. Talvez hoxe, cando che deneguen o crédito non marcharás para a casa co rabo entre as pernas,...
leer más