Concerto

Etiquetas:
23/02/2015
Mondoñedo acollerá varios actos de homenaxe a Álvaro Cunqueiro este xoves, 26 de febreiro. Está organizados polo Concello.
 
O Concello de Mondoñedo organiza varios actos de homenaxe a Álvaro Cunqueiro, que terán lugar o vindeiro xoves, 26 de febreiro, a mediodía. 
Ás 12 da mañá terá lugar unha ofrenda floral. Ás 12:30 horas haberá unha lectura popular da obra cunqueiriana “Si o vello Simbad volvese ás illas”, no auditorio municipal Pascual Veiga. Segundo informan desde o Concello o inicio da mesma correrá a cargo do novo Cronista Oficial da Cidade, Antonio Reigosa Carreiras.  E para as 13 horas está programado un concerto a cargo de César Morán, tamén no auditorio municipal de Mondoñedo. 
 
Etiquetas:
03/12/2014
O Grupo Rosas ofrecerá este venres en Burela un recital de boleros. O concerto terá lugar a partir das 21:00 horas na Casa da Cultura.
 
A Concellería de Cultura de Burela continúa coa súa programación cultural de outono para este ano 2014 e presenta o vindeiro venres, 5 de decembro, un concerto de boleros a cargo do Grupo Rosas. O recital terá lugar a partir das 21:00 horas no Auditorio da Casa de Cultura da vila e contará coa proxección dun montaxe audiovisual inédito. A entrada será gratuíta ata completar aforo. 
Tal e coma informan dende a Concellería de Cultura de Burela, o Grupo Rosas é unha formación nacida no ano 1998 para cubrir un espazo musical no Centro Catro Camiños de A Coruña, ofrecendo recitais en distintos programas de radio. Este grupo está integrado por Julia Mª Dopico á bandurra, Daniel Adzemian á guitarra e José Luís Mera como narrador. Dende os seus inicios levan participado en numerosas xiras e concertos,...
leer más