Concerto

23/04/2016
O quinteto Zoar presenta o 24 de abril en Mondoñedo o seu novo disco, que leva por título "No vento".
 
Este domingo, día 24 de abril, ás 20.00 horas, o quinteto Zoar presentará no auditorio “Pascual Veiga”  o seu novo disco. O traballo, cuxos arranxos estiveron a cargo de Juan Durán, leva por título “No vento”. No acto os integrantes do quinteto Zoar interpretarán algunhas das obras que forman parte deste traballo.
 
O disco inclúe un variado repertorio que vai dende Martín Codax (en cuxos premios o quinteto é finalista) ata música do grupo Milladoiro. 
 
O quinteto Zoar fórmano Joan Ibáñez (flauta), David Vila (oboe), Antonio Suárez (clarinete), Benxamín Igrexas (trompa) e Álex Salgueiro (fagot). Iniciou o seu andadura en 2009, actuaron nos principais...
leer más
Etiquetas:
12/04/2016
O 18 de abril póñense á venda as entradas para o concerto que Los Secretos darán en Burela a finais de maio.
 
O vindeiro luns, 18 de abril, póñense á venda as entradas para o concerto que ofrecerán Los Secretos o 27 de maio. As entradas poderán adquirirse na Biblioteca Municipal, na Casa da Xuventude e no Bar O Sitio.
 
O concelleiro de Cultura, José Díaz, manifestou que “serán Los Secretos, un grupo muy representativo de la movida de los 80, un grupo muy importante y de mucho peso, que estoy seguro que va a gustar a mucha gente y que vamos a conseguir llenar el Auditorio ese día para inaugurar las fiestas de Burela. Ellos sustituirán al malogrado Manolo Tena el 27 de mayo”.
 
José Díaz subliñou que “las entradas estarán a la venta a partir del próximo lunes, día...
leer más
Etiquetas:
11/04/2016
O 14 de abril terá lugar en Mondoñedo a noite do gospel "Abataano", que organiza a Anpa da Escola de Música coa colaboración do Concello.
 
O Goberno local do Concello de Mondoñedo colabora coa ANPA da Escola de Música na organización da Noite do Gospel ‘Abataano’ que terá lugar o vindeiro xoves 14 de abril ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Pascual Veiga.
 
Trátase dun concerto a beneficio de Música para Salvar Vidas, un proxecto de axuda a nenos e nenas orfos de Uganda para medrar e aprender a través da música e a danza co fin de atopar un futuro propio no seu país. 
 
Para axudar nesta causa solidaria os organizadores piden un donativo de 8 euros. A recadación irá destinada integramente ao colectivo Música para Salvar Vidas. As entradas poranse á venda unha hora antes do concerto....
leer más
Etiquetas:
08/04/2016
Homenaxe a Manuel María este sábado, 9 de abril, no Auditorio Hernán Naval de Ribadeo. O concerto de Sólo Voces está previsto para as oito e media.
 
O conxunto vocal lugués Sólo Voces actuará este sábado, día 9, en Ribadeo dentro da programación elaborada pola Concellería de Cultura do Concello arredor da figura de Manuel María.
 
O concerto que será ás 20:30 horas no Auditorio Hernán Naval, leva por título O Eco do Poeta Manuel María e recolle a poética do autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas a través das composicións de Eli G. Bouso, que recrea as paisaxes adoradas por Manuel María.
 
O prezo da entrada é de 3 euros. 
05/04/2016
Terras da Mariña organiza un concerto de habaneras e voces tradicionais, que terá lugar en Mondoñedo o 16 de abril.
 
A A.S.D.R. Terras da Mariña, tras o éxito do recital organizado en San Cibrao o pasado 20 de febreiro, organiza de novo un evento musical de habaneras e voces tradicionais, neste caso en Mondoñedo. A cita será o 16 de abril ás 20:15 horas no Auditorio Pascual Veiga, e contarase coa actuación dos grupos Mar Aberto, de Foz, e Escolma de Meus, de Viveiro. A entrada terá unha colaboración de 2,50 euros.
 
É colaborador especial do acto o Concello de Mondoñedo, e patrocinan: Zoñán, Autos Morán, Almacenes Otero, Padornelo, A Taberna do Valeco, A Tasca, Hotel-Restaurante-Cafetería Montero, O Rincón de Mondoñedo, Peluquería Ana, A Cova, Pastelería Val de Brea, AgroMondoñedo, Sertek Auto, O Rei das Tartas e Tu Día de Algodón.
... leer más
Etiquetas:
04/04/2016
O Concello burelés lamenta a perda de Manolo Tena. O cantautor tiña previsto dar un concerto en Burela o 27 de maio.
 
O concelleiro de Cultura, José Díaz, lamenta a perda do cantautor Manolo Tena, que tiña previsto actuar en Burela o 27 de maio nas festas patronais. A Delegación de Cultura traballa na contratación doutro artista de renome para esas datas.
 
Díaz informou que “recibimos un mail de su manager cancelando evidentemente todas las actuaciones que había previstas, una de ellas aquí en Burela en la programación de las fiestas, contábamos con su presencia el día 27 de mayo”.
 
O edil socialista dixo que “a nivel personal como admirador suyo me parece una noticia muy triste, no sólo por el cantante sino por la persona, por el poeta porque era un cantante que era...
leer más
30/03/2016
A orquestra da Escola de Música de Mondoñedo dará o seu concerto de presentación este venres, 1 de abril. A formación interpretará obras modernas e clásicas.
 
O concerto de presentación da orquestra da Escola de Música ‘O Pallarego’ de Mondoñedo celebrase este venres, 1 de abril, tal e como anuncia o edil de Educación, Alberto García, quen destaca a importancia deste proxecto que buscar ser un complemento na formación musical e persoal de cada alumno.
 
A nova formación musical, que leva por nome Pascual Veiga, interpretará ás 20:30 horas no auditorio da Escola de Música obras tanto modernas como clásicas. Ademais, entre o repertorio da orquestra figuran pezas propostas polos propios alumnos (temas de películas, folk, clásicos...), o que motiva a implicación dos nenos.
 
O director da Escola de Música, Xan...
leer más
Etiquetas:
22/03/2016
O sábado, 26 de marzo, celebrarase na capela ribadense da Terceira Orden un concerto solidario do quinteto de metais "Ribadeo Brass".
 
Este sábado 26 ás oito e media da tarde o quinteto de metais Ribadeo Brass ofrecerá un concerto en beneficio da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña. Será na Capela da  Terceira Orden. 
 
O director da formación musical, Rubén Solloso, anunciou que “o quinteto de metais Ribadeo Brass, que somos cinco integrantes da Banda Municipal de Ribadeo, decidimos facer un concerto para estas datas de Semana Santa con música de carácter sacro. Vai ter lugar na Capela da Terceira Orden, preto da Praza de Abastos, e vai ser un concerto solidario co que imos colaborar coa Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña. A entrada vai ter un custe de tres euros, que se vai doar integramente a esta asociación, que traballa nesta zona e ten...
leer más
Etiquetas:
09/03/2016
Mondoñedo homenaxea este sábado, 12 de marzo, ao músico Manuel Araújo polo 25 aniversario do seu pasamento. Haberá teatro, recital de poesías e concerto.
 
O Concello de Mondoñedo organiza este sábado, 12 de marzo. unha homenaxe ao músico Manuel Araújo, polo 25 aniversario do seu pasamento. O acto será ás 20:00 horas no auditorio municipal Pascual Veiga da localidade e estará presentado por Fran Bouso.
 
O edil de Educación, Alberto García, explica que o programa inclúe unha exposición fotográfica sobre Manuel Araújo de quen destaca que “inculcou a música a rapaces e rapazas do seu barrio”. Toño da Tasca foi o encargado de ceder o material fotográfico sobre o artista e o cronista oficial de Mondoñedo, Antón Reigosa, fará unha breve reseña bibliográfica do músico mindoniense.
 
Os asistentes poderán desfrutar...
leer más
Etiquetas:
08/03/2016
O grupo Leilía actuará este sábado, 12 de marzo, en San Ciprián para celebrar a 25ª edición da Festa do Ourizo.
 
O grupo Leilía actuará este sábado, día 12, en San Ciprián con motivo da celebración da 25ª edición da Festa do Ourizo, que organiza o Concello de Cervo. Terá lugar na carpa situada na Praza dos Campos ás dez da noite.
 
A concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, anunciou hoxe que este concerto “organízase porque se cumpre a vixésimo quinta edición da Festa do Ourizo, que é en un evento de interese turístico galego, moi importante para o concello de Cervo e que gusta a moita xente. É unha maneira de celebrar que leve tantos anos e esperamos que siga durante moitos máis”.
 
O grupo Leilía ofrecerá o seu espectáculo titulado CONsentimento, que “é...
leer más