Concerto

16/12/2015
Os alumnos da Escola de Música "O Pallarego", de Mondoñedo, ofrecerán un concerto solidario de Nadal este venres, 18 de decembro.
 
Os alumnos da Escola de Música ‘O Pallarego’ ofrecerán un concerto solidario de Nadal o vindeiro venres 18 de decembro, baixo o título ‘Un Mundo no Nadal’. Será ás 20:30 horas no auditorio municipal Pascual Veiga.
O concelleiro de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García Fernández,  explica que se trata dun concerto dinámico, no que se compaxinará a música coa proxección de imaxes referentes ao país de orixe das pezas musicais. Interpretaranse panxoliñas de diferentes lugares do mundo que convivirán con música non navideña e participarán as diferentes agrupacións musicais da Escola, como son a banda, o grupo de percusión, o grupo de música e movemento, o coro e a orquestra.
Alberto García indica que o concerto terá...
leer más
Etiquetas:
16/12/2015
A Banda Municipal de Música de Ribadeo celebra o 27 de decembro no Cine Teatro ribadense o seu tradicional concerto "Aquí como en Viena".
 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo celebra o 27 de decembro, domingo, unha das citas tradicionais do seu calendario, o concerto Aquí como en Viena, que terá lugar un ano máis no Cine Teatro ás 20:00 horas. Esta actuación vai dedicada especialmente aos socios de Amadores da Música, aínda que a entrada é libre e gratuíta para o público en xeral.
O director da banda ribadense, David Ballester, explicou “separaremos o concerto en dúas partes, unha o Aquí e outra o Viena. O Aquí será de temas que toda a xente poderá recoñecer seguramente e que ademais son bastante alegres e movidos. Logo xa nos trasladaremos a Viena para interpretar todas estas polkas e bailes que comunmente se interpretan en Viena. Podería haber tamén algunha sorpresiña por aí polo medio e cara o final”,...
leer más
Etiquetas:
09/12/2015
Cebolas Verdes Big Band ofrece este sábado, 12 de decembro, un concerto no Salón dos Espellos do Casino de Mondoñedo.

 

A agrupación Cebolas Verdes Big Band dará este sábado, 12 de decembro, un concerto no Salón dos Espellos do Casino de Mondoñedo. O espectáculo dará comezo ás 23 horas e a entrada é de 5 euros para non socios. Os socios entrarán gratis.

Etiquetas:
01/12/2015
A I Semana de Jazz de Burela celebrarase do 5 ao 13 de decembro. A programación inclúe o concerto de Andrea Motis & Joan Chamarro Quintet.
 
A I Semana de Jazz celebrarase en Burela entre o 5 e o 13 de decembro con numerosas actividades arredor do jazz, dende o concerto de músicos importantes da escena actual, como Andrea Motis & Joan Chamorro Quintet ata unha master class con Christos Rafaelides. Así o anunciou o concelleiro de Cultura, José Díaz.
O edil socialista contou que “este sábado, 5 de diciembre, a las 20:30 horas tenemos programada en el Auditorio de Burela una actuación de un grupo importante, muy conocido, sobre todo en el mundo del jazz, a nivel nacional, europeo y mundial, porque es una estrella joven, pero con muchísimo talento y futuro, que es Andrea Motis y su banda, Joan Chamorro Quintet”.
Segundo explicou o concelleiro burelés: “decidimos englobar...
leer más
23/11/2015
O 27 de decembro terá lugar o concerto "Aquí como en Viena" da Banda de Música Municipal de Ribadeo. E o día 5 empezarán os ensaios para o concerto solidario de xaneiro.
 
A Banda de Música Municipal de Ribadeo conmemorou a festividade de Santa Cilla cunha actuación que tivo lugar no Teatro ribadense o pasado sábado. E o 5 de decembro empezarán os ensaios para o concerto solidario que se celebrará o 3 de xaneiro de 2016 e no que actuarán os músicos que conforman actualmente a banda e outros que formaron parte dela en épocas pasadas.
No concerto do pasado sábado, dirixido por David Ballester, tocaron como solistas dous músicos da banda: o saxofón alto Martín García e o trompeta Rubén Solloso. E debutaron os irmáns Isaac e Nicolau Pazos Pérez, oboísta e saxo alto respectivamente. Ademais destes dous recibiron os diplomas que acreditan a súa incorporación oficial á banda de Ribadeo outros 11 músicos que entraron ou regresaron á formación nos...
leer más
17/11/2015
A Banda de Música Municipal de Ribadeo conmemora Santa Cilla cun concerto este sábado, 21 de novembro, no Teatro.
 
A banda de música municipal de Ribadeo conmemorará a festividade de Santa Cilla cun concerto que terá lugar no Teatro ribadense este sábado, día 21. E o 5 de decembro empezarán os ensaios para o concerto solidario que se celebrará o 3 de xaneiro de 2016.
Sobre o concerto deste sábado, o director da banda de Ribadeo, David Ballester, explicou que “nesta edición, como levamos facendo xa hai uns cantos anos, tocarán de solistas músicos da banda, que nesta ocasión serán saxofón alto Martín García e o trompeta Rubén Solloso. E outra parte do concerto estará dedicada plenamente a obras dun compositor holandés, Jacob de Haan. Aproveitando a data de San Cilla debutarán coa banda dous músicos máis: o oboísta Isaac Pazos Pérez e o seu irmán, o saxo alto Nicolau”. Ademais destes dous...
leer más
Etiquetas:
17/11/2015
A Banda Municipal de Música de Viveiro celebra este sábado, 21 de novembro, o seu concerto de Santa Icía no Teatro Pastor Díaz, na cidade do Landro.
 
A Banda Municipal de Música de Viveiro celebra este sábado, 21 de novembro, o seu tradicional concerto de Santa Icía no Teatro Pastor Díaz da cidade de Landro. 
A cita comeza ás 21 horas e consta de dúas partes. Na primeira executaranse as obras  Alpine Fanfare, de Franco Cesarini,  The Witch and the Saint, de Steven Reineke e Buffalo Dances, de Robert W. Smith. A segunda parte consistirá nun concerto de Xóvenes Solistas, no que interveñen Nerea Fernández, Raúl Vidal, Adan Gómez, Bruno Ramil, José Maseda, José Carlos Díaz e Gabriel Fernández. Interpretarán obras de André Waigneim, Rob Ares, Harm Evers ou Richard Comello, entre outros. 
 
16/11/2015
Este mércores, 18 de novembro, terá lugar o concerto da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo na honra de Santa Cecilia.
 
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra o mércores, 18 de novembro, ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval, o seu tradicional concerto na honra de Santa Cecilia, patroa dos músicos.
Polo escenario pasarán arredor dun cento de alumnas e alumnos da Escola que interpretarán obras que van desde S. Joplin ou E. Garner  ata Bach ou Purcell. Agrupacións de vento, percusión, gaita, danza, entre outros, dan forma ao programa deste concerto, aberto ao público e gratuíto.
Esta actuación é a previa do gran festival de Nadal que a Escola celebrará o 19 de decembro no Auditorio Municipal Hernán Naval e no que participarán 300 alumnas e alumnos aproximadamente.
 
27/10/2015
A Asociación de Amigos da Gaita, de Ribadeo, organiza un concerto de Paco Nogueiras este sábado, 31 de outubro. A actividade está destinada aos máis pequenos da casa.
 
Os temas musicais do libro-cd Brinca Vai!, de Paco Nogueiras, amenizarán o Samaín dos máis pequenos o vindeiro sábado, 31 de outubro, a partir das seis e media da tarde no Cine Teatro, nunha cita que organiza a asociación Amigos da Gaita coa colaboración da Sociedade Filantrópica e do Concello de Ribadeo. O prezo das entradas é de dous euros. As familias interesadas en participar xa poden reservar as súas entradas no seguinte número de teléfono: 663 86 46 81. 
Brinca Vai! é un libro-cd editado por Kalandraka, con cancións compostas polo propio Nogueiras e ilustracións de David Pintor. Ao longo de 12 cancións, unha para cada mes do ano, Nogueiras toca un amplo abano de estilos musicais, como o techno, o rock, o folk, o reggae ou a música electrónico. O tempo do Samaín e do magosto están moi presentes entre as cancións de Brinca Vai!...
leer más
Etiquetas:
22/10/2015
A pianista arxentina Dora de Marinis ofrecerá un concerto en Ribadeo este sábado, 24 de outubro, no Auditorio Municipal Hernán Naval.
 
O 24 de outubro ás 20:30 horas no Auditorio Hernán Naval e cunha entrada de 3 euros, a prestixiosa pianista arxentina Dora de Marinis ofrecerá un novo concerto no ciclo Músicas posíbeis. A artista, que está de xira por Europa, trae un repertorio con Chopin e Beethoven na primeira parte e cos compositores arxentinos Julián Aguirre e Alberto Ginastera na segunda. 
 
A dilatada carreira artística de Dora de Marinis inclúe tanto os seus concertos como solista e música de cámara como un amplo traballo pedagóxico e de recuperación do legado de compositores arxentinos esquecidos. Dun xeito autodidacta, as súas investigacións convértena nunha das maiores expertas en música latinoamericana do continente. 
 
... leer más