Concertos

Etiquetas:
11/06/2019

A ESMU no Cole é unha iniciativa posta en marcha pola Escola de Música Arcadio Mon de Foz na que ofrecerá varios concertos en distintos centros educativos do municipio, dos días 14 ao 19 de xuño.

O venres, día 14, a ESMU actuará no Colexio Nosa Señora do Pilar. O luns 17 estará no CEIP Fondo Nois, e o martes 18 ofrecerá un concerto no CEIP O Cantel.

A ESMU rematará esta serie de actuacións o mércores 19 no CEIP nº1 e no Colexio Martínez Otero.

 

15/05/2019

Burela celebrará o Día das Letras Galegas a vindeira fin de semana con dúas actuacións. O sábado, día 18, a Coral Polifónica de Burela comparitá escenario xunto ás corais de Mera e A Estrada a partir das 20:30 horas na Casa da Cultura. E o domingo 19 estará en Burela Andrea Pousa que ofrecerá un concerto ás 19:30 horas. O concelleiro José Díaz subliñou que é unha das voces que máis está soando en Galicia nestes momentos.

O edil de Cultura anunciou que “imos ter dous eventos musicais en conmemoración dese día importante para a cultura galega. O primeiro vai ser o sábado, 18 de maio, ás oito e media da tarde no auditorio municipal, onde imos ter o concerto das Letras Galegas, como fixemos en anos anteriores, coa Coral Polifónica de Burela máis dúas corais que veñen invitadas que son a Coral Polifónica Estradende, de A Estrada, e a Coral...

leer más
12/12/2018

A asociación Amigos da Troula organiza a segunda edición do festival Callo Fest, que se celebrará o 28 de decembro na Praza dos Campos, de San Ciprián.

No Callo Fest deste ano actuarán: Supernatural, MCkuin –tributo a Queen, The Lazy Bones e Pegas Negras.

Ademais haberá un ensaio das badaladas de fin de ano con Disco Móbil e  ao remate serviranse callos de balde.

Colaboran: Concello de Cervo, Deputación de Lugo, Gadis, Buenavista Hotel Restaurante e 3agermeifter.

 

13/08/2018

Ribadeo gozará esta semana de diversas actividades que darán comezo este martes, 14 de agosto, coa actuación da compañía Lila Teatro que presenta Duncan de Palleiro. A representación dará comezo ás 20:30 horas e terá lugar no parque San Francisco (se chove no Teatro).

Ata o 26 de agosto continúa, no forte de San Damian Mariñarte, coas Conversas entre Lucía Vila e Cris Basanta. O horario de visita é de 11:30 a 13:30 horas, e de 18:30 a 20:30 horas. A exposición permanecerá pechada este xoves 16 pola mañá e o venres 17 durante toda a xornada.

O xoves, día 16, a Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o tradicional concerto de San Roque a carón da igrexa, unha vez rematada a misa. O sábado 18 ás 21:00 horas a Banda de Música volverá actuar no auditorio de Cabanela.

Tamén o sábado, 18...

leer más
Etiquetas:
08/08/2018

A Banda Municipal de Música de Ribadeo terá tres actuacións a vindeira semana e a primeira delas será o día 16, xoves, cando ofrecerá o tradicional concerto de San Roque ás 13:30 horas a carón da capela do copatrono da vila ribadense. O día 17 a Banda de Ribadeo actuará na localidade asturiana de Luarca e o sábado 18 terá lugar en Cabanela o tradicional concerto churrascada, ás 21:00 horas.

O director da Banda, David Ballester, anunciou hoxe que “a Banda Municipal de Música de Ribadeo segue cos seus concertos de verán. Esta semana que vén será axetreada xa que o día 16 de agosto, como é tradicional, a Banda Municipal celebrará San Roque cun concerto á unha e media do mediodía xusto a carón da capela de San Roque, no que interpretaremos un repertorio variado”.

David Ballester engade que “o día 17 de agosto, debido...

leer más
12/07/2018

O Presidente, Darío Campos Conde, e a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, visitaron este xoves as instalacións nas que se está a desenvolver o XII Resurrection Fest, o festival de música metal e rockmáis importante de España e un dos máis relevantes de Europea, recoñecido e premiado como tal con diferentes galardóns. Fixérono acompañados de Iván e David Méndez Rodríguez, Director e Subdirector do festival, así como promotores e organizadores cos que dende sempre colaboraron Deputación e Concello de Viveiro, sendo as administracións galegas que máis o fan. 

Campos Conde avanzou que “este é un dos eventos turísticos máis importantes para a provincia. O primeiro, de seguro, para a nosa Mariña. Deputación e Concello de Viveiro apostamos por este festival dende o primeiro momento, da man de Melchor Roel, non coma outros que se apuntan...

leer más