Fútbol
O Presidente, Darío Campos Conde, presentou este mércores no Pazo de San Marcos a XXXIV edición da Copa Deputación de Fútbol Memorial Pedro Tapia, que organiza o Executivo Provincial coa colaboración da Federación Galega de Fútbol. Fíxoo xunto ao Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, ao Vicepresidente da Federación Galega de Fútbol en Lugo, Carlos Méndez Moreira, ao Concelleiro de Deportes, Miguel Fernández Méndez, e ao exfutbolista lucense ao que se dedicao torneo, Pedro Tapia. O organismo provincial inviste nesta iniciativa 100.000 euros. Son uns 15.000 euros máis que nas anteriores edicións pois, en resposta as peticións dos clubes, a institución tamén asume os custos de arbitraxes e desprazamentos. Durante a presentación do torneo, realizouse o sorteo de emparellamentos que terán lugar durante os meses de maio e xuño por toda a provincia.
... leer másO Mondoñedo FC celebra o seu xa tradicional día solidario este domingo, 26 de marzo, no partido que o enfrontará ao CD Alfoz na 27 xornada de liga de Segunda Autonómica. Será a partir das seis da tarde.
Neste partido, como todos os anos, os afeccionados que se acheguen ao campo mindoniense poderán trocar alimentos non perecedoiros pola entrada para ver este encontro de fútbol.
Os organizadores desta xornada solidaria salientan a grande acollida que sempre ten este acto co numeroso publico que acode todos os domingos ao Viñas da Veiga, e que neste día tan especial responde masivamente á chamada do Mondoñedo FC.
Todos os alimentos recollidos son doados a Cáritas Mondoñedo que ano tras ano colabora nesta boa iniciativa.












