Libro

Etiquetas:
23/04/2021

O Concello de Cervo, a través da área de Cultura que dirixe Dolores García Caramés, conmemora este Día do Libro cunha actividade virtual interactiva na que convidan a participar a toda a veciñanza e seguidores/as destas plataformas.
 
As persoas que desexen participar tan só teñen que  recomendar a través das súas redes sociais un libro e citar unha frase que lles inspire que atopen entre as súas páxinas e etiquetar ao Concello de Cervo no facebook ou a @cervocultura no instagram.
 
Só por participar recibirán un bonito artículo en pel confeccionado neste caso, pola artesá local Maria Jul Rivas.

Tal e como apuntou Caramés "non nos cansamos de dicir que é todo un luxo a canteira de artesáns e artesás que temos no noso municipio. Desde o Concello, como non podería ser doutro xeito, tentamos colaborar con eles/as...

leer más
Etiquetas:
21/04/2021

Este venres, 23 de abril, celébrase o día do libro. En Foz, as librerías da vila sairán á praza situada na Glorieta de Vilalba, “alí teremos durante todo o día os nosos stands con libros e estaremos acompañadas de música para ambientar a xornada. Durante todo o día, como corresponde á xornada que celebramos,  todos os libros terán un 10% de desconto”, sinalan desde as librerías focenses.

E engaden: “ademais teremos con nós a tres escritoras pola tarde para asinar as súas obras: de cinco a seis e media estarán con nós as poetas María Lado e Lucía Aldao que asinarán exemplares da súa última obra Ninguén morreu de ler poesía, editada por Xerais. 
De seis e media a oito estará con nós o poeta local Paco Rivas, que asinará exemplares das súas últimas obras: Rosas envaíñadas e A lúa non era lúa, editadas por Medulia editorial e Edicións...

leer más
Etiquetas:
21/04/2021

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que o Concello de Foz “continúa coa súa decidida aposta pola Cultura. Para conmemorar o día do libro as rúas engalanáranse e encheranse de actividades”.

Inés López explica que “o venres 23 os libros tomarán as rúas focegas. As librarías do concello sacarán á praza da glorieta de Vilalba unha mostra das novidades editoriais e dos múltiples libros que se poden atopar nos seus anaqueis. Durante a xornada haberá sinatura de libros durante a tarde e música”.

A edil especifica que “durante a mañá do mesmo venres a sinatura de libros será nunha caseta que se instalará na Praza do Concello. Dende a Delegación de Cultura quérese achegar o hábito da lectura a toda a poboación, para o cal se agasallará con libros aos veciños que pasen por ela e tamén na Biblioteca Municipal...

leer más
Etiquetas:
20/04/2021

O Concello de Viveiro presenta a súa programación con motivo do Día do Libro, sumándose un ano máis a esta celebración que se conmemora cada 23 de abril. A proposta deste ano, que inclúe actividades dirixidas a todas as idades, dará comezo este venres, 23 de abril, e estenderase ata finais de mes. 

Durante os días 23 e 24 de abril os usuarios e usuarias da Biblioteca Municipal de Viveiro recibirán un agasallo doce ao retirar un libro. Doutra banda, todas as persoas que tomen prestados libros da biblioteca entre o 23 de abril e o 30 de abril poderán participar no sorteo dun lote de libros. 

Ademais o sábado, 24 de abril, representarase a obra de teatro xestual “Lázaro de Tormes”, a cargo da compañía Pedras de Cartón, dirixida a cativos e cativos a partir dos 5 anos. 

O domingo, 25 de abril...

leer más
04/03/2021

Este vindeiro sábado, 6 de marzo, ás 20:00 horas, no local da Casa da Xuventude de Mondoñedo, terá lugar a presentación da novela “A Solo no le gustaba su nombre", de Pepe Peinó. 

Ademais do autor, estará, como vén sendo habitual, o lingüista Bernardo Penabade. Contarase tamén coa amenización musical a cargo de Alejandro Barreira, que interpretará tres temas acompañado da súa guitarra. O acto lévase a cabo coa colaboración do Concello de Mondoñedo.

 

05/01/2021

O vindeiro venres, 8 de xaneiro, ás 20:00 horas no Pazo de Tovar, en Lourenzá, presentarase a novela de Pepe Peinó “A Solo no le gustaba su nombre”. No acto participarán o autor, xunto a Bernardo Penabade, lingüista, e Aida Río, cantante. 

O aforo será limitado, como é obrigado nestas datas de pandemia, admitíndose ata un máximo de 40 persoas. Os interesados deben anotarse chamando ao número 619389997.

 

Etiquetas:
26/12/2020

O vindeiro luns, 28 de decembro, ás 20:00 horas na Confitería-Cafetería Xoyma, de Foz, terá lugar a presentación da novela de Pepe Peinó "A Solo no le gustaba su nombre". Esta presentación ía levarse a cabo no pasado mes de marzo e tivera que ser suspendida co gallo da corentena provocada polo coroavirus. Despois de 8 meses de espera, dita presentación poderá celebrarse. 

Falarán Pepe Peinó e o lingüista Bernardo Penabade e actuará a cantante Almudena Cuadrado. 

No acto respectaranse todas as medidas de seguridade prescritas para estas épocas de pandemia.

04/12/2020

Xurxo Souto presenta este sábado o seu libro “Pangalaica, recortes poderosos”, nunha sesión virtual que se poderá seguir a través das redes sociais do Museo do Mar de San Cibrao a partir das 12.00 horas.

O libro, publicado por Galaxia, recolle oitenta relatos ilustrados, inspirados en historias e persoas que o autor coñeceu nas súas xiras por Galiza á fronte dos Diplomáticos de Monte Alto.  En palabras do músico e escritor coruñés, trátase de “petiscos cheos de humor que acaban conformando unha cosmovisión alternativa do país: É mentira a fronteira entre o rural e o urbano. Todas somos da aldea”, reivindica.

Concerto de Ugía Pedreira 

Á presentación, seguirá un concerto da artista mariñá Ugía Pedreira, que está a abrir unha nova etapa artística na súa traxectoria, presentándose como A...

leer más
24/11/2020

A asociación Mariña Patrimonio organiza a presentación online do libro Contrahistorias de Galicia de Antonio Reigosa, que se celebrará este venres, 27 de novembro, a partires das 19:30 horas.

Este libro do escritor mindoniense Antonio Reigosa presenta textos breves e fermosas ilustracións de Rita Gutiérrez, nos que recolle datos curiosos sobre diferentes personaxes, uns coñecidos e outros “esquecidos e ignorados pola historia oficial”, en palabras do propio autor. Nestas contrahistorias, ademais do torque de Burela, atopamos tamén personaxes da Mariña como Eustorgia Acebo, Antonia Díaz Pérez ou o Merlín de Cunqueiro.

Nesta presentación, que se poderá seguir a través do facebook de Mariña Patrimonio, intervirán: o autor, Antonio Reigosa; a ilustradora, Rita Gutiérrez; e mailo editor, Miguel Noval.

 

Etiquetas:
20/10/2020

Os días 22, 23 e 24 de novembro de 2019 celebráronse en Mondoñedo as I Xornadas Gastronómicas da Faba Verdina, organizadas polo Concello de Mondoñedo e a Asociación de Produtores de Faba Verdina de Galicia, con sede nesta cidade episcopal. A asociación foi creada en 2019 co fin de promover a faba verdina, un produto que acada nesta comarca excepcionais niveis de calidade. Un dos obxectivos das xornadas celebradas xa case hai un ano foi o de mostrar as posibilidades culinarias deste produto. Con patrocinio do Concello de Mondoñedo, elaborouse un libro de receitas, un receitario que recolle as propostas de catorce establecementos hostaleiros de Mondoñedo. Como poderán comprobar os que o lean, as preparacións e as combinacións da verdina son moi amplas, e van dende os guisos lentos de pucheiro ata os salpicóns ou as tortillas de ovos. 

...

leer más