Muller

Etiquetas:
20/02/2018

A Casa do Mar de San Ciprián acolleu a presentación do programa do Día Internacional da Muller, que organizan o Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e igualdade, e as diferentes asociacións de mulleres do municipio.

Os actos están programados para o sábado 10 de marzo. 

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, asistiu á presentación da programación, na que tamén estivo presente a edil responsable do departamento, Pilar Armada; e representantes das diferentes asociacións de mulleres do municipio que colaboran: Asociación de Mulleres de San Ciprián, Amas de Casa “Alborada”, Mulleres Rurais “As Espalladoras” e Mulleres en Igualdade.

Armada recordou “que entre todas, conseguimos perfilar e consensuar un programa co que pretendemos chegar a todas as mulleres de Cervo, protagonistas...

leer más
Etiquetas:
03/12/2017

Un cento de persoas asistiron á presentación na galería ribadense Terra Branca do perfume Quérote, unha fragancia para muller en cuxa creación participaron catro artistas: o perfumista Sergio Carballido, o escultor Fernando Vilariño, a pintora Mariángel Leal e o poeta Paco Rivas. O propietario de Terra Branca e artífice desta proposta, José Ramón Leal, cualificou de éxito este acto. 

José Ramón Leal referíase na súa intervención na xornada de onte a ese traballo dicindo que “hemos lanzado un perfume en el que hemos contado con cuatro talentosos artistas. Uno de estos artistas es Fernando Vilariño, un escultor que dice que lo que le gusta es que le llamen canteiro, pero lo que yo creo que se le tiene que llamar a él es artista con letras grandes. Él ha esculpido estos tapones que son de mármol blanco para adornar este frasco de colonia....

leer más
Etiquetas:
26/04/2017

A praia dos Bloques e o Cargadoiro acollerán en maio as actividades do programa Corpo de muller. Trátase de talleres de reeducación postural ao aire libre. 

Desde a Concellaría de Igualdade e desde o CIM sinalan que “para pechar este semestre e despois da boa acollida destes talleres desde setembro ata abril, vanse impartir 8 horas de talleres de reeducación postural ao aire libre en maio”.

E subliñan que “o taller desenvolverase os luns e mércores desde as 18 ás 19 horas ao longo do mes de maio na praia dos Bloques e no Cargadoiro. Son un total de 10 horas as que conformarán esta oferta de taller de reeducación da columna. As interesadas deberán pagar a modo de matrícula 15 euros si se anotan os dous días da semana e 10 euros si só é un día á semana”. 

O prazo para facer efectiva a...

leer más
Etiquetas:
07/03/2017

A Delegación da Muller do Concello de Foz convoca a segunda edición do concurso denominado O que nunca che dixen para conmemorar o Día da Muller.

Pódese participar presentando un agradecemento, unha frase ou un debuxo ou fotografía con texto que reflicta un sentimento cara a unha muller. As obras poden enviarse a través das redes sociais do Concello de Foz (twitter, facebook ou instagram), por medio do enderezo electrónico muller@concellodefoz.es ou presencialmente na Casa da Xuventude.

A concelleira de Muller, Mercedes González Alonso, explicou que “en este concurso lo que queremos es que cada uno de nosotros expresemos mediante palabras aquello que nunca nos acordamos de decir a aquella mujer que admiramos, a la que está a nuestro lado todos los días, a quien se nos...

leer más
Etiquetas:
05/03/2017

O Concello de Xove, a través da súa Concellería de Servizos Sociais, programa varias actividades con motivo da celebración do Día Internacional da Muller que se conmemora o 8 de marzo.

O 10 de marzo, entre as 17:00 e as 19:00 horas, vaise desenvolver na Oficina de Información Xuvenil, un Mannequin Challenge. Para participar hai que anotarse antes do mércores 8 de marzo, na propia Oficina de Información Xuvenil.

O domingo, 12 de marzo, a partir das 17:30 horas no salón de actos do Centro Cívico, terá lugar a X Chocolatada Día da Muller.

Tamén ese domingo terá lugar unha homenaxe a Constantina López Martínez, a muller máis lonxeva do municipio con 100 anos de idade. O alcalde, Demetrio Salgueiro, acompañado pola concelleira de Servizos Sociais, Ana Abad, faranlle entrega dun ramo de flores...

leer más
Etiquetas:
28/02/2017

O programa dará comezo o domingo, día 5, coa 2ª Andaina Maruja Mallo ás 10:00 horas.

O mércores, 8 de marzo, haberá un concerto de Sofía Espiñeira no Conservatorio de Viveiro ás 20:30 horas, que organiza o Colectivo Pensamento e Sementeira. O sábado, 11 de marzo, terá lugar unha cea-baile de irmandade no Restaurante Louzao ás 22:00 horas.

Ademais están programados varios obradoiros baixo o título de Cóida-T cun horario de 17:00 a 20:00 horas. As prazas son limitadas. O primeiro, Quére-T, é o día 8 sobre Saúde e Muller. Continúan o día 15 con Gústa-T de Automaquillaxe, o día 22 é Cóme-T sobre nutrición, e o día 29 Míma-T sobre Autocoidados.

Nesta programación tamén figuran dúas exposicións. No salón de actos do Concello do día 1 ao 8 pode visitarse a titulada Mamá Traballadora, e na...

leer más
Etiquetas:
02/02/2017

O Concello de Cervo, a través da delegación de Igualdade, organiza diversos actos con motivo do Día Internacional da Muller, que ten lugar cada 8 de marzo. Como coincide en mércores, a maioría das actividades terán lugar o sábado 11 de marzo, tal e como se acordou na reunión que mantivo esta tarde a concelleira delegada de Igualdade Pilar Armada, coas diferentes asociacións de mulleres do municipio, que colaboran: Asociación de Mulleres de San Cibrao, Amas de Casa Alborada, Mulleres Rurais As Espalladoras, e Mulleres en Igualdade. 

Armada recordou “que sempre estamos abertos a escoitar tódalas ideas e propostas que nos queiran facer chegar, e neste caso, entre o Concello e as diferentes asociacións, conseguimos perfilar e consensuar un intenso programa co que pretendemos chegar a tódalas mulleres de Cervo, protagonistas de xeito simbólico...

leer más