Representación

Etiquetas:
09/11/2018

Este domingo, 11 de novembro, o grupo Torta de Millo de Guitiriz porá en escena a obra Innoveitin…ou algo. A representación terá lugar no salón de actos do Centro Cívico de Xove, ás 19:00 horas.

Trátase dunha comedia para todos os públicos, na que conta a historia dun grupo de xubilados e xubiladas que son convocados, case que obrigatoriamente, a asistir a unhas estrañas xornadas nas que deberán aprender a xestionar os seus anos de retiro. Teñen que adaptarse ao avellentamento activo, teñen que seguir traballando, nada do que fixeron ata o de agora é suficiente, pero tampouco están dispostos a entregarse facilmente. O seu plan é facerlles a vida imposible aos artífices de tan peregrina idea.

O grupo Torta de Millo naceu no ano 2013, no seo da Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro en Guitiriz, sendo un...

leer más
06/11/2018

O grupo de teatro A Rabela actuará o vindeiro domingo, 11 de novembro, en Barreiros. Alí representará As consultas do doutor Baldomero Bautista, unha obra cómica cargada de enredos e improvisacións.

A representación, incluída no proxecto teatral Buxiganga da Deputación de Lugo, terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro a partir das 18:00 horas.

Colabora, na organización deste evento, o Concello de Barreiros a través da Oficina de Información Xuvenil e da Concellería de Cultura. 

 

Etiquetas:
02/11/2018

O grupo Metátese Teatro, de Palas de Rei, presentará este domingo, 4 de novembro, en Xove, a obra O Euromillón. A actuación terá lugar no Centro Cívico, ás 19:00 horas, e está incluída no programa Buxiganga, organizado pola Deputación de Lugo coa colaboración do Concello. A entrada é gratuíta.

Trátase dunha comedia para todos os públicos que aborda o complexo mundo dos programas de televisión desde a perspectiva teatral, e que busca facer reflexionar ao espectador sobre os valores da sociedade do século XXI.

O grupo Metátese xurdiu en 1992 coa pretensión de achegar o teatro contemporáneo a todos os públicos, bebendo das correntes máis vangardistas, para interactuar co público e captar o espírito da sociedade actual desde unha perspectiva crítica.

 

31/10/2018

O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle este sábado, 3 de novembro, a presentación da obra A Leituga, ás 20:30 horas.

Baixo a dirección de Víctor Duplá, o elenco artístico está composto por María Vázquez, Antonio Durán “Morris”, Federico Pérez, José Barato e Mercedes Castro.

A historia conta como tres irmás reúnense na casa da maior para celebrar o aniversario do pai, que se atopa en estado de coma dende hai nove anos. O que de primeiras semella unha sinxela celebración, convértese nunha encarnizada poxa por ver quen se responsabiliza dos coidados do pai. A Leituga aborda en clave de humor un conflito familiar polo que todos pasamos ou pasaremos nalgún momento das nosas vidas.

 

25/10/2018

O grupo de teatro Ardora poñerá en escena en Barreiros Amor filial, unha traxicomedia sobre as relacións entre as diferentes xeracións dunha mesma familia. Será o vindeiro domingo, 28 de outubro. 

A representación, incluída no proxecto Buxiganga da Deputación de Lugo, terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme, ás 18:00 horas. Colabora coa institución provincial a Concellería de Cultura de Barreiros. 

 

23/10/2018

A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, e a Concelleira de Cultura de Viveiro, Lara Fernández Noriega, presentaron este martes Superarte, o I Certame de teatro feito por persoas con diversidade funcional, que terá lugar do 24 ao 28 de outubro no municipio mariñán,organizado polo Concello de Viveiro co apoio do Goberno da Deputación. No acto tamén participou o coordinador do proxecto, Fabián Ben Conde.

López Izquierdo subliñou que “o noso compromiso coa plena integración social de persoas con diversidade funcional é firme e demostrámolo no día a día. Neste senso, incorporamos nas diferentes programacións cláusulas coas que garantir a igualdade de oportunidades e favorecer a súa normal participación na sociedade. E, sen dúbida, este tipo de iniciativas tamén contribúen a lograr ese mesmo obxectivo”.

... leer más
16/10/2018

O grupo de teatro Ollomao representará a obra Enciclopedia Álvarez este sábado, 20 de outubro, ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.

A obra conta a historia dos nenos e nenas que durante o franquismo foron sometidos á absurda e ilóxica deseducación da escola do réxime, pero contada desde o prisma dos adultos que son agora. Esta é unha pequena mostra do que foron as escolas naquela época e do tratamento que se facía nelas de temas como o feminismo, a lingua, a autoridade ou a relixión. Unha historia contada con humor, pero que fai reflexionar, aínda que sexa “chorando de risa”.

 

Etiquetas:
26/09/2018

A Casa da Cultura de Foz acollerá este sábado, día 29, ás 19:30 horas unha representación a cargo do grupo de teatro A Panadaría, que ofrecerá a obra titulada Elisa e Marcela.

Trátase dunha comedia para adultos cunha duración de 75 minutos e o prezo da entrada é de 3,5 euros. Poden mercarse anticipadamente na Delegación de Cultura do Concello de Foz.

Esta obra conseguiu varios galardóns nos Premios María Casares e noutros durante este ano 2018. As intérpretes son Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman.

Etiquetas:
27/06/2018

O grupo teatral O Centiño de San Martiño, en Foz, estrea a súa terceira obra titulada El Guindilla. Será este sábado, 30 de xuño.

A representación terá lugar ás 21:00 horas na área recreativa de Ferreiravella, en San Martiño, que é o lugar de ensaio do grupo.

A asociación cultural O Centiño presenta El Guindilla como a obra máis picante endexamais escrita e dirixida por Pepe Peinó, que levará por diversos escenarios da provincia comezando pola semana do teatro de Foz, en agosto, e continuando polos circuítos de Buxiganga. 

 

22/04/2018

O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acolle este venres, 27 de abril, a representación de Nacidas Libres.

A obra, con texto de Cándido Pazó e dirixida por Cristina Domínguez, está protagonizada por Rocío González, Susana Dans, Casilda Alfaro e Mónica Caamaño.

A función dará comezo ás 20:30 horas e o prezo da entrada é de 3 e 5 euros.

E o sábado, 28 de abril, ás 18:00 horas tamén no Teatro Pastor Díaz preséntase a obra Fíos.Trátase dun espectáculo, recomendado a partir de 5 anos, tecido para emocionar, sentir e soñar. O prezo da entrada é de 2 euros.