Representación

29/10/2017

O venres, 3 de novembro, ás dez da noite o grupo de teatro do Colectivo Cultural Ollomao porá en escena a súa nova obra no salón de actos dos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante. O sábado 4 haberá unha nova función ás oito da tarde e o domingo 5 unha terceira oportunidade ás seis da tarde. Con esta variedade de horarios procúrase que todas as persoas que o desexen poidan ter oportunidade de achegarse para participar nalgunha das representacións.

A “Enciclopedia Álvarez” é sen dúbida, o libro que con máis claridade identificamos coa escola da época franquista. Un compendio de saberes reunidos nun ÚNICO volume como símbolo daquela escola centrada na transmisión do pensamento “único”, da ideoloxía “única”, da lingua “única”, da relixión “única”,...

A nosa “Enciclopedia Álvarez” é a historia do día a día de...

leer más
24/10/2017

O grupo de teatro O Bordelo, de Cervo, representará a obra O malquerer. Será o vindeiro domingo, día 19, a partires das 18:00 horas, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro en San Cosme de Barreiros.

Esta actuación inclúese no proxecto teatral Buxiganga da Deputación de Lugo que patrocina o evento. Conta coa colaboración do Concello de Barreiros a través da Oficina de Información Xuvenil e da Concellería de Cultura.

 

18/10/2017

O salón de actos municipal de Lourenzá acollerá este sábado, día 21, ás 20:00 horas unha representación teatral a cargo do grupo Lume Escénico, de A Pontenova, que ofrecerá a obra A horta das cerdeiras.

Esta actividade está organizada polo Concello de Lourenzá coa colaboración da Deputación de Lugo, a través do programa teatral Buxiganga.

 

17/10/2017

O vindeiro sábado, día 21, o Teatro Pastor Díaz acollerá a representación de “Pensión 13”, a cargo de Nova Escena. A cita enmárcase no proxecto Buxiganga, da Área de Cultura da Deputación de Lugo. A cita será ás 20:30 horas. 

O grupo Nova Escena xurde en 1997 a partir dun obradoiro de teatro organizado polo Concello de Lugo, constituíndose como asociación cultural en 2003. Desde aquela levan representado mais dunha decena de pezas teatrais, reivindicando co seu bo facer a importancia do teatro amador: Borralliña, O Decamerón, Lisístrata, A irmá María Ignacia explícavolo todo, Cinco mulleres co mesmo vestido, O Lirio, O inspector, A herdanza da tía Constanza, 2155, In Pacem, A apócema... Destacan ademais na súa traxectoria as súas participacións en animacións de rúa: A profetisa, A porta do sul...

Desde os seus...

leer más
12/10/2017

A Concelleira de Cultura programa para o día 28 deste mes unha representación teatral que correrá a cargo de Hipócrita Teatro, que poñerá en escena a obra Hotel Desencanto. Será na Casa da Cultura ás 20 horas. 

Trátase dunha peza de teatro contemporáneo, dirixida por Carlos Rebolo, que mestura drama, comedia e suspense. A obra está estruturada en cinco escenas. A primeira serve de introdución e presentación dos personaxes, e sitúa ao espectador no contexto onde se vai desenvolver a acción. Oito hóspedes van chegando a un hotel no que os recibe un recepcionista que lles entrega as chaves das súas respectivas habitacións. As catro escenas seguintes ben puideran desenvolverse de xeito simultáneo aínda que ao espectador se lle presentan de forma secuenciada. Cada escena mostra o que acontece en cada unha das habitacións, e cada unha delas é...

leer más
10/10/2017

O grupo Achádego Teatro presenta este sábado, 14 de outubro, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro ás 20:30 horas, a obra Balas sobre Broadway.

Trátase dunha adaptación da película de Woody Allen na que a acción transcorre na Nova York dos anos vinte, na época da lei seca, na que a  prohibición da fabricación e venda de alcohol derivou nun incremento do crime. Nesta sociedade marcada pola mafia, o escritor David Shayne precisa apoio financiero para levar aos escenarios de Broadway a súa obra Deus do noso país. O humor, a crítica á pseudo-intelectualidade que as veces rodea ao mundo cultural, o teatro, os gansters, a música e o baile están presentes nesta obra.

 

08/08/2017

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, o Alcalde de Alfoz, Jorge Val Díaz, o Tenente de Alcalde, Xabier Pardiñas Suárez, e o director valadourés, Manuel Lourenzo presentaron no Castelo de Castro de Ouro, “Teatro no Castelo”, coa que a compañía Elsinor representará Derivas. O Goberno da Deputación contribúe con 8.000 euros ao financiamento dos eventos culturais deste Concello, como o festival de cine, as viaxes culturais, a publicación de libros, o mes do teatro, Festival ArcadioMon, ou as OlimpiadasInterparroquiais.

A Deputada remarcou a intensa actividade cultural do Concello de Alfoz, que conta co apoio da Deputación. “Esta obra de teatro representase nun marco incomparable, como é o Castelo de Castro de Ouro, verdadeiro emblema histórico deste Concello. Esta representación celebrase nun entorno privilexiado, que...

leer más
23/07/2017

Veciños de Lagoa, do municipio de Alfoz, estrearán unha obra de teatro o 24 de xullo, coincidindo coa celebración das festas do Santiago. 

A idea xurdiu cando os veciños de Lagoa participaron nas olimpíadas parroquias que teñen lugar en Alfoz ano tras ano, e a convocatoria divulgouse no pasado outono.

A obra escollida é unha coñecida adaptación elaborada nos anos 60  polo escritor chairego Xosé Manuel Carballo, titulada Menciñeiro á forza. Trátase dun texto baseado na famosa comedia de Molière O enfermo imaxinario.

Os decorados foron elaborados polos propios actores de xeito artesanal e coa axuda da comisión de festas e máis do Concello de Alfoz. A representación terá lugar no campo da festa. Será a partir das nove da noite. 

 

14/07/2017

O salón de actos do Concello de Lourenzá acollerá unha representación a cargo do grupo de teatro O Batán, de Cangas de Foz, o día 30 deste mes, domingo, as oito da tarde. Anunciouno hoxe a Concellería de Cultura.

O Batán ofrecerá a obra titulada Bicos de vinagre, dentro do programa Buxiganga 2017, que ten en marcha a Deputación de Lugo para contribuír a difundir o teatro afeccionado da provincia. 
  

 

07/06/2017

O grupo de teatro Cardume chega o sábado, 10 de xuño, en Viveiro, coa obra Entre bambolinas. A representación terá lugar no Teatro Pastor Díaz ás 20:00 horas.

Trátase dunha obra orixinal de Jaime Naveira, traducida ao galego por Susana Devesa, e dirixida por Matilde Blanco.

Cóntanos a historia como a piques de comezar a función da obra As desfeitas da vida, unha compañía teatral cos seus actores e todo o seu equipo técnico e artístico vive unha serie de acontecementos que poñerán a proba os seus sentimentos máis profundos. Dende as bambolinas dun teatro vense reflectidos con humor e moita humanidade, un compendio de comprexos, vanidades e envexas, pero tamén amor, amizade, fidelidade e o drama de ver chegar o grande monstro do alzheimer.