Representación

29/01/2020

O colectivo cultural Ollomao representará este sábado, 1 de febreiro, na Casa da Cultura de Burela a obra Enciclopedia Álvarez.  Será ás 21:00 horas e  o prezo da entrada é de 5 euros.

Enciclopedia Álvarez é a historia do día a día de catro nenas e catro nenos sometidos á absurda deseducación da escola franquista. É unha invitación ao sorriso, sobre todo porque nos fala dun pasado aparentemente afastado da nosa realidade actual.

A obra, dirixida por Ramón Casas Oroza, foi a gañadora do premio Conde Santo á mellor representación no I Certame de Teatro Afeccionado de Lourenzá en outubro de 2017; e recibiu o premio ao Mellor Actor Protagonista para Juan de Culán, e á Mellor actriz protagonista para Marisa Freire. Tamén foi a obra gañadora á mellor montaxe nos XXI Encuentros Teatrales IES Elisa y Luis Villamil-...

leer más
16/01/2020

O grupo de teatro Obra Viva do Seminario de Estudos Terra de Viveiro ofrecerá a súa última representación da obra Casa Macho de Vicente Míguez.

Será este domingo, 19 de xaneiro, ás 20:00 horas na Casa da Cultura do Vicedo. A entrada é gratuíta.

A obra fala dun conflito familiar e de machismos en clave de humor. Está interpretada por dezasete actores dirixidos por Vicente Míguez.

 

Etiquetas:
14/01/2020

O grupo teatral O Centiño, de San Martiñon, presentará a súa última obra El Guindilla, na parroquia focense de Marzán este sábado, 18 de xaneiro.

A representación terá lugar no local social do Pradovello, onde ten a súa sé a asociación cultural O Torques, e dará comezo ás 20:00 horas.

 

03/12/2019

Este sábado, 7 de decembro, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, Talía Teatro presenta a obra Vida de cans. A función dará comezo ás 20:30 horas.

A obra, escrita e dirixida por Cándido Pazó, conta a historia de tres cans que están recluídos nun recinto que lles acondicionou o seu amo. Fora está a liberdade, cos seus acougos, as súas incertezas e os seus problemas pero liberdade ao fin. Cada un afronta o conflito segundo a súa personalidade, e todo vai cara a unha traxedia que non deixa de ser comedia.

O elenco artístico está formado por Toño Casais, Dani Trillo e Artur Trillo.

 

19/11/2019

O vindeiro domingo, 24 de novembro, haberá teatro en Barreiros. O grupo Faro Miño representará “Sintrón nin són”. Trátase dunha obra cómico-satírica sobre a realidade sanitaria galega, a través da retranca e da retórica galegas. 

A representación terá lugar ás 18 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. 

A actividade enmárcase no proxecto teatral Buxiganga, da Deputación de Lugo. Colabora coa institución provincial o Concello de Barreiros. 

 

13/11/2019

O teatro será o protagonista a vindeira fin de semana en Burela. O sábado 16 ás 20:30 horas o grupo Metátese Teatro, de Palas de Rei, porá en escena a obra Na procura dun traballo. O domingo 17 ás 18:00 horas Talía Teatro presentará en Burela o espectáculo para o público infantil e familiar Rosa, caramelo e outras historias. A entrada será libre e gratuíta en ambos casos.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “para este fin de semana en Burela temos, tanto o sábado como o domingo, dous eventos culturais neste caso de teatro. Un deles vai ser o sábado 16, que sería teatro para adultos. A partir das oito e media o grupo Metátese Teatro, que xa estivo noutras ocasións aquí en Burela, un grupo de  Palas de Rei e que representará a obra Na procura dun traballo. É dentro do programa Buxiganga, proxecto teatral afeccionado do ano 2019...

leer más
08/11/2019

O grupo de teatro Adala representará a obra "Comeza a función" este domingo, 10 de novembro, ás 18:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro de Barreiros.

A historia transcorre nunha aldea nos anos 40 contada en ton de comedia.

A representación inclúese no proxecto teatral Buxiganga da Deputación de Lugo.

O Concello de Barreiros colabora na organización deste evento, a través da súa concellería de Dinamización e Participación Cidadá.

 

30/10/2019

Cita co teatro este sábado, 2 de novembro, no Pastor Díaz, de Viveiro, a partir das 20:30 horas. Artesacía chega con Chola a it girl.

Chola, mecánica de coches, blogueira e youtuber galega é contratada por un teatro para presentar o seu monólogo ó máis puro estilo de show escénico youtuber. A través da presenza no escenario do seu coche Opel Calibra do 2000 transmitirá, con exemplos prácticos e didácticos, estratexias para poder descubrir quen somos, qué nos gusta, qué nos divirte... e sobre todo, saber recoñecer de onde vimos.

Para todo isto, axudarase de videos exclusivos, proxectados con técnica de videomapping, desafíos en vivo, consellos automobilísticos e dunha gran dose musical. Cando parece que o show envolve a escena, revélase nun descuido de Chola no medio do show un cadaleito que sae do...

leer más
24/10/2019

O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle este fin de semana o certame de teatro Superarte.

As representacións terán lugar o venres 25 de outubro, sábado 26 e domingo 27.

As obras están protagonizadas por persoas con diversidade funcional e o evento está dedicado nesta edición ás persoas xordas polo que participa o youtuber Iván Vázquez que en Familia Vázquez TV visibiliza en clave de humor á comunidade xorda e divulga a lingua de signos.

Neste certame estará a compañía teatral El Grito, que será a primeira integrada por persoas xordas que actúe no teatro viveirense coa súa obra Los Pensadores.

 

16/10/2019

O grupo Trípode estrea O Muro este sábado, 19 de outubro, en Riotorto. Será ás dez da noite no centro sociocultural. 

A obra fala dos muros que pechan fronteiras e camiños, que impiden a liberdade e a felicidade, en ton de comedia para atraer a atención da xente e conseguir a súa reflexión sobre a xustiza, as desigualdades, a fame, a pobreza, o egoísmo e o cinismo dos países ricos.

Os intérpretes son: Antonio Jesús Lorenzo “Cachín”, Alberto Níñez, Pepe Peinó (os tres componentes habituais de Trípode), Salomé Vázquez, Santiago Quirós, Matías Nicieza, Marga Fernández, Pilar Díaz, Mónica Díaz, Leni Níñez, Sergio Rego, Moncho e Rocío Sixto.

O Muro estrearase en Alaxe, no Valadouro, o 23 de novembro.