Ruta

Etiquetas:
20/10/2021

A cuarta andaina deste outono de A Mariña en Ruta discorrerá por A Pontenova o vindeiro sábado, 23 de outubro. 

Para este roteiro aínda queda algunha praza libre, segundo a Mancomunidade de Concellos de A Mariña. Os participantes, a través da Ruta dos Fornos, serán testemuñas da relevancia da minería na Pontenova, que debuxa desde antigo a paisaxe desta terra. As instalacións e estruturas das minas integráronse co paso do tempo no entorno natural do río Eo e son percorridas por esta e por outras 6 rutas que abranguen unha parte importante do municipio. A ruta, que ten unha lonxitude de 5 quilómetros e unha duración de dúas horas, permitiralles aos asistentes achegarse ata os Fornos de Vilaoudriz e de Boulloso, a entrada de Mina Consuelo e o Aula de Pesca da Pontenova. 

O pasado sábado, 16 de outubro, o programa de...

leer más
Etiquetas:
14/10/2021

A asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha ruta ás Lagoas de Cospeito ESTE sábado, 16 de outubro.

A saída será ás 9:30 horas da Estación de Autobuses de Burela e non é preciso anotarse previamente.

A organización informa que a ruta é moi recomendada para nenos, ten unha lonxitude de 10 quilómetros e un nivel de dificultade baixo. Ademais, como está a facer en todas as que organiza este ano, os participantes levarán os seus coches e a súa comida e haberá que respectar en todo momento as normas de seguridade vixentes. 

 

Etiquetas:
12/10/2021

A terceira andaina deste outono de A Mariña en Ruta percorrerá Burela o vindeiro sábado, día 16. 

A ruta polo porto de Burela permitiralles aos asistentes viaxar no tempo ata a orixe prehistórica desta vila, que co paso dos séculos converteuse nun dos principais portos do Cantábrico. A bordo do barco museo Reina del Carmen coñecerán a pesca tradicional do bonito, un dos produtos gastronómicos mellor valorados en Galicia, así como as labores diarias dos mariñeiros durante as costeiras. Oficios como as redeiras e instalacións como os estaleiros e a lonxa son testemuñas vivas do carácter mariñeiro de Burela, un pobo cunha xeografía marcada pola rasa cantábrica e unha paisaxe esculpida con formación xeolóxicas tan singulares como a chamada Igrexa de Coedo. A ruta por Burela será guiada por Lidia de la Fuente. As prazas ofertadas son 25, e...

leer más
Etiquetas:
05/10/2021

Por terras de Trabada discorrerá o vindeiro sábado, 9 de outubro, a segunda andaina de A Mariña en Ruta. A iniciativa está organizada pola Mancomunidade de Concellos, coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo, para axudar á dinamización da comarca no outono. 

Para a ruta do vindeiro sábado as 25 prazas ofertadas están a piques de esgotarse. Unha vez se completen abrirase lista de agarda. Boris Vilar será o guía que acompañe aos asistentes por Trabada, unha viaxe ao pasado. 

Desde a Mancomunidade de Concellos da Mariña fan un balance positivo da primeira ruta deste 2021, que tivo lugar o pasado domingo, xa que se completaron tamén as 25 prazas. A ruta A Berrea, camiñando entre cervos permitiulles aos asistentes coñecer lugares repletos de natureza entre os concellos de Alfoz e Mondoñedo, pola...

leer más
Etiquetas:
25/09/2021

A Asociación Os Sendeiros de Foz organiza a XXXIII Marcha de Montañeiros Veteranos de Galicia que se celebrará o 17 de outubro en Barreiros, despois de ser suspendida a que estaba prevista para setembro.

A saída será ás 9:15 horas de Ferreira e ás 9:30 h. de Foz.

O último día para anotarse é o 14 de outubro e poderase facer nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es. O prezo é 21 euros para os socios federados e inclúe o xantar.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e máscara e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio. 

Colaboran na organización deste evento: Concello de Foz, Deputación de Lugo-Área de Deportes, Deporte Galego Federación Galega de Montañeiros. ...

leer más
Etiquetas:
30/08/2021

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza a XXXIII Marcha Montañeiros Veteranos de Galicia que terá lugar o 12 de setembro por terras de Barreiros.

A saída será ás 9:15 horas de Ferreira e ás 9:30 de Foz. A marcha dará comezo no Círculo Lítico da Roda pasando polo teito de Barreiros, en Penalonga, e rematará en Santo Estebo. 

As persoas interesadas poden anotarse ata o 9 de setembro, nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es. Esta actividade é para federados.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e mascarilla, e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.

O Concello de Foz colabora na organización deste evento.

 

Etiquetas:
10/08/2021

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza outro dos andareiros de verán, este sábado, 14 de agosto, pola Ruta dos Nazarenos na localidade focega.

A saída será, ás 9:00 horas, diante do Concello.

As persoas interesadas en participar poden anotarse antes do venres 13 de agosto, nos teléfonos 606 718 482  e 670 369 017 ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es. Os prezos serán de 3 euros para os socios non federados e 4€ para os socios temporais. A actividade é gratuíta para os socios federados.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade baixo e unha lonxitude de 13´5 quilómetros. Ademais seguiranse os protocolos anticovid non compartindo material e levando mascarilla sempre que non se teña a...

leer más
Etiquetas:
01/08/2021

O próximo martes, 3 de Agosto, o Concello de Xove xunto co C.C.Komando Xoviético organiza, dentro das actividades de verán, unha ruta nocturna en bicicleta. Ademais haberá montado na praza do Concello o novo pump track desmontable con estruturas de madeira. 

As inscricións poden realizarse na OMIX de Xove ata o día 3 a mediodía. 

A partir de 8 anos (si algún pai/nai quere levar un neno/nena de menor idade que o consulte coa organización).

É obrigatorio levar casco e algún tipo de alumeado, para o pump track recoméndase o uso de proteccións. Todo isto estará suxeito ás normas establecidas para o covid19.

 

Etiquetas:
13/07/2021

Desde o Concello sinalan: “comezamos unha nova semana con actividades, nesta ocasión concentradas no mércores 14. Ás 20 horas teremos música rock infantil con Paco Pakolas e Laura Romero co espectáculo Ti debuxas, eu C@nto con Ramona Órbita. Trátase dun espectáculo de animación á lectura subvencionado pola Xunta de Galicia en Ler Conta Moito”. 

E engaden: “e ás 22:30 horas será a ruta nocturna que parte da zona da ponte sobre o río Sor e remata na praia de Xilloi con chocolatada opcional por 2 euros. Unha actividade para toda a familia para as noites de verán. Inscricións no 982 59 01 95 ou no mail omix@concellodovicedo.org”. 

Etiquetas:
05/07/2021

A asociación Os Sendeiros de Foz comeza as súas rutas de verán o vindeiro sábado, 10 de xullo, cun percorrido pola Basílica de San Martiño e as igrexas de Vilaronte e de Foz.
A saída será ás 9:00 horas da praza do Concello de Foz.

As persoas interesadas poden anotarse ata o venres nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou na dirección de correo electrónico ossendeiros@yahoo.es. O prezo para os socios non federados é 3 euros e para os socios temporais 4€. A actividade é gratuíta para os socios federados.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e comunica que a ruta ten un nivel de dificultade baixo. Seguirán manténdose os protocolos anticovid non compartindo o material e levando mascarilla sempre que non se teña o 1´5 m. de distancia de seguridade.

... leer más