Sendeirismo

Etiquetas:
13/05/2016
Amigos de RegalXunqueira organiza un roteiro de Viveiro a Morás, que terá lugar este domingo, 15 de maio.
 
A Asociación Cultural Amigos de RegalXunqueira organiza para este domingo, 15 de maio, un roteiro desde Viveiro a Morás.
 
A saída será ás 9:00 horas do domingo dende a Oficina de Turismo de Viveiro. O percorrido discorrerá por Celeiro, Area, Faro, Xuances, praia de Esteiro, Muiñelo, Vilacha, ruínas da igrexa de San Tirso, Portocelo, Merixe, Arxente e rematará no porto de Morás. Despois dunha comida colectiva a volta ata Viveiro será en tren ás 15:30 horas ou ás 19:00 horas.
 
A actividade é aberta ao público en xeral e non se precisa ser socio.
Etiquetas:
13/05/2016
Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de andainas por Somiedo. Serán o 28 e o 29 de maio.
 
A Asociación Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de andainas en Somiedo como xa fixera o pasado ano aínda que nesta ocasión realizará outro par de rutas diferentes. Será os días 28 e 29 deste mes.
 
O sábado 28 realizará a ruta de La Peral-Villar de Vildas cunha distancia de 13 quilómetros e dificultade media-alta. O domingo 29 a andaina será a ruta de subida ao Monte Rozu cun percorrido de 6 quilómetros e dificultade baixa.
 
Os prezos da actividade é de 80 euros para os socios federados, 85 euros para socios non federados, 95 euros para os non socios que están federados e 100 euros para os non socios non federados. A data límite para anotarse...
leer más
Etiquetas:
08/05/2016
O grupo de sendeirismo da ACD Xove desprazarase o 15 de maio ata a comarca do Deza. Alí visitarán a Fervenza do Toxa, a máis alta de Galicia.
 
O Grupo de Sendeirismo da ACD Xove desprazarase a comarca do Deza o vindeiro 15 de maio. O grupo visitará o Mosteiro de Carboeiro do século X, monumento de estilo románico-gótico, onde comeza a senda natural polo río Deza ata chegar á Fervenza do Toxa. Esta fervenza é a máis alta de Galicia con cerca de setenta metros de altura. A distancia da ruta é de 14 quilómetros e dificultade baixa.
 
O prezo para os socios federados é de 12 euros, 14 euros seguro incluído, 15 euros para os non socios federados e 17 euros para os non socios co seguro incluído. Pode obterse máis información e formalizar as inscricións na piscina municipal de Xove, no correo sendeirismoxove@gmail.com ou no teléfono...
leer más
Etiquetas:
16/04/2016
Pensamento e Sementeira abre as camiñadas polas Terras de Viveiro coa rota dos Muíños do Fontecova. Será o vindeiro 24 de abril.
 
O colectivo Pensamento e Sementeira abre o 24 de abril o programa “Camiñadas polas Terras de Viveiro” coa rota dos muíños do Fontecova.
 
A xornada dará comezo ás 10 da mañá na explanada de Verxeis. As persoas participantes farán o primeiro tramo do paseo fluvial do río Landro. A primeira parada será no muíño das Aceas para deseguido continuar até o Convento de Valdeflores. A rota dos muíños seguindo o regato Fontecova chegará até a capela da Sarna. A volta será por Fontecova até a Ruanova, en Magazos, onde os camiñantes repoñerán forzas cuns petiscos.
 
Para participar nesta actividade, que terá un percorrido aproximado de 9 quilómetros, hai que se...
leer más
Etiquetas:
15/04/2016
Terras de Lourenzá organiza unha ruta polo Morrazo. Será o 23 de abril.
 
A asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta para este mes de abril por Cangas do Morrazo.
 
Esta andaina será pola Ruta do Monte Facho cun percorrido de 12´5 quilómetros e dificultade media. Terá lugar o sábado, día 23 de abril, e a saída de Lourenzá está prevista para as 7:30 horas. O prezo é de 25 euros para os socios e 30 euros para os non socios e inclúe o transporte en autobús e a comida nun restaurante da zona.
 
O prazo para anotarse remata o día 21 de abril e as inscricións poden facerse nos números de teléfono 636 49 64 48 (Fe) ou 669 68 59 02 (Sandra).
Etiquetas:
14/04/2016
A asociación cultural Amigos de Regalxunqueira, de Viveiro, comeza as súas actividades cunha ruta de sendeirismo o 16 de abril.
 
Dende o pasado 20 de xaneiro está legalizada a Asociación Cultural Amigos de Regalxunqueira, que conta con 60 socios e na actualidade está presidida  por María Carmen Blanco Trobo, o secretario é Alfonso Otero Regal e a tesoureira, Montserrat Prieto Pernas. Segundo anunciaron, a asociación “realizará as seguintes actividades: sendeirismo, cinefórum, cursos de gravado, cerámica e pintura, ioga, pilates, reiki, excursións, viaxes organizadas, gastronomía, elaboración de cervexa artesán e de vermú, conferencias encol da sanidade e club de lectura, entre outras”.
 
Como primeira actividade da asociación, no apartado de sendeirismo, este próximo sábado, día 16 de abril, iniciase o percorrido: O Barqueiro – Vegadeo, seguindo a ruta...
leer más
Etiquetas:
07/04/2016
A ACD Xove organiza unha nova ruta para o 24 de abril. Será pola comarca ferrolá a través das Fervenzas do Río Belelle.
 
O Grupo de Sendeirismo da ACD Xove deu comezo a súa tempada de Rutas o pasado día 3. As andainas seguirán a finais do presente mes. 
 
A vindeira ruta será o día 24 de abril pola comarca ferrolán. Será pola ruta de Senda e Fervenzas do río Belelle. A distancia é de 12´5 quilómetros con dificultade baixa. A saída será desde a Igrexa de Santa María de Neda, seguindo a Senda do río Belelle que nace nas Fragas do Eume e chega ao mar na ría de Ferrol. Na ruta atópanse varios muíños restaurados e que fan referencia ao afamado pan de Neda. Caracterízase esta ruta pola espectacularidade das fervenzas e a frondosidade das árbores á ribeira do río.
 
04/04/2016
Pasada das Cabras e Terras de Lourenzá realizarán a cuarta etapa do Camiño Norte entre Lousada e Martiñán este sábado, 9 de abril.
 
Este sábado, día 9 de abril, as asociacións Pasada das Cabras de Burela e Terras de Lourenzá organizan a cuarta etapa do Camiño Norte de Santiago dende Lousada a Martiñán. A etapa ten un percorrido de dezaseis quilómetros.
 
A saída será de Burela ás oito da mañá da Estación de Autobuses. O prezo é de 20 euros para os socios e 25 euros para os que non o son e inclúe autobús, comida e seguro. As persoas que queiran participar deben anotarse en Gráficas Arfe de Burela ou no teléfono 982-580 504 antes do xoves día 7 ás 20:00 horas.
 
Etiquetas:
22/03/2016
Os Sendeiros de Foz organiza unha viaxe a Cudillero o 10 de abril. A inscrición está aberta.
 
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha viaxe á localidade asturiana de Cudillero para o vindeiro 10 de abril.
 
Os asistentes participarán no Encontro Astur-Galaico que se celebra alí en Cudillero. A saída será ás oito da mañá das inmediacións do Concello e o derradeiro día para anotarse é o 30 de marzo. As solicitudes poden facerse no local da asociación ou na dirección de correo electrónico: ossendeiros@yahoo.es. O prezo é de 25 euros para socios e 30 euros para non socios e para máis información se pode chamar aos teléfonos 676-561 594 ou 670-369 017.
 
Recoméndase levar equipo de sendeirismo.
Etiquetas:
21/03/2016
Os Sendeiros de Foz organiza unha viaxe a Las Arribes del Duero, en Salamanca, do 14 ao 18 de maio.
 
A Asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha viaxe á ruta Las Arribes del Duero en Salamanca do 14 ao 17 de maio.
 
Os interesados poderán facer as súas reservas ata o 23 de marzo nos teléfonos 676 561 594 ou 670 369 017, ou no correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
 
A saída está prevista para ás oito da mañá do día 14 das inmediacións do Concello e o prezo para os socios é de 250 euros e 300 euros para os non socios cun suplemento por habitación individual de 90 euros. Recoméndase levar equipo de sendeirismo. A viaxe inclúe un cruceiro fluvial.