Sendeirismo

Etiquetas:
04/08/2016
Pasada das Cabras, de Burela, organiza o 7 de agosto unha ruta da Espiñeira a Cazolga. O percorrido será de 12 quilómetros.
 
A asociación Pasada das Cabras de Burela organiza para este domingo, 7 de agosto, a ruta da Espiñeira a Cazolga. Invitados pola asociación Terras de Lourenzá fan este percorrido de 12 quilómetros e dificultade media-baixa, que permite gozar do curso do río Masma dende a ría ata a contorna da área recreativa da Cazolga.
 
O prezo para os socios é de 10 euros e de 15 euros para os que non o son, inclúe autobús e comida. A saída será ás 9:00 horas da Estación de Autobuses de Burela. 
 
Ao remate da camiñata terá lugar unha churrascada na área recreativa da Cazolga organizada por Terras de Lourenzá, e pola tarde haberá música e xogos.
 
Etiquetas:
21/07/2016
Pasada das Cabras organiza unha ruta nocturna a San Cibrao, que terá lugar este sábado, 23 de xullo. Á chegada haberá chocolate con churros de balde.
 
A Asociación Pasada das Cabras de Burela organiza para o sábado, 23 de xullo, a ruta nocturna a San Cibrao de 9 quilómetros de percorrido e dificultade baixa. 
 
A saída será ás 22:00 horas da praza de A Mariña de Burela. Á chegada a San Cibrao haberá chocolate con churros de balde para os asistentes a esta ruta.
 
Para poder asistir é imprencindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono 982 580 504 antes do xoves día 21.
 
Etiquetas:
19/07/2016
Viaxe a Santalla de Oscos o 23 de xullo organizado pola asociación Barreiros Mar e Monte e polo Concello barreirense.
 
A asociación Barreiros Mar e Monte organiza unha excursión a Santalla de Oscos o vindeiro sábado, 23 de xullo. O prazo para inscribirse remata mañá, mércores, segundo informa a Concellería de Medio Ambiente. 
 
O edil José Manuel Gómez Puente explica que “para este sábado e dentro do programa da excursión a Santalla de Oscos preparamos unha preciosa ruta de sendeirismo, apta para todo o mundo, que discorrerá por un frondoso val cheo de carballos, castaños e unha variada vexetación de ribeira, co agasallo final da vista dunha espectacular cascada ou seimeira”. 
 
O concelleiro de Medio Ambiente sinala que “os que non desexen facer este paseo de 8...
leer más
Etiquetas:
14/07/2016
Sendeiros de Foz realizará la ruta Serra de Buio II el próximo 23 de julio. La inscripción está abierta hasta el día 21.
 
Sendeiros de Foz organiza para el 23 de julio la ruta Serra do Buio II dentro de los Sábados de verán.
 
Los organizadores aseguran que se trata de una ruta bonita y fácil que ofrece unas impresionantes vistas de esta parte de la comarca ya que la altura de la que se parte es de más de 600 metros.
Tendrá un coste de 4 euros para todos los que no estén federados, correspondiente al coste del seguro de accidentes que es obligatorio tener después de la modificación de la ley gallega del deporte.
 
La salida será el sábado, 23 de julio, a las 9:00 horas de delante del Ayuntamiento en bus hasta el punto de partida de la...
leer más
Etiquetas:
07/07/2016
Pasada das Cabras fará o sábado, 9 de xullo, a sétima etapa do Camiño Norte entre Baamonde e Miraz.
 
A asociación Pasada das Cabras de Burela vai facer o vindeiro sábado, 9 de xullo, a sétima etapa do Camiño Norte desde Baamonde ata Miraz.
 
Esta etapa terá unha distancia de 15 quilómetros e a saída será ás 8:00 horas da Estación de Autobuses de Burela. O prezo é de 20 euros para os socios e de 25 euros para os que non o son e inclúe autobús, comida e máis seguro.
 
Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono 982 580 504 antes do xoves, día 7, ás 20:00 horas.
 
Etiquetas:
05/07/2016
Os Sendeiros de Foz comienzan este sábado, 9 de julio, sus rutas del verano por Pico da Lebre.
 
El 9 de julio Os Sendeiros de Foz comienzan sus rutas para este verano. Ese día el recorrido será al Pico da Lebre y como todas las restantes será por la mañana hasta las 13:30 horas aproximadamente. La salida, el 9 de julio, será a las 9 de la mañana desde las inmediaciones del Concello. 
 
Sendeiros de Foz comunica que este año no serán gratis debido a que tendrán que cobrar el coste del seguro de accidentes obligatorio, después de la modificación del pasado mes de diciembre de la ley del deporte gallego, esto no lo tendrán que abonar los que estén en poder de la licencia federativa.
 
Será preciso estar anotado y el plazo finaliza el jueves anterior a...
leer más
Etiquetas:
22/06/2016
O 25 de xuño terá lugar o quinto roteiro de Amigos de RegalXunqueira. Será entre Burela e Foz.
 
O sábado, 25 de xuño, terá lugar o quinto roteiro de Amigos de Regalxunqueira entre Burela e Foz.
 
A saída desde a estación de autobuses de Viveiro está prevista para ás 9:00 horas . Xa en Burela comezará a camiñata ata a Areoura pasando por O Cantiño, a Granda de Canel, Ponte da Salgueiriña, Cangas, Igrexa de Nois, Porto, Escaleiriña, Praia de Arealonga, Castro de Fazouro e Fazouro. 
 
Despois os participantes cruzarán o río Ouro pola Ponte de Ferro, seguirán por Forxán ata as praias de Peizás e Llas para rematar en Foz. O percorrido é de case 16 quilómetros e non fai falla ser socio para acudir.
 
Etiquetas:
21/06/2016
Pasada das Cabras celebrará o día do socio este sábado, 25 de xuño, cunha subida ao Monte Castelo.
 
O vindeiro sábado, día 25,  a Asociación Pasada das Cabras de Burela vai celebrar o día do socio facendo a ruta de subida ó Monte Castelo. A saída será ás 10 da mañá da Praza da Mariña e o chegar o Monte Castelo faráse unha comida de confraterrnidade na explanada totalmente gratuita para os asistentes que fagan a ruta.
 
Para asistir á comida é imprescindible recoller o ticket en Gráficas Arfe antes do xoves día 23
 
Etiquetas:
08/06/2016
Amigos de RegalXunqueira realizará un roteiro entre Lago e Burela este sábado, 11 de xuño. A actividade é pública.
 
A asociación cultural Amigos de Regalxunqueira organiza para o 11 de xuño o carto roteiro entre Lago e Burela.
 
Este roteiro partirá da estación de FEVE de Viveiro ás 10:00 da mañá con dirección a Lago e dende alí os participantes cubrirán a pé a ruta entre Lago e Burela. Os lugares polos que discorre este carto roteiro son Vilar, Alcoa, Lieiro, San Ciprián, A Veiga, Pazo dos Pedrosa, Fontao Rueta, A Marosa, Cabo Burela, Ensenada do Portelo, Porto e Burela. Haberá unha comida colectiva na que cada un pagará o seu. A volta en tren ata Viveiro será ás 7:00 horas.
 
Esta actividade é pública e non se precisa ser socio para participar nela.
07/06/2016
Pasada das Cabras e Terras de Lourenzá farán a sexta etapa do Camiño Norte o 11 de xuño. Trátase do treito comprendido entre Vilalba e Baamonde.
 
A asociación Pasada das Cabras de Burela e Terras de Lourenzá organizan a sexta etapa do Camiño Norte, que terá lugar este sábado 11 de xuño.
 
O itinerario de 16 quilómetros cubre o percorrido entre Vilalba e Baamonde. A saída será as oito da mañá da Estación de Autobuses de Burela. O prezo é de 20 euros para os socios e de 25 euros para os que non o son, inclúe autobús, comida e seguro. Para participar hai que anotarse en Gráficas Arfe ou no número de teléfono 982 580 504 antes do xoves día 9 de xuño ás 20:00 horas.