Sendeirismo

Etiquetas:
07/11/2016
A ACD Xove despide a tempada de sendeirismo 2016 cunha ruta pola ría de Ortigueira-Ladrido o 13 de novembro. A inscrición está aberta.
 
O Grupo de Sendeirismo da ACD Xove organiza unha ruta pola ría de Ortigueira-Ladrido para o 13 de novembro.
 
Esta é a ultima ruta da tempada 2016 e percorrerá a senda litoral da ría de Ortigueira cun total de 13 quilómetros e dificultade baixa. A saída e chegada á vila de Ortigueira pasando pola Lagoa de San Martiño, a praia de Morouzos, a carón da illa de San Vicente, e a ría de Ladrido. A ría de Ortigueira está considerada unha das máis importantes de España pola súa biodiversidade natural, dentro da Red Natura 2000 e zona ZEPA (protección de aves).
 
Ao final da ruta os participantes despedirán a tempada cunha comida. Os interesados poden pedir información ou inscribirse na Piscina Municipal de Xove ou no número de teléfono 618 97 61 59...
leer más
Etiquetas:
21/10/2016
Amigos de RegalXunqueira organiza unha ruta entre Foz e Reinante o 22 de outubro. Non é preciso ser socio para participar na actividade.
 
Os Amigos de RegalXunqueira organiza para o 22 de outubro uha ruta entre Foz e Reinante. A saída será ás 10:00 horas da estación de tren de Viveiro e ás 11:00 horas desde a estación de tren de Foz partirá a andaina ata o apeadeiro da estación de tren de Reinante.
 
A ruta discorrerá por Mañente, a Espiñeira, cruzará o río Masma e continuará polas praias da costa de Barreiros, praia de Altar, San Bartolo, Acantilado-Remior, Coto, Fontela-Balea, Lóngara, A Pasada e Arealonga. O percorrido de 16 quilómetros é chan. A volta a Viveiro será no tren das 19:00 horas.
 
A organización anuncia que non é preciso ser socio para participar nesta actividade e aconsella levar comida e bebida.
 
Etiquetas:
17/10/2016
Terras de Lourenzá organiza unha ruta polo Azúmara. Será o 23 de outubro. O prazo para anotarse está aberto.
 
A asociación de sendeirismo Terras de Lourenzá organiza a ruta do mes de outubro polo Azúmara o domingo 23.
 
Un percorrido de 9 quilómetros e dificultade baixa que dará comezo no Castro de Viladonga onde os participantes antes de comezar a camiñar poderán gozar dun dos tesouros arqueolóxicos da provincia, o conxunto formado polo xacemento do Castro e o Museo. Unha vez rematada a visita disporanse a facer a ruta que irá dende o castro ata Castro de Rei, onde xantarán nun restaurante da localidade.
 
A saída para esta andaina o 23 de outubro será desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá ás 9:30 horas. O prezo é de 20 euros para socios e de 25 euros para non socios, inclúe o transporte en autobús e a comida. O prazo para anotarse remata o xoves...
leer más
Etiquetas:
17/10/2016
A ACD Xove organiza unha ruta pola Fragavella, na Serra do Xistral, o 23 de outubro. A inscrición está aberta.
 
O grupo de sendeirismo da ACD Xove organiza unha ruta para o domingo 23 de outubro, pola Fragavella (Serra do Xistral-Concellos de Mondoñedo e Abadín).
 
Esta ruta polos montes da Fragavella está a 15 quilómetros da cidade de Mondoñedo e colle os concellos de Mondoñedo e Abadín. Nela atópase unha gran diversidade de flora e fauna autóctona que no outono é moi visitada pois toda ela produce unha gran variedade e cantidade de cogumelos. De feito o empresario de orixe xaponés Katuza Kimura elexíu no ano 1985 este lugar para o cultivo de setas orientais a nivel industrial. Pero a principios dos anos 90 abandonou a súa explotación por problemas co subministro eléctrico na zona. Tamén existe na Fragavella unha finca propiedade da Xunta de Galicia, destinada á cría de cervos e vacas de raza...
leer más
Etiquetas:
11/10/2016
Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta polo Camiño Ferradal ou da Caleira, en Quiroga, o 23 de outubro.
 
A asociación Sendeiros de Foz organiza unha ruta para o día 23 de outubro polo Camiño Ferradal ou da Caleira en Quiroga.
 
A saída será ás 7:30 horas das inmediacións do Concello e o prezo para os socios federados é de 25 euros, para os socios non federados 29 euros, para os non socios federados 30 euros e para os non socios non federados 34 euros. Vai incluída a comida e o seguro de accidentes. É obrigatorio anotarse e o prazo remata o 19 de outubro. As inscricións poden facerse nos números de teléfono 670 369 017 e 676 561 594.
 
Recoméndase levar equipo de sendeirismo e a dificultade da ruta é media. Colabora con esta iniciativa o Concello de Foz.
 
Etiquetas:
09/10/2016
Sendeiros de Foz organiza unha charla sobre sendeirismo e relevo xeracional. Será o 25 de outubro na Casa da Cultura.
 
A asociación Sendeiros de Foz organiza o 25 de outubro, unha charla baixo o título Sendeirismo e relevo xeracional que ofrecerá o presentador do programa Mochileros da Televisión de Asturias, Camilo Sousa “el Mochilero”.
 
Nesta charla falarase do sendeirismo e o problema da falla de xente nova nos grupos de montaña.
 
É un acto enmarcado no programa de celebración do vinte aniversario dos Sendeiros. A charla terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura de Foz ás 19:30 horas.
 
03/10/2016
Pasada das Cabras, de Burela, e Terras de Lourenzá realizarán o 8 de outubro a 10ª etapa do Camiño Norte, entre O Castro e Arzúa.
 
As asociacións Pasada das Cabras de Burela e Terras de Lourenzá organizan para o vindeiro sábado, 8 de outubro, a 10ª etapa do Camiño Norte de Santiago dende O Castro a Arzúa cun percorrido de 17 quilómetros.
 
A saída será ás 8:00 horas da Estación de Autobuses de Burela e o prezo é de 20 euros para os socios e de 25 euros para os que non o son, inclúe autobús, comida e seguro.
 
Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou no número de teléfono 982 580 504 antes do xoves 6 ás 20:00 horas. 
 
Etiquetas:
30/09/2016
Amigos de RegalXunqueira realizará este sábado, 1 de outubro, o roteiro entre Burela e Foz. Son 16 quilómetros de percorrido.
 
A asociación cultural Amigos de RegalXunqueira organiza para o sábado 1 de outubro o roteiro Burela-Foz.
 
Este quinto roteiro sairá ás 9:00 horas da Estación de Autobuses de Viveiro onde os participantes desprazaranse en autobús ata Burela e alí comezará a andaina ata a Areoura. Os asistentes pasarán por O Cantiño, a Granda de Canel, Ponte da Salgueiriña, Cangas, Igrexa, San Pedro, cruzarán a río Ouro pola Ponte de Ferro, Forxán e ata as praias de Peizás, Llás e Foz.
 
O regreso será en ferrocarril e haberá que levar o almorzo. O percorrido ten case 16 quilómetros e non fai falla ser socio para participar.
 
Etiquetas:
22/09/2016
O 24 de setembro celebrarase o X Encontro de Sendeirismo Río Ouro e Praias de Foz. Está organizado polos Sendeiros de Foz e conta coa colaboración do Concello.
 
O X Encontro de Sendeirismo Río Ouro e Praias de Foz terá lugar este sábado, 24 de setembro. O evento foi presentado polo alcalde, Javier Jorge Castiñeira, e por membros da directiva da asociación Os Sendeiros de Foz. 
 
O rexedor dixo que “o próximo sábado a partir das nove e media da mañá e con concentración inicial e punto de saída na praza Conde de Fontao, na zona portuaria de Foz, dará inicio a décima marcha sendeirista organizada polos Sendeiros de Foz, que discorrerá pola ruta Río Ouro e Praias de Foz”.
 
Castiñeira sinalou que “como todos os anos estamos a falar dun clásico do mes de setembro, onde se xuntan arredor de 400 sendeiristas de Galicia e de Asturias nunha xornada estupenda e a través dunha ruta que gusta moito á xente”....
leer más
Etiquetas:
16/09/2016
La asociación Salto do Coro, de Mondoñedo, organiza una excursión para hacer una ruta en Taramundi el 1 de octubre.
 
La asociación Salto do Coro, de Mondoñedo, organiza una excursión para hacer una ruta en el municipio asturiano de Taramundi. Será el día 1 de octubre, sábado.
 
La salida está prevista para las 8 y media de la mañana desde las inmediaciones de la catedral de Mondoñedo y el precio, que es de 20 euros, incluye el desplazamiento en autobús hasta Taramundi y la comida. La inscripción está abierta hasta el 28 de septiembre, miércoles. Para obtener más información e inscribirse los interesados deben llamar al teléfono 690.147.151.
 
En Taramundi los participantes realizarán una ruta circular que comienza y termina en Teixo y paso por Santamarina, Almallos,...
leer más