Sendeirismo

Etiquetas:
13/10/2017

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza os días 27, 28 e 29 de outubro un fin de semana de sendeirismo con dúas camiñatas polas terras asturianas de Somiedo.

A saída está prevista para o venres, día 27, ás 19:30 horas dende o Cantón de Vilanova. O sábado 28 realizarase a ruta Foces e Brañas de Saliencia dunha lonxitude de 15 quilómetros e dificultade media-alta. Para as persoas que o desexen existe a posibilidade de reducir esta camiñata e facer unha variante denominada Ruta Brañas de Saliencia de 7,5 quilómetros e dificultade media-baixa. A comida será durante o desenrolo da propia ruta e unha vez rematada o punto de destino será Valle de Lago onde será a cea, o aloxamento e a comida do domingo.

O domingo 29 a camiñata escollida é a Ruta Braña de Sobrepena cun percorrido duns 9 quilómetros e...

leer más
Etiquetas:
31/08/2017

A asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras de Burela organiza o 9 de setembro a novena etapa do Camiño do Cantábrico, que vai da praia de Covas á praia de San Román cun percorrido de 10 quilómetros.

A saída será ás 9:30 horas da Estación de Autobuses de Burela, e o prezo para os socios é 20 euros e para os non socios 25€ (inclúe autobús, comida e seguro).

Para participar é imprescindible anotarse e debe facerse en Gráficas Arfe ou no teléfono 982 580 504, antes do xoves 7 de setembro ás 20:00  horas. 

 

Etiquetas:
28/08/2017

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza un andareiro para o día 10 de setembro a Pontedeva en Ourense, onde terá lugar a XXIX Marcha Galega de Montañeiros Veteranos.

A saída será ás 5:50 horas do Concello. Os prezos son 34 euros para os socios federados, 39 € para os socios non federados, e 44 euros para os non socios non federados. O xantar está incluído e o ingreso debe facerse en conta bancaria.

Para participar é obrigatorio anotarse e o prazo de inscrición remata o mércores 6 de setembro. Pode facerse nos números de teléfono 676 561 594 e 670 369 17, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es.

Os organizadores recomendan levar equipo de sendeirismo e informan de que a ruta ten unha dificultade media.

 

Etiquetas:
17/08/2017

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza a última saída dos Sábados de Verán, o 19 de agosto.

A ruta programada para esa xornada discorrerá por Penabor e ten unha dificultade media. A saída será ás 9:00 horas do Concello.

O prezo é 2 euros para as persoas non federadas, seguro de accidentes obrigatorio. Para participar hai que anotarse e pode facerse nos números de teléfono 676 561 594 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es O prazo de inscrición remata o xoves 17.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e auga e comida para o camiño.

Etiquetas:
11/08/2017

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza a oitava marcha nocturna polo paseo de Malates o vindeiro luns, 14 de agosto.

A saída será as 22:30 horas da praza Conde Fontao e ao remate haberá gran chocolatada e biscoitos gratis.

O prezo é 2 euros para as persoas non federadas, seguro de accidentes obrigatorio. As inscricións poden facerse nos números de teléfono 676 561 594 e 670 369 017, ata o sábado 12 de agosto. A organización lembra que é preciso levar lanterna ou farol.

 

Etiquetas:
08/08/2017

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza para o sábado, 12 de agosto, un novo andareiro do verán.

A ruta será á Frouxeira cunha dificultade media. A saída terá lugar ás 9:00 horas do Concello en bus ata o punto de partida.

O prezo é 2 euros para os non federados, seguro de accidentes obrigatorio. Os interesados poden anotarse nos números de teléfono 676 561 594 e 670 369 017, e no e-mail ossendeiros@yahoo.es. O prazo para inscribirse remata o xoves 10.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo, comida para o camiño e auga.

 

Etiquetas:
25/07/2017

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza o 29 de xullo o segundo andareiro do verán, no que os asistentes percorrerán a Fragavella.

Esta paraxe atópase nun bosque de pinos e acivros onde hai cabalos, vacas e unha colonia de buitres.

A saída o sábado será ás 9:00 horas do Concello.

O último día para anotarse é o xoves, 27 de xullo, e as persoas que queiran participar poden inscribirse nos números de teléfono 676 561 594 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es. O prezo é 4 euros para os non federados (seguro accidentes obrigatorio).

A dificultade da ruta é de nivel medio e a organización recomenda levar equipo de sendeirismo, e auga e comida para o camiño.

 

Etiquetas:
18/07/2017

A asociación Sendeiros de Foz comeza os andareiros de verán este sábado, 22 de xullo.

A primeira ruta percorrerá Foz, e a saída será ás 9:00 horas do Concello.

Para participar é preciso anotarse. Pode facerse as inscricións nos teléfonos 676 561 594 ou 670 369 017, e no e-mail ossendeiros@yahoo.es, ata o xoves 20 de xullo. O prezo é 4 euros para os non federados, seguro de accidentes obrigatorio.

O nivel de dificultade da ruta é medio, e a organización recomenda levar equipo de sendeirismo e auga e comida para o camiño.

Colabora na organización desta actividade o Concello de Foz.

 

Etiquetas:
15/06/2017

A asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras de Burela organiza o sábado, 17 de xuño, o Día do Socio facendo a subida ao Monte Castelo.

A ruta, de 10 quilómetros de percorrido, ten unha dificultade media. A saída está prevista para as 10:00 horas da Praza da Mariña.

No Monte Castelo haberá unha comida de confraternidade na explanada servida por un cátering totalmente gratuíta para todos os asistentes que fagan a ruta.

Para poder asistir á comida é imprescindible recoller o tícket en Gráficas Arfe antes do xoves, día 15.

 

Etiquetas:
08/06/2017

O colectivo Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta pola costa naviega o 18 de xuño. A saída está prevista para ás 8:15 horas do Concello.

O prezo para os socios federados é 15 euros, para os socios non federados 20€ e para os non socios 25 euros, incluído o xantar. O ingreso debe facerse en conta bancaria e o prazo para anotarse remata o mércores 14 de xuño.

As persoas interesadas poden inscribirse nos números de teléfono 676 561 594 ou 670 369 017, e no e-mail ossendeiros@yahoo.es.

Os organizadores recomendan levar equipo de sendeirismo e informan de que o tramo ten unha dificultade de tipo medio.