Teatro

Etiquetas:
28/01/2016
O 30 de xaneiro da comezo en Mondoñedo o ciclo de teatro dedicado á figura de Manuela Rei. Haberá funcións os últimos sábados de cada mes e a entrada será de balde.
 
O Goberno local do Concello de Mondoñedo dá comezo este sábado 30 de xaneiro ao  ciclo de teatrodedicado á figura da actriz Manuela Rei. Os últimos sábados de cada mes de 2016 haberá unha función artística, cuxa entrada será gratuíta,ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Pascual Veiga.
A obra deste sábado 30 de xaneiro, ás 20:30 horas no Auditorio Pascual veiga, correrá a cargo da Compañía de Teatro "Os Axouxeres" de Vilaronte, que representarán a peza baixo o título de "As farturas do Servando" de Tito Casado.
“Con esta serie de actividades culturais o Concello pretende por en valor a figura desta mindoniense ilustre que apostou polo teatro, e promocionar así unha persoaxe mindoniense menos coñecida”, explicou o concelleiro de...
leer más
Etiquetas:
26/01/2016
Os musicais: "El Mago de Oz" e "El libro de la selva", o concerto de María do Ceo e unha obra de teatro con David Amor, propostas da Concellería de Cultura de Burela para os vindeiros meses.
 
A Concellería de Cultura seguirá a apostar no primeiro trimestre deste 2016 polo cine os domingos e polo teatro afeccionado. José Díaz destaca como pratos fortes o concerto de María do Ceo do 14 de febreiro, un par de musicais (un en febreiro e outro en marzo): Mago de Oz e El libro de la Selva e tamén a presenza de David Amor coa obra Amigos ata a morte o 4 de marzo.
O edil socialista dixo: “seguimos apostando por el cine de los domingos, que está teniendo mucho éxito, y también por el teatro aficionado, para lo que seguiremos contando con grupos de A Mariña sobre todo las noches de los viernes. También habrá programación para los niños durante varios sábados, con magia, títeres y teatro infantil. Quiero destacar también la actuación de María do Ceo, que será el 14 de...
leer más
Etiquetas:
24/01/2016
O Entroido, o teatro e o día de Rosalía son algunhas das propostas das Concellaría de Cultura de Ribadeo para o primeiro trimestre de 2016.
 
O Entroido, o teatro e o día dedicado a Rosalía de Castro centran a programación cultural do Concello ribadense para o primeiro trimestre do ano, que tamén inclúe un concerto do cantautor Álex Ubago o 19 de marzo. A axenda foi presentada este mediodía polo concelleiro de Cultura, Farruco Graña, e polo técnico deste departamento, David Díaz. 
 
Graña referiuse ás actividades xa realizadas en xaneiro, como o concerto didáctico de Odaiko ou ás dúas exposicións que se poden ver estes días en Ribadeo e tamén á axenda prevista para os vindeiros días, onde destacou a celebración do Entroido “que este ano vén cedo e xa nos estamos preparando para el. A comisión organizadora está xa a pleno rendemento e imos poder gozar dos freixós a partir...
leer más
21/01/2016
O Teatro, en Ribadeo, acollerá este sábado, 23 de xaneiro, a representación de "O de menos é o nome", a cargo da agrupación teatral Mariñán, de Betanzos.
 
Será ás 20:30 horas no Cine Teatro. E o prezo da entrada será de 3 euros. 
 
A obra de teatro de Mariñán, de Betanzos, poderase ver en Ribadeo esta fin de semana. “A peza vai de dous cuñados, de Gustavo Adolfo Bécquer, do Bolero de Ravel, dun corte de pelo, das chaves do trasteiro, duns coreanos, dunha piscina en Cuenca, dun embarazo desexado con estrés prenatal, de complexas relacións de familia arredor un bufé marroquí. En definitiva, do que ocorre cando nos poñemos a falar e sacamos todo o que levamos agochado dentro”, sinalan dende a propia formación. 
 
Etiquetas:
20/01/2016
Ollomao pon en marcha o 23 de xaneiro "A Lanterna Máxica", un obradoiro de literatura, teatro e cinema para nenas e nenos. Será en Celeiro de Mariñaos, en Barreiros.
 
Este sábado, 23 de xaneiro, ás 16:00h. en Celeiro de Mariñaos haberá unha presentación da actividade. Posteriormente as nenas e nenos que o desexen poderán quedar a unha primeira sesión de portas abertas para coñecer o obradoiro.
Rubén Pérez e Brian Rodríguez, con experiencia e formación nos campos da interpretación e o audiovisual, son os coordinadores do proxecto “A Lanterna Máxica”, unha actividade que combina as vontades da literatura, o teatro e o cinema para ser ofrecida como alternativa de ocio e cultura, e que chega a Barreiros da man do Colectivo Cultural Ollomao.
Esta actividade deseñada nesta ocasión para a participación de público infantil, preferentemente de entre 6 e 12 anos, está pensada para que as nenas e nenos por...
leer más
Etiquetas:
20/01/2016
El próximo 30 de enero da comienzo la programación cultural de este año en el teatro Pastor Díaz, en Viveiro.
 
Pata Teatro representará “El árbol de mi vida”. Será el 30 de enero a las 18.00 horas en el teatro Pastor Díaz. Se trata de una comedia destinada al público infantil, a niños y niñas con edades comprendidas entre los 6 y los 12 años.  
“El árbol de mi vida”, ganadora de un premio FETEN 2015, narra en tono de comedia, la vida de un matrimonio, ÉL y ELLA, que comparten su existencia juntos. Al llegar a la vejez, a ELLA le gusta sentarse bajo el Árbol donde han vivido tantos momentos felices, para recordar su historia.
Este espectáculo habla en tono amable, positivo, cariñoso y divertido de los recuerdos que vamos guardando de las personas con las que crecemos. De todo lo que vivimos con ellos. Estos recuerdos son los que hacen que una...
leer más
19/01/2016
Este domingo, 24 de xaneiro, haberá teatro en Barreiros. A Rabela, de Baralla, porá en escena "Balbina a adiviña".
 
Este domingo, 24 de xaneiro, haberá teatro no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. Ás 18 horas o grupo A Rabela, de Baralla, porá en escena a obra “Balbina a adiviña”. 
A cita está organizada pola Concellería de Cultura e pola Oficina de Información Xuvenil. 
 
Etiquetas:
14/01/2016
O ciclo de teatro nas parroquias, organizado polo Concello de Foz, chega en xaneiro a San Martiño e a Fazouro. E o 23 será a coronación da raíña do Entroido.
 
O ciclo de teatro nas parroquias organizado polo Concello de Foz reanúdase este sábado cunha representación en San Martiño e o día 24 deste mes, domingo, haberá outra en Fazouro. Anunciouno hoxe a concelleira de Cultura, Silvia Blach Cuesta.
A edil deu a coñecer que “este sábado, día 16, ás oito e media da tarde en San Martiño, concretamente no local social de Ferreira a Vella, seguimos co terceiro ciclo de teatro nas parroquias. Esta vez tócalle á agrupación Pico do Castro, de Foz, que vai representar a obra De vello gaiteiro. A entrada é de balde, pero agradécese sempre a axuda para o banco de alimentos do concello, polo que teremos alí un lugar de recollida”.
Silvia Blach engadiu que “o sábado 23 comezamos cos actos programados...
leer más
Etiquetas:
10/01/2016
O Concello de Mondoñedo dedicará un ciclo de teatro á figura de Manuela Rei. Os últimos sábados de mes haberá función e no verán intentarase que a actividade se traslade á rúa.
 
O Goberno local do Concello de Mondoñedo dedicará un ciclo de teatro neste ano 2016 á figura da actriz Manuela Rei. Os últimos sábados de mes haberá función ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Pascual Veiga. A alcaldesa, a popular Elena Candia, sinala que no verán se intentará que a actividade teatral se desenvolva na rúa. 
No marco deste recoñecemento, que se inscribe na programación de dinamización cultural do novo equipo de Goberno, o cronista oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa, presentará o 2 de abril unha revista oral dentro do proxecto Profalías na Casa da Xuventude. Esta iniciativa está coordinada por Antonio Reigosa desde a sección de Literatura oral da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) e recollerá información sobre a figura da...
leer más
Etiquetas:
31/12/2015
O Auditorio Municipal de Ribadeo acollerá o 4 de xaneiro unha versión modernizada do clásico "Os tres porquiños". Combina teatro, música e coreografías.
 
O Auditorio Municipal de Ribadeo acolle o vindeiro luns, 4 de xaneiro, o espectáculo Os tres porquiños, da compañía Educa Teatro, que mestura o conto tradicional con pezas musicais e coreografías. A cita é as 17:30 horas.
A peza tratar a achegarse á vida dos tres porquiños e o lobo feroz nos nosos días e pregúntase se poderían atopar un lugar seguro e limpo, lonxe das grandes fábricas, no que poder construír as súas casas. A fábula orixinal  modernizada e adaptada aos tempos que corren intenta transmitir aos máis pequenos os valores de respecto e protección da natureza, a solidariedade ou o esforzo. A técnica dramática empregada para a obra é a dos corpóreos, personaxes a tamaño real que recrean á a imaxe humanizada dos tres porquiños e mailo lobo feroz. Ademais, para...
leer más