Rutas

Etiquetas:
13/10/2026

O Valadouro e Lourenzá acollerán a vindeira fin de semana as actividades enmarcadas nos Plans con corazón, iniciativa da Mancomunidade da Mariña, baixo os títulos A fraga das Lerias, un refuxio natural na serra do Xistral (o sábado 17 de outubro - O Valadouro) e Historias que se cultivan (o domingo 18 de outubro - Lourenzá).

A Mancomunidade da Mariña destaca que “son, sen dúbida, unha oportunidade única para coñecer algúns dos espazos naturais máis significativos destes concellos, ademais doutros dos seus atractivos patrimoniais e gastronómicos”, e explica que “quedan as últimas prazas libres para a actividade do sábado do Valadouro, polo que todas as persoas interesadas deben formalizar a inscrición o antes posible a través do enlace:...

leer más
02/10/2026

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o experto en turismo e creador de contido, Guido Álvarez Parga (Guido Guía), presentaron na sala de xuntas do Pazo de San Marcos unha campaña audiovisual que achegará ás redes sociais o programa da institución provincial Coñece a túa provincia.

A Deputación explica que “esta iniciativa, amosará, por unha banda, os principais atractivos turísticos dos 67 concellos, e por outra, dará a coñecer esta programación gratuíta da institución provincial que xa vai pola sexta edición. A campaña inclúe unha serie de vídeos nos que o espectador poderá coñecer os recursos paisaxísticos, patrimoniais, culturais e gastronómicos da provincia, ademais de achegar curiosidades e aspectos menos coñecidos do territorio. Desde a Mariña ata a Montaña, desde a Ribeira Sacra ata a Terra Cha, serán...

leer más
11/09/2026

A asociación Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de sendeirismo nos Ancares desde o venres 25 ata o domingo 27 de setembro.

A saída será o venres ás 17:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do martes 22 de setembro a través do teléfono 647.06.70.54 (Javier). O prezo é de 135 euros para os socios do colectivo organizador e de 145 euros para os que non o son. O réxime de aloxamento é de media pensión e inclúese tamén o xantar do domingo. As prazas son limitadas (por orde de inscrición).

10/09/2026

A Mariña prepárase para acoller a sétima edición do programa de actividades Plans con corazón, unha iniciativa para dar a coñecer entre a poboación, tanto autóctona como visitante, a riqueza dos 16 concellos que compoñen o xeodestino. Trátase de 16 plans que se desenvolverán do 26 de setembro ao 14 de novembro nos concellos mariñáns da man de guías locais, expertos coñecedores do territorio, que liderarán unha variada proposta de rutas e visitas guiadas.

A Mancomunidade de Concellos da Mariña promove este programa de actividades no marco dos convenios de colaboración anuais coa Axencia de Turismo de Galicia e coa Deputación de Lugo, co obxectivo de ofrecer actividades de lecer singulares que poñan en valor o territorio, permitan á poboación coñecer e gozar do territorio e contribúan á desestacionalización do turismo neste destino...

leer más
Etiquetas:
26/06/2026

O Concello de Burela pon en marcha unha nova edición de Burela de Ruta, o programa municipal de actividades turísticas que permitirá coñecer durante os meses de xullo, agosto e setembro algúns dos principais recursos patrimoniais, culturais, naturais e vinculados ao mar do municipio.

A programación deste ano incorpora como principal novidade as visitas guiadas ao Molde do Faro, unha estrutura metálica empregada na reconstrución do faro de Burela en 2014 e situada actualmente nas inmediacións da praia da Marosa. No seu interior pode contemplarse unha obra do artista David Catá. As visitas ao Molde do Faro desenvolveranse todos os martes ás 16.30 horas, terán unha duración aproximada de media hora e serán gratuítas. Debido á limitación de prazas, será necesario realizar unha reserva previa a través da páxina web reservasmoldedofaro....

leer más
02/02/2026

A Deputación de Lugo activa este mércores, 4 de febreiro, o sistema de reservas para solicitar praza nas rutas fluviais pola Ribeira Sacra, que comezarán a nova temporada o día 19 de marzo e prolongarase ata a ponte de decembro mantendo os dous percorridos habituais polo Canón do Sil e polo Cabo do Mundo.

As persoas interesadas en realizar estas viaxes poderán adquirir os seus billetes exclusivamente a través da páxina web reservas.rutasembalses.es, unha plataforma dispoñible as 24 horas do día que permite consultar en tempo real horarios, tarifas, dispoñibilidade de prazas e información práctica para planificar a experiencia. A través deste portal tamén se poden modificar ou cancelar reservas. Non se admiten reservas por teléfono nin por correo electrónico.

... leer más
18/10/2025

A asociación Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de sendeirismo no Bierzo (León) os días 25 e 25 de outubro. O sábado farán a ruta Senda de Peñalba, que ten unha distancia de 14 quilómetros e é de dificultade baixa. E o domingo percorrerán a ruta de Hayedo de Busmayor, cunha distancia de 9 quilómetros e dificultade baixa.

A saída será o sábado ás 06:30 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do mércores 22 de outubro chamando aos teléfonos 658.09.71.33 ou 619.75.17.04. O prezo é de 120 euros para as persoas asociadas ao colectivo organizador e de 130 euros para as que non o son. As prazas son limitadas e o prezo inclúe desprazamento ida e volta, xantar de mediodía do sábado e o domingo, cea do sábado, pernoita da noite do sábado e almorzo do domingo (no mesmo lugar que se...

leer más
18/09/2025

A asociación Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de sendeirismo en Somiedo (Asturias) desde o venres 26 ata o domingo 28 de setembro.

A saída será o venres ás 18:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do luns 22 de setembro, chamando ao teléfono 647.06.70.54 (Javier). O prezo é de 145 euros para os socios do colectivo organizador e de 155 euros para os que non o son. O réxime de aloxamento é de media pensión e as prazas son limitadas (por orde de inscrición).

Etiquetas:
20/08/2025

O Concello de Burela está a desenvolver rutas gratuítas en kaiak “para que veciñanza e visitantes vivan o mar de preto e de xeito seguro”. As seguintes xornadas desta actividade serán os domingos 24 e 31 de agosto de 16:00 a 19:00 horas na praia do Portelo.

Os kaiaks sitúanse na area da praia, nun espazo delimitado, e o seu uso é rotatorio baixo a supervisión de monitores titulados. Cada sesión terá unha duración de tres horas.

Etiquetas:
04/07/2025

O Concello de Burela reforza a súa oferta turística para este verán cunha programación centrada na cultura mariñeira e nos recursos naturais do municipio. As rutas turísticas, xa activas, ofrecen diferentes opcións para coñecer o territorio desde perspectivas diversas, sempre co mar como fío condutor e sinal de identidade.

Entre as propostas destacan as rutas xa consolidadas, como a Xeolóxica, que permite descubrir a riqueza xeolóxica da contorna; a Mariñeira, centrada na historia e nas tradicións vencelladas ao mar; e a do Peixe, que inclúe a visita á lonxa e a posibilidade de presenciar en directo a poxa e venda do pescado, explica o concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, que a destaca como “un elemento diferencial con respecto ao resto de experiencias”.

O Concello de Burela engade que “como novidade este ano...

leer más