Magosto
Na escola da parroquia de Xudán, do municipio de A Pontenova, celebrarase un magosto este sábado, día 14 de novembro, desde as 21:30 horas.
Está organizado pola Asociación de Veciños de Xudán, que anuncia que haberá “bingo e moitos regalos; castañas, música, baile e moito máis”.
Para participar hai que apuntarse previamente, o aforo é limitado e o prazo remata este mércores, 11 de novembro.
Saldoira, no municipio da Pontenova, celebrará un magosto este sábado, día 14 de novembro, desde as 14:00 horas. Haberá comida, baile e queimada popular.
Para participar hai que anotarse previamente e o prazo remata este mércores, 11 de novembro.
A parroquia ribadense de Vilaframil celebrará a súa terceira Festa do Magosto este domingo, día 15 de novembro.
Está organizada pola Asociación Veciñal de Vilaframil e será na escola da parroquia a partir das 17 horas. Estará amenizada polos grupos Ecos del Ayer e Cotovía Cantos de Taberna.
A merenda será de balde para os socios do colectivo organizador e os que non o son deberán pagar 5 euros.
A parroquia do Carmen, en Mondoñedo, celebra un magosto este sábado, día 14 de novembro, desde as 20:30 horas.
Será na Escola do Carmen é haberá castañas, chourizos, torrezmos e unha actuación musical.
O prezo para as persoas socias do colectivo organizador do evento é de 10 euros e as que non o son deberán pagar 15 euros.
Ribadeo celebrará o vindeiro sábado, 14 de novembro, un magosto de Preto de Ti cunha xornada de convivencia, música e tradición aberta a toda a veciñanza.
A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, explicou que “esta cita denomínase Un magosto Preto de ti e con sabor a Fraternidad, unha iniciativa que busca promover a convivencia, a inclusión e a participación social das persoas maiores e da veciñanza das parroquias. A xornada desenvolverase na Praza de Abastos, de Ribadeo, e contará coa colaboración da Asociación Fraternidad, nunha celebración que combinará tradición, música, xogos populares, inclusión e solidariedade”.
O programa dará comezo ás 16:00 horas cunha benvida e unha merenda para Preto de ti e a Asociación Fraternidad. Ás 17:00 horas terá lugar a venda solidaria de castañas, cuxa recadación se...
leer másA parroquia de Galdo, no municipio de Viveiro, celebra un magosto este sábado, día 7 de novembro, a partir das 21:30 horas. Será no Local Social da asociación veciñal Camiño de Galdo, que se encarga de organizar este festexo.
Haberá castañas, arenques, xamón, chourizos, pan e café. E festa amenizada pola cantante Verónica Cambón.
Este sábado, día 7 de agosto, haberá un magosto tradicional en Mondoñedo. Será na Praza do Concello, pero en caso de choiva trasladarase aos soportais da catedral. Repartiranse castañas, viño e chocolate.
Ás 18 horas haberá Truco ou Trato de Samaín polas rúas do centro e ás 20 horas comezará o magosto tradicional coa música de Os Carricantos.
Está organizado pola asociación cultural O Pasatempo.
A parroquia de Bacoi, no municipio de Alfoz, celebrará un magosto este sábado, día 7 de novembro, desde as 21:30 horas.
O menú está composto por sopa; pataca cocida con xamón e chourizos; biscoito, chocolate e castañas; bebidas, pan, café e chupito.
A foro é limitado e hai que apuntarse antes deste venres, 6 de novembro.
A Asociación de Mulleres Rurais de Lourenzá celebrará o seu primeiro magosto este venres, día 6 de novembro, ás 21.30 horas no Multiusos Ponte de Cuñas, “para celebrar o outono e desfrutar dunha noite de encontro e festa”.
Haberá empanadas, tortillas, bolos preñados, biscoitos, castañas, bebida, música e sorteos.
A actividade “está aberta a todo o mundo. Vide coa familia ou coas amizades e acompañádenos neste primeiro magosto da asociación. Unha boa ocasión para xuntarnos, compartir e crear comunidade”, destaca a Asociación de Mulleres Rurais de Lourenzá.
A asociación cultural O Picato organiza o seu tradicional magosto para este venres, día 30 de outubro, desde as 21:00 horas no pavillón de deportes de Trabada.
Haberá servizo de bar e música a cargo da discoteca móbil The Sound Project. E repartiranse castañas gratis.












