Certámenes
A burelesa Eva Luaces é a gañadora do segundo concurso de imaxes convocado en facebook polas axencias de viaxes Eroski de Burela e Ribadeo durante o confinamento.
Eva Luaces participou con 3 fotos representando unha estancia en Exipto e nas que se ve ao seu fillo, David Rega Luaces, degustando unha ensalada Baba Ghannouj, elaborada a base de puré de berenxenas, allo e sementes de sésamo, e tamén o postre Basbusa, que é un biscoito de sémola, vainilla e coco.
O premio consiste nun pack de La Vida es Bella cunha estancia dunha noite para 2 persoas.
As axencias de viaxes Eroski en Ribadeo e Burela convocaron dous concursos desde que empezou o confinamento co obxectivo de “manter o contacto cos clientes e axudar a que estean entretidos para que leven o mellor posible esta situación”.
... leer másA nena Carla García López, de 9 anos e natural de Ribadeo, é a gañadora do concurso Polos nosos negocios, que foi convocado por Acisa co obxectivo de amosar o apoio dos ribadenses ao comercio e á hostalería locais tras este tempo de confinamento.
Desde a directiva de Acisa lembran que “do que se trataba era de deseñar un cartel e un slogan que animen á xente a facer as súas compras no comercio da vila e a consumir na hostalería local e mais agora, despois de dous meses de peche obrigado pola chegada da pandemia do Covid-19”.
Foron unha ducia os traballos presentados por nenos e adultos nos que empregaron diferentes técnicas de deseño e apostaron por diferentes lemas. A xunta directiva de Acisa analizou os traballos e realizou unha votación da que saíu elixido o cartel e o slogan de Carla García López. No debuxo,...
leer másA Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, de Alfoz, convoca os Certames On Line de Relatos Curtos e Debuxo Letras Galegas 2020. O prazo de presentación de traballo remata o 10 de maio.
Establécense nos dous casos tres categorías: ata 2º curso de primaria; de 3º a 6º de primaria; e secundaria.
A temática do relato será libre e poderá ter como máximo unha extensión de 10 páxinas. Letras Galegas e Galicia é a temática elixida para o concurso de debuxo. Os traballos deben ser remitidos a asociación.ocastelo@gmail.com No correo electrónico débese indicar o nome e apelidos do autos, o curso, o centro no que cursa os seus estudos e o teléfono de contacto. Tamén debe figurar o nome do pai/nai/representante e o número do seu DNI.
Poderanse presentar...
leer másA Asociación Barrio dos Muíños convoca un concurso de deseño do logotipo para a ABDM.
Esta convocatoria ten por obxectivo dotar á asociación dun logotipo e facer partícipe aos asociados e a calquera persoa que queira participar.
Poderán concorrer todas as persoas que o desexen e o deseño debe ser unha proposta orixinal para ser un logotipo da Asociación do barrio dos Muíños.
Os deseños, a cor e en branco e negro, terán un tamaño en A4, sen anotacións nin o nome da persoa participante. Os datos persoais, no caso de ser entregado o deseño en papel, deberán ser anexados nun sobre.
Os traballos terán que presentarse ao mail da ABDM barriodosmuinhosasociacion@gmail.com ou aos membros da directiva. O prazo de...
leer másA Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá organiza a quinta edición do concurso Unha postal para mamá.
As bases establecen dous grupos para poder participar neste certame, aquel no que se incluirán os nenos e nenas do Concello de Lourenzá e outro no que se inscribirán os nenos e nenas do resto da Mariña Lucense: Mariña Oriental, Mariña Occidental e Mariña Central. Ademais establécense tres categorías por idades: a) Nenos/as nados/as entre o ano 2008 e 2011; b) Nenos/as nados/as entre o ano 2012 e 2014; c) Nenos/as nados/as entre o ano 2015 e 2017.
A temática do concurso será a realización dunha postal para conmemorar o Día da Nai, a técnica para facela é libre debuxo, collage…, e os traballos realizaranse nun folio ou cartolina tamaño A4 dobrado á metade.
Enviarase...
leer másContinúan abertos os prazos para participar no concurso para elixir o cartel anunciador da XXX Festa da Faba e no certame Arte con fabas.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, lembra hoxe, mércores, que “segue aberto o prazo para participar no concurso para elixir o Cartel anunciador da XXX Festa da Faba de Lourenzá. Poden participar todas aquelas persoas maiores de idade que o desexen e o prazo remata o 30 de xuño. O premio que recibirá o cartel gañador será de 350 euros e un trofeo conmemorativo da edición da festa deste ano. As bases aparecen recollidas tanto na páxina web como no facebook do Concello de Lourenzá”.
Arango recorda tamén que “o concurso Arte con fabas, convocado pola ACIAL coa colaboración do Concello tamén está aberto, ata que remate o estado de alarma e se dea a coñecer o prazo para...
leer másA Delegación de Educación e Cultura do Concello de Foz deu a coñecer hoxe, xoves, os premiados nos concursos on line de debuxo e fotografía na casa convocados o día 2 deste mes.
O listado de premiados é o seguinte:
III CONCURSO DE DEBUXO:
De 0 a 5 anos:
Aldán Fernández Díaz
Vera García Rodríguez
De 6 a 8 anos:
Ángel Vázquez Varela
Adrián Méndez Rodríguez
De 9 a 11 anos:
Iker Puente Eijo
Raul Váquez Varela
Bacharelato:
Andrea Chao García
II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA NA CASA:
Infantil:
Marta Chao García
Xián Mejuto García
Xuvenil:
Ainhoa López Franco
Andrea Chao García
Adultos:
Xee Rodriguez Fulgueiras...
Crónica 3 e o Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro Mariña-Ortegal presentan o concurso fotográfico #omeumarfavorito. Con el queremos poñer en valor a importancia do mar nas nosas vidas. Por elo convidámoste a que subas unha foto túa do mar (contigo ou sen ti) cun breve texto no que expliques porqué non podes vivir sen el.
Deberás facelo no facebook de crónica3 co cancelo #omeumarfavorito. As 2 imaxes que máis “gústame” reciban obterán senllos premios dun lote de produtos de Conservas Ares de 50 e 30€ respectivamente. O prazo remata o 15 de maio, sube xa a túa!
Acisa Ribadeo amplía ata o 30 de abril o prazo de presentación de traballos ao concurso Polos nosos negocios. Unha ducia de persoas xa enviaron as súas obras. En xogo están 300 euros en vales de compra. Trátase de deseñar un cartel e un slogan que animen á xente a facer as súas compras no comercio da vila e a consumir tamén na súa hostalería.
Nas bases explícase que “o tema no que se debe inspirar o cartel é chamar á poboación para apoiar ás pequenas empresas, hoteis e servizos en Ribadeo, cando remate esta situación ocasionada polo coronavirus. Ten que insistir no positivo de mercar nas pequenas tendas e consumir na hostalería local para revitalizada despois de atravesar por unha mala situación. O slogan debe ir na mesma liña e debe ser claro, conciso e directo. E non de poderán empregar palabras que aludan á actual situación, como...
leer másA Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá, en colaboración co Concello, convoca o concurso Arte con fabas, certame que ten o obxectivo de “promover a creatividade durante o confinamento provocado pola crise do coronavirus e para que entre tod@s fagamos posible que estes días pasen o máis ameno e rápido posible”.
Nas bases explícase que poderán participar todos os veciños e veciñas do concello de Lourenzá, as obras consistirán nun collage elaborado principalmente con fabas, podendo acompañarse doutro tipo de materiais. A temática e o tamaño serán libres. Establécense tres categorías: ata 10 anos, de 11 a 16 anos e adultos. Haberá un premio para cada categoría, consistente nun vale de compra de 75 euros e trofeo.
As obras presentaranse na biblioteca municipal despois de que se levante o...
leer más