Certámenes
O Concello de Cervo, a través das delegacións de Cultura e Educación, vén de convocar a XXI edición do concurso de postais de Nadal que está dirixido ao alumnado de infantil e primaria do municipio.
Tal e como explicou a edil responsable, Dolores García Caramés, as obras terán que ter como tema o Nadal, a técnica é libre e os traballos deben presentarse nunha cartolina tamaño folio.
Os orixinais teñen que entregarse na Casa da Cultura de San Ciprián ou na Casa do Concello, sen asinar e acompañados dun sobre pechado que conteña os datos persoais do autor: nome, apelidos, idade, colexio e número de teléfono.
Establécese un premio por cada modalidade; de 3 a 5 anos, de 6 a 9, e de 10 a 12 anos.
O prazo de recepción remata o 30 de novembro. E o fallo do xurado farase...
leer másA Biblioteca Pública Municipal de Burela anuncia a apertura do prazo para a presentación de traballos ao Certame de Postais de Nadal 2020.
Poderán participar todos os nenos e nenas do concello en idade escolar. O prazo de entrega das postais rematará o día 14 de decembro, ás 20:00 horas, e deberán entregarse no andar baixo da Biblioteca Pública de Burela.
A temática dos traballos será o Nadal, a técnica libre e o tamaño aproximado de 15x21 cm. pechada e 30x21 cm. aberta. As postais terán que entregarse sen asinar, acompañadas dun sobre pechado dentro do que figurarán os datos do autor/a, teléfono, centro de estudo, curso e idade.
Establécense catro categorías: Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria, 3º e 4º de Educación Primaria, e 5º e 6º de Educación Primaria. Haberá tres...
leer másO Concello de Alfoz organiza o XVIII Concurso de Postais de Nadal no que poderán participar todos os nenos e nenas empadroados no municipio, con idades entre os 3 e os 16 anos.
O prazo de presentación das postais remata o 11 de decembro e deberán ser entregadas na Biblioteca Municipal de Alfoz. Cada traballo terá que ir acompañado da ficha de inscrición debidamente cumprimentada e cada participante só poderá presentar unha obra, que terá que ser orixinal e inédita.
A técnica empregada será a do debuxo a lapis, rotuladores, ceras ou collage. As postais estarán feitas sobre cartolina de tamaño A5 (DIN A4, folio normal dobrado pola metade). A temática terá que estar relacionada con motivos do Nadal e quedarán excluídos os traballos cuxo contido poida causar rexeitamento social por ser racista, sexista, xenófobo ou...
leer másO Concello de Alfoz, coa colaboración da Deputación de Lugo, convoca a primeira edición do concurso de fotografía denominado Alfoz no Outono, para o cal o prazo de presentación de traballos remata o 30 de novembro de 2020.
Hai tres premios: de 300 euros, 200 euros e 150 euros. Os premiados tamén recibirán diplomas.
As bases están publicadas na web www.concellodealfoz.com e os interesados en obter máis información poden solicitala a través do correo turismo@concellodealfoz.com e do teléfono 982.558.001 (extensión 2).
O Concello de Cervo organiza Concursos de Debuxo, Narrativa e Instagram para celebrar o Samaín 2020.
O Concello de Cervo organiza dous concursos, un de Narrativa e Debuxo e outro de Instagram, por mor do Samaín.
No concurso de Narrativa e Debuxo poden participar nen@s e xoves con idades entre 3 e 15 anos. Na modalidade de debuxo haberá dous apartados, para idades de 3 a 6 anos e de 7 a 8 anos. Na modalidade de Narrativa a idade dos participantes deberá ser entre 9 e 15 anos. O prazo de presentación dos traballos remata o día 31 de outubro e terán que enviarse a cervocultura@gmail.com. Haberá un agasallo para cada participante.
No concurso de Instagram poden participar maiores de 16 de anos e o prazo de presentación está aberto ata o 1 de novembro. As publicacións, compartidas co hashtag #samaincervo, deberán enviarse a ...
leer másA Delegación de Mocidade do Concello de Mondoñedo organiza o I Concurso de Decoración Noite de Samaín.
Os participantes terán que decorar a fachada da súa casa, ventás, portas ou entradas visibles, coa temática propia do Samaín. Valorarase a fachada máis orixinal e a decoración realizada con materiais de refugallo e deberá permanecer decorada ata o día 1 de novembro.
Poderán participar todos aqueles particulares, propietarios ou inquilinos tanto da zona urbana como rural do concello mindoniense. As solicitudes terán que presentarse nas oficinas do Concello de Mondoñedo, no teléfono 982 524 003 ou na dirección de correo electrónico xuventudemondonedo@gmail.com. Deberán adxuntarse imaxes da decoración ás solicitudes e o prazo para presentalas remata o día 31 de...
leer másO Concello de O Vicedo e a APA organizan unha programación especial do Samaín, por mor do Covid, e convidan aos nenos e nenas a enviar fotografías relativas a esta data.
O Concello comunica que polas limitacións do Covid non se vai poder facer o tradicional percorrido polas rúas da vila. Por iso anima a tod@s a enviar unha fotografía da casa decorada con motivos do Samaín ou vestidos para a ocasión, ou un debuxo ou foto dunha cabaza pintada. A actividade está destinada aos nenos e nenas do Colexio do Vicedo.
As fotografías poden enviarse por mail a apuntes@concellodovicedo.org, antes do mércores 28 de outubro, ás 19:00 horas.
Todos aqueles que manden ese correo electrónico serán visitados na casa para recibir un agasallo especial Samaín....
leer másDende a Delegación de Cultura e a Biblioteca Pública Municipal focense organízase o XVII Concurso de Postais de Nadal para seleccionar a tarxeta que se utilizará para realizar a felicitación oficial do Concello de Foz neste Nadal 2020.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “a data de remate de presentación de traballos será o vindeiro 1 de decembro na Biblioteca Pública Municipal. Para calquera dúbida ou información pódense dirixir á mesma biblioteca ou ben chamar ao 982.140.675. As bases do concurso serán publicadas nas redes do Concello e na páxina web.”
“Estamos moi orgullosos deste certame pola participación ano tras ano de todos os colexios do concello”, engade Inés López Couto, quen anima “a todas as nenas e nenos a participar no certame, a que desfruten debuxando aquilo que máis lles guste...
leer másA iniciativa Cociñando A Mariña Lucense, posta en marcha pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense en colaboración coa FCAM e co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, lanza un concurso de vídeo-receitas para o público xeral despois de ter dado a coñecer o traballo dos distintos produtores existentes no territorio durante case un mes. O certame desenvolverase do 23 de outubro ao 22 de novembro e haberá interesantes premios para os tres gañadores.
Desde a Mancomunidade explican que “o obxectivo desta iniciativa no seu conxunto, pasa por posicionar a comarca como referente do turismo gastronómico e por poñer en valor aos produtores, aos produtos e á gastronomía local. Trátase dunha acción de resposta á actual crise sanitaria que está a sufrir o sector, apostando por revitalizar os recursos endóxenos e situar á comarca como un...
leer másO Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, convoca o VII Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. A idea básica deste Concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente.
Dentro do concurso haberá unha única categoría. En canto aos premios, serán cinco en metálico:
Primeiro premio: 120 euros
Segundo premio: 100 euros
Terceiro premio: 90 euros
Cuarto premio: 75 euros
Quinto premio: 65 euros
Normas do concurso:
A temática, tal como recolle o título, vai ser a costa e o mar de Xove. As imaxes deberán ser realizadas polos propios participantes, xa que en ningún caso se aceptarán imaxes copiadas ou realizadas por persoas distintas. Poderanse presentar un máximo de 3 fotografías, as que deberán ser sacadas dentro...