Certámenes
Do 1 de xuño ao 20 de xullo estará aberto o prazo de presentación de traballos á terceira edición de Amarte, o Certame Internacional de Pintura Mural que se desenvolverá do 1 ao 4 de agosto. o concelleiro de Cultura, José Díaz, lembra que a contía dos premios se incrementou nesta edición.
O edil burelés dixo que “este año celebraremos la tercera edición ya. El plazo para recibir las propuestas para pintar en el muro portuario empezará el día 1 de junio y acabará el 20 de julio”.
José Díaz explicou que “de todas las propuestas recibidas, como el formato de cada año, el jurado seleccionará a diez que serán las que concursen, entre el 1 y el 4 de agosto, pintando en el muro esas propuestas que previamente enviaron”.
O concelleiro de Cultura subliñou que “los premios este año los aumentamos...
leer másO Concello de Cervo vén de convocar o IX concurso fotográfico de medio ambiente “Cervo Respecta 2019”, que foi presentado hoxe polo alcalde, Alfonso Villares, e a concelleira Mali Méndez.
Tal e como explicaron “os participantes poderán presentar un máximo de dúas fotografías, baseadas na temática xenérica do medio ambiente, inéditas e orixinais, sacadas en calquera lugar da Comunidade Autónoma de Galicia, terán que ser imaxes de natureza viva, que sirvan de exemplo de conservación do noso medio”.
Deberanse presentar en formato dixital (JPEG), en alta calidade, a unha resolución mínima de 2.048 px. sen limitación de tamaño en MB; nun CD acompañado cunha ficha da autoría que se pode solicitar na Casa da Cultura, na Casa do Concello ou a través do correo electrónico:...
leer másA Asociación de veciños do Burgo de Trasbar organiza o VI Certame literario con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, co tema “Os Maios”.
As narracións deberán estar escritas en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara. Establécense tres categorías: infantil (ata 12 anos), xuvenil (de 13 a 18 anos) e adulto (maiores de 18 anos). Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, acompañando cada un deles cun sobre pechado onde figuren os seus datos persoais (nome, dirección data de nacemento e un teléfono de contacto).
O prazo de presentación dos traballos rematará día 14 de maio, debendo ser remitidos á seguinte dirección: Asociación de veciños do burgo de Trasbar, Local Social, Corral Grande, s/n, 27888 Trasbar, Cervo.
O xuradoseleccionará un traballo...
leer másO Concello de Lourenzá convoca dous concursos co gallo da celebración da Festa do Maio, que terá lugar o vindeiro día 1, mércores. Nun dos certames premiaranse as fiestras, balcóns, portais ou escaparates mellor decorados das rúas polas que pasa o percorrido tradicional do Maio. O outro concurso agasallará aos sombreiros mellor adornados que acompañen ao Maio no desfile, que sairá do mercado gandeiro ás 16:30 horas.
O concelleiro Manuel Arango anuncia que “o Concello de Lourenzá, a través da área de Cultura, convoca dous concursos co gallo da celebración da Festa do Maio do próximo mércores día 1”.
O edil explica que “o primeiro concurso consiste en premiar as fiestras, balcóns, portais ou escaparates comerciais mellor decorados daqueles edificios por onde o Maio ten o seu percorrido tradicional. Haberá dous...
leer másOs alumnos e alumnas da especialidade de Dinamización, Programación e Desenvolvemento de Accións Culturais do obradoiro de emprego Ribadeo co Camiño organizan o I Concurso Fotográfico titulado O Camiño no visor, coa idea de poñer en valor o Camiño de Santiago ao seu paso por Ribadeo.
Poderán participar todas aquelas fotografías que ofrezan unha visión diferente e orixinal dos 17 quilómetros que percorre a ruta. Trátase de que tanto visitantes coma locais, a través da súa participación no concurso, descubran os recunchos do Camiño ao seu paso polo concello e os atrape no visor da súa cámara.
Contarase coa colaboración do Parador Nacional de Ribadeo e o Hotel Restaurante Javier Montero que aportan como premios, respectivamente, unha estancia dunha noite para dúas persoas (1º premio) e una comida/cea tamén para dúas...
leer másA delegación de Cultura programou para esta Semana Santa unha actividade novidosa para a rapazada. Trátase dun concurso de Espantallos, que terá lugar o vindeiro martes, 16 de abril, no campo de fútbol de Río Cobo, a partir das 17:00 horas.
Os participantes, de entre 6 e 14 anos, poderán traer todo tipo de roupa e recoméndase empregar materiais de refugallo na creación do espantallo.
Pola súa banda, o Concello aportará o pau, os guantes e diferente material para confeccionar o boneco.
As temáticas serán libres, e premiarase a orixinalidade e o esforzo creativo na elaboración dos mesmo.
Haberá premios para os mellores espantallos:
1º premio: 100 euros para gastar nos establecementos do Concello
2º premio: 50 euros para gastar nos establecementos do...
O Concello convoca a sexta edición dos concursos de Debuxo e Pintura e Lemas 21 de marzo: Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial.
A concelleira de Inmigración e Cooperación, Angélica Gómez, subliña que “os obxectivos destes concursos son transmitir, a través de mensaxes curtas ou debuxos, a importancia da educación en igualdade e a necesidade de eliminar a discriminación racial, así como a súa prevención. As bases para poder participar nestes concursos pódense obter na Casa do Concello ou na sede electrónica da páxina web do Concello de Burela”.
No Concurso de Debuxo e Pintura haberá tres categorías: de 6 a 12 anos, de 12 a 18 anos, e maiores de 18 anos. Os menores terán que estar autorizados polo pai, nai ou titor. A técnica do debuxo é libre e a medida DIN A4. Cada persoa só poderá...
leer másAta o 12 de abril está aberto o prazo para participar no III Certame Xuvenil Literario e de Artes Plásticas Concello de Ribadeo. Establécense tres modalidades: relato curto, poesía e debuxo. E haberá un premio de 500 euros por categoría. O Certame foi presentado esta tarde no salón de plenos polo concelleiro de Cultura, Farruco Graña.
O edil nacionalista dixo que “un ano máis vén a primavera tamén para o mundo das letras e por terceiro ano o Certame Xuvenil Literario e de Artes Plásticas do Concello de Ribadeo ve a luz. É un pracer ademais facelo diante desta imaxe tan preciosa que resultou gañadora o ano pasado, a edición anterior”.
Farruco Graña indicou que “pouco a pouco vai collendo forma e queremos animar aos mozos e mozas de Ribadeo, por suposto, e de toda A Mariña luguesa a que participen neste terceiro...
leer másAcisa Ribadeo convoca o IX Concurso Fotográfico Día do Pai no que repartirá 400 euros en premios. As fotografías poderán subirse ao facebook da asociación ata o vindeiro día 19.
No concurso poden participar todas as persoas maiores de idade que o desexen e os traballos presentados non puideron ser publicados previamente en revistas, xornais, libros impresos ou sistemas online, nin puideron ser obxecto de ningún outro premio fotográfico.
As fotografías deben subirse á páxina do facebook de Acisa, mediante a app instalada para tal efecto. Deberán indicar un título da obra, o seu correo electrónico e o teléfono. As persoas que se vexan na fotografía terán que ter vínculo familiar e entenderase que no caso de saír menores, a fotografía foi sacada e publicada coa autorización dos pais e titores legais.
... leer más