Certámenes
O Concello de Mondoñedo continúa a promover distintivos que potencian aínda máis o atractivo turístico da cidade durante o Nadal. O concelleiro de Educación, Xuventude e Novas Tecnoloxías, Alberto García, anuncia tanto a inauguración da iluminación de Nadal o próximo sábado 8 de decembro, como a convocatoria dun novo Concurso de Adornos de Nadal.
O edil, que asegura que o actual Goberno “segue a apostar por embelecer e engalanar a nosa cidade despois da súa inclusión na rede dos Pobos máis Bonitos de España”, destaca a implicación do Concello “por mellorar a iluminación de Nadal tanto nas prazas como nas rúas co obxecto de facela máis atractiva”. Neste senso, Alberto García informa que “de novo colocaremos unha árbore de Nadal na Praza da Catedral, pero de maior altura e noutras tonalidades, ademais de que as principais rúas contarán con...
leer másA santiaguesa Berta Dávila Fernández obtén o primeiro premio de poesía Díaz Jácome para novos creadores, convocado polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Deputación de Lugo. A obra que resultou gañadora na XIX edición deste certame leva por título ‘Limiar’.
O primeiro premio neste certame, que ten por finalidade estimular a creación poética entre os mozos e mozas, recoñécese con 1.500 euros, placa e diploma.
O segundo premio foi para Alexandre Fernández Peón de Pontevedra, pola creación ‘Crónica bélica da devastación en cinco minutos’. O pontevedrés recibe 600 euros, placa e diploma. Mentres, Laura López Esteban, de Lugo, acadou o terceiro premio, dotado con 300 euros, placa e diploma, coa obra ‘Renacer’.
O xurado que fallou os premios estivo integrado por Aurea Ramil, Armando Requeixo e José María...
O Concello de Cervo, a través das delegacións de Cultura e Educación, vén de convocar un concurso de postais de Nadal dirixido ao alumnado de infantil e primaria do municipio.
Tal e como explicou a edil responsable, Dolores García Caramés, as obras terán que ter como tema o Nadal, a técnica é libre e os traballos deben presentarse nunha cartolina tamaño folio.
Os orixinais teñen que entregarse na Casa da Cultura de San Ciprián ou na Casa do Concello, sen asinar e acompañados dun sobre pechado que conteña os datos persoais do autor: nome, apelidos, idade, colexio e número de teléfono.
Establécese un premio por cada modalidade; de 3 a 5 anos, de 6 a 9, e de 10 a 12 anos.
O prazo de recepción remata o 30 de novembro. E o fallo do xurado farase público o 3 de...
leer másAta o próximo 3 de outubro o alumnado de 3º e 4º da ESO e de 1º Bacharelato dos concellos que abranxe o GALP A Mariña-Ortegal (Valdoviño, Cedeira, Cariño, Ortigueira, Mañón, O Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros e Ribadeo) pode presentar proxectos audiovisuais enfocados á realización dunha curtametraxe.
Trátase do programa pedagóxico Vidas Mariñeiras, convocado polo Grupo de Acción Local Pesqueira A Mariña-Ortegal no marco das actividades que organiza a través do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) co obxectivo de dinamizar e poñer en valor o litoral da súa área.
Vidas Mariñeiras contempla a selección, titorización e desenvolvemento de proxectos cinematográficos a cargo de profesionais do audiovisual nun programa formativo dunhas 50 horas, repartidas en varias sesións ao longo dos meses de...
leer másA Concellería de Turismo convoca o 1º Certame Fotográfico Barreiros, un mar de praias.
A temática é libre e as imaxes presentadas terán que recoller a riqueza paisaxística, cultural, artística, etc… de Barreiros. As bases do concurso poden consultarse na páxina web do Concello, www.concellodebarreiros.com
As fotografías deberán presentarse no Concello de Barreiros, e a data límite de admisión de orixinais é o día 15 deste mes de setembro.
Esta primeira edición do Certame Fotográfico Barreiros, un mar de praias outorgará dous premios en metálico: 100 euros para o gañador e 50€ para o segundo.
A entrega de premios terá lugar 27 deste mes no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro, ás 12:00 horas.
O Concello de Alfoz organiza a 3ª edición do Maratón de Pintura ao Aire Libre, que se celebrará o domingo 12 de agosto, de 11 a 18 horas.
Poderán participar todos os pintores que o desexen, existindo unha categoría infantil (ata 16 anos) e outra sénior. A temática será referida ao concello de Alfoz, podendo reproducir calquera motivo, monumento ou paisaxe do termo municipal. A técnica e as medidas dos traballos serán libres, debendo aportar os participantes o material utilizado, admitindo calquera tipo de soporte (lenzo, papel, cartón,…) con fondo branco.
As inscricións deberán facerse no Castelo do Castrodouro a través do correo electrónico turismo@concellodealfoz.com, ou de forma presencial o mesmo día do maratón de 9:00 a 11:00 horas.
O xurado, formado por un presidente e dous vogais, representados por artistas...
leer másO vindeiro mércores, 25 de xullo, terá lugar unha nova edición do Concurso de Castelos na Area. Celebrarase a partir das 11:00 da mañá na praia de Arealonga, na parroquia de Santiago de Reinante. O evento está organizado polo Concello de Barreiros.
Estableceranse diferentes categorías e a inscrición para participar deberá facerse desde as 10:30 horas a carón do posto de socorrismo que hai nese areal.
O alcalde, Alfonso Fuente, explicou que “a marea baixa está prevista para as dez menos cuarto da mañá, de aí que a partires das 11:00 dará comezo este tradicional Concurso de Castelos na Area, no que se poderán ver auténticas obras de arte, como ven sendo habitual”.
O rexedor anima “a participar nesta cita, na que haberá diferentes premios para os gañadores e gañadoras desta edición”. ...
leer másA Concellería de Cultura convoca a segunda edición do Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá, que inclúe novidades nos premios.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anuncia que “as bases están publicadas na páxina web do Concello e o prazo para que as compañías se inscriban remata o 28 de setembro. As representacións desenvolveranse durante o mes de novembro e o certame rematará cunha gala de entrega de premios que terá lugar en decembro”.
Manuel Arango destaca que “as novidades deste ano son un aumento da dotación do premio á mellor representación, que pasa de 600 a 750 euros. E establécese un novo premio, que se decidirá por votación do público asistente ás representacións. Cada grupo seleccionado polo xurado para representar a obra no certame recibirá 300 euros en concepto de participación,...
leer másA segunda edición do Certame Internacional de Pintura Mural Amarte, que se celebrará en Burela a primeira fin de semana de agosto, pechará o prazo de recepción de bocetos o vindeiro domingo, 15 de xullo. Ata o momento son 12 os traballos presentados, segundo ven de confirmar o concelleiro de Cultura, José Díaz. A entrega de premios contará coa presenza de Fernando Romay, que será o pregoeiro da Feira do Bonito 2018.
O edil burelés anunciou que “este año será la segunda edición del Certamen Internacional Amarte que hacemos en Burela. Nos queda hasta el 15 de julio como plazo final para la recepción de los bocetos que aspiran a participar en esa final a diez, en el muro portuario. Ya hemos recibido, a fecha de 10 de julio, 12 obras. Son más de las que tendrían que pintar, pero esperamos que la cifra aumente estos últimos días que sabemos...
leer más