Cursos
A Asociación de Veciños San Pedro de Saldoira, no concello da Pontenova, anuncia a celebración dun curso de prevención de accidentes domésticos. Será o venres 25 de outubro de 17 a 19 horas no centro social Blanca Muruais, en Saldoira.
Para inscribirse pódese contactar coa Asociación de Veciños San Pedro de Saldoira a través do seu facebook, con calquera membro da directiva ou a través do teléfono 619.67.96.67.
O programa desenvolverase desde o vindeiro martes, día 15, no centro sociocultural de Alfoz a partir das 10.30 horas.
Está destinado a pensionistas ou maiores de 55 anos. A inscrición está aberta durante todo o ano. As persoas interesadas poden obter máis información e anotarse no Concello de Alfoz ou chamando ao teléfono 982 55 80 01
O Concello de Alfoz ofrece un taller de manualidades para persoas adultas desde o día 21 de outubro ata maio.
Os participantes poderán realizar esta actividade os luns ou os xoves, os dous días de 16:30 a 18:30 horas na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), que está na Casa da Cultural de Alfoz.
As prazas son limitadas e o prazo para inscribirse están aberto ata o 17 de outubro nas oficinas de rexistro do Concello de Alfoz.
Desde o día 4 de novembro o pavillón municipal de Trabada acollerá tódolos luns de 19:00 a 20:00 horas clases de bailes de salón.
“Desde o Concello continuamos na liña de ofrecer un completo programa de actividades durante todo o ano, neste caso con bailes de salón para persoas de idades diferentes”, asegura o alcalde de Trabada, Rubén García.
O prezo por persoa é de 30 euros ao mes e a inscrición é individual, non é necesario ir en parella ás clases.
As inscricións poden facerse ata o 28 de outubro nas oficinas municipais ou a través do teléfono 982.13.50.11.
En O Vicedo está abierto el plazo de inscripción para asistir al taller gratuito de uso de apps móviles para personas mayores. Las plazas son limitadas.
Está organizado por la Fundación Cibervoluntarios con el apoyo de la Fundación AEB de la Asociación Española de Banca (AEB),con el apoyo del Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030 con la colaboración del Ayuntamiento O Vicedo - Aula Cemit.
El taller tendrá lugar los días 7 y 8 de noviembre de cinco a siete de la tarde. Las personas interesadas pueden obtener más información en la Casa de la Cultura O Vicedo – Aula CEMIT, en el teléfono 982590195 ou en el correo electrónico cemit.ovicedo@gmail.com
Burela acollerá esta fin de semana dous obradoiros de radio e fotografía no marco do proxecto Burela Alumea. Estas actividades terán lugar o venres 11 ás 17:00 horas na Casa da Xuventude, e o segundo, o sábado 12 tamén ás 17 horas no local da asociación A Moncloa.
O Concello de Burela explica que “no obradoiro do venres as persoas participantes aprenderán a empregar os seus dispositivos co obxectivo de sacarlles o maior proveito posible. Tamén se lles ensinará a empregar equipamento profesional para obter imaxes e pezas de audio coas que retratar a cultura mariñeira de Burela. O taller do sábado, por outra banda, será de radio e foto participativa. Nel, dirixido tanto á rapazada como á xente do mar, aprenderase a xerar contidos que se plasmarán posteriormente no molde do faro recuperado polo Concello”.
As...
leer másO Concello do Valadouro organiza un obradoiro creativo para adultos que se desenvolverá desde o día 15 de outubro, martes, de 16:00 horas a 19:00 horas na planta baixa da Casa da Cultura.
As inscricións recóllense na Casa da Cultura e no Casa do Concello. Para máis información as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 652.865.212.
O día 15 de outubro, martes, desenvolverase un curso gratuíto de Alimentación na Infancia no salón de conferencias da antiga biblioteca de Burela. Será impartido por Noelia Goás Gómez de 16:00 a 21:00 horas.
A inscrición realizarase na Casa do Concello de Burela ou a través do número de teléfono 982.58.60.00 en horario de 9:00 a 14:00. As prazas son limitadas.
Trátase dun curso acreditado pola asociación de familias e mulleres no mundo rural AFAMMER na provincia de Lugo.
A asociación de veciños O Torques de Marzán, en Foz, organiza un curso de iniciación á fotografía. Desenvolverase os luns e mércores desde o día 7 ata o 30 de outubro en horario de 20:00 a 21:30 no local social O Pradovello. Será impartido por Francisco Lestegás e José Ángel Niño.
Esta actividade é para persoas socias e non socias do colectivo organizador e a participación é gratuíta.
O colectivo Pensamento e Sementeira, de Viveiro, organiza aulas de baile “foliadeiro” a cargo do profesor Miguel Abad, que comezarán este mércores, día 9 de outubro.
“Contaremos con dous grupos: mércores ás 19.30 horas, Iniciación (para que non sabe nada); e mércores 20.30 horas (para quen xa sabe algo). O custo das aulas será de 15 euros ao mes para persoas socias e de 20 euros ao mes para non socias, pero, por suposto, se queres desfrutar do desconto para socias, aínda estás a tempo de inscribirte no seguinte link:...
leer más












