Cursos

Etiquetas:
04/05/2016
O Concello de Mondoñedo organiza, en colaboración co Centro Socio Comunitario da Xunta, un obradoiro para a creación de adornos e de traxes medievais. Comezará o 10 de maio.
 
O Concello de Mondoñedo en colaboración co Centro Socio Comunitario da Xunta de Galicia da localidade organizan un obradoiro destinado á aprendizaxe para a creación de adornos e á elaboración de traxes medievais. 
 
A alcaldesa da localidade, a popular Elena Candia, explica que dende a administración local se organiza esta iniciativa coa finalidade de que este ano, coincidindo co 25 aniversario do Mercado Medieval que se celebrará en agosto, un maior número de persoas se vista da época e que todas as vivendas da cidade estean ambientadas.
 
O curso dará comezo o próximo 10 de maio e celebrarase cada martes de 11:00 a 13:00 horas. Dende o Goberno local...
leer más
Etiquetas:
04/05/2016
O 15 de maio remata o prazo de inscrición no curso de manipulador de fitosanitarios que organiza a asociación de veciños do Burgo de Trasbar, en Cervo.

 

A Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar organiza un curso para a obtención do carné básico de manipulador de produtos fitosanitarios. O curso homologado é obrigatorio para mercar e aplicar os produtos fitosanitarios. Impartirase os días 30 de maio e 1, 3, 6 e 8 de xuño en horario de 17:00 a 22:30 horas, no local social de Trasbar.

O prazo para anotarse remata o 15 de maio. Para a inscrición poden poñerse en contacto con Mari (687 550 899) ou Arancha (605 158 373).

Etiquetas:
04/05/2016
A Aula CeMIT de Burela impartirá tres novos cursos durante o presente mes de maio. Comezarán os días 5, 6 e 9.
 
A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello Burela impartirá 3 cursos nos vindeiros días.
 
Mañá, 5 de maio, iniciarase o curso Elaboración de presentacións (Nivel Medio), dirixido a persoas con coñecementos básicos en informática. Neste curso amosarase a crear presentacións de diapositivas mesturando texto, imaxes, formas e sons. O programa que se empregará para esta fin será o Impress, incluído no paquete ofimático LibreOffice. O curso contará cunha duración de 15 horas e impartirase de luns a xoves de 16:00 a 17:30 horas. Rematará o día 24 deste mes.
 
O segundo curso comezará o...
leer más
26/04/2016
O 9 de maio darán comezo os novos micro talleres da Axenda das Tecnoloxías de Primavera do Concello de Ribadeo. En abril foron 56 as persoas que participaron nos obradoiros impartidos.
 
En maio seguirán os micro talleres da Axenda das Tecnoloxías de Primavera do Concello. En total vanse impartir catro cursos. As Concellarías de Novas Tecnoloxías e Desenvolvemento Local subliñan que o programa está a ter moi boa acollida, xa que durante o presente mes de abril foron 56 as persoas que asistiron aos obradoiros impartidos. 
 
Neste mes de abril as Áreas de Deportes e Novas Tecnoloxías e de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo puxeron en marcha o programa da Axenda das Tecnoloxías de Primavera coa súa Factoría Dixital. 
 
Segundo explicas desde as Concellarías organizadoras “esta axenda dixital que rematará en xuño, inclúe píldoras...
leer más
Etiquetas:
13/04/2016
A Casa da Ría, en Ribadeo, acollerá este sábado, 16 de abril, unha xornada sobre a construción e colocación de trampas para a avespa velutina.
 
O Concello de Ribadeo e a asociación apícola Os Abelleiros organizan unha xornada sobre a construción e colocación de trampas para loitar contra a avespa velutina. Terá lugar na Casa da Ría, que está no monte Santa Cruz, este sábado día 16 ás catro da tarde con entrada libre e gratuíta para todos os interesados.
 
Esta actividade foi presentada hoxe na Casa do Concello ribadense. O alcalde, Fernando Suárez, explicou que “a asociación Os Abelleiros, recentemente constituída en Ribadeo, está espertando un enorme interese e logrando un gran participación en todo o que está promovendo nestes últimos tempos. E agora vamos presentar unha nova iniciativa, que estou convencido de que vai ter moita repercusión tanto no mundo das profesionais...
leer más
Etiquetas:
03/04/2016
O 4 de abril en Burela ábrese o prazo de inscrición nas actividades de ximnasia preventiva, escola de columna, risoterapia e ximnasia mental, que organiza o Concello.
 
Este 4 de abril ábrese no CIM o prazo de inscrición para participar nas seguintes actividades: ximnasia preventiva, escola de columna, risoterapia e talle de ximnasia mental Axilmente, segundo informa a Concellería de Servizos Sociais. 
 
O horario para notarse no CIM, situado na Casa do Concello, será de luns a venres de 8 a 15 horas. 
 
A edil Patricia Otero explicou que “o venres tivo lugar a firma do contrato de programas especializados de Servizos Sociais de Burela, entre a propia entidade local e a empresa adxudicataria do procedemento aberto realizado para proceder á súa selección. Deste xeito conseguiuse unha rebaixa no prezo de adxudicación do...
leer más
Etiquetas:
30/03/2016
Talleres de memoria, manualidades e ximnasia de mantemento na Pontenova para os maiores de 50 anos de abril a xuño.
 
O Concello da Pontenova organiza en colaboración coa empresa Game Sport  diversas actividades en distintas parroquias do municipio.
 
Éstas comezarán o 1 de abril e serán talleres de memoria e manualidades básicas e ximnasia de mantemento. Terán lugar na Escola de Villaodrid os xoves e venres de 15:00 a 16:00 horas, na Escola de Xudán os luns e mércores de 15:00 a 16:00 horas, e no Local Social Polideportivo Rececende os luns e mércores de 15:00 a 16:00 horas.
 
Os destinatarios son persoas maiores de 50 anos e o prazo de inscrición estará aberto durante toda a actividade.
 
...
leer más
23/03/2016
O Concello de Ribadeo pon en marcha o proxecto "Factoría dixital: a axenda das tecnoloxías de primavera". Trátase de talleres temáticos, abertos e gratuítos que se impartirán de abril a xuño.
 
As Áreas de Deportes e Novas Tecnoloxías e Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo porán en marcha un programa conxunto para lanzar unha Axenda das tecnoloxías de primavera, que se desenvolverá ao longo dos meses de abril, maio e xuño. Trátase de microtalleres que teñen como obxecto  fomentar a innovación capacitando ás persoas en novos coñecementos e habilidades no eido das tecnoloxías.
 
Serán píldoras formativas que versarán sobre temáticas concretas cunha metodoloxía eminentemente práctica, de escasa duración (4 horas principalmente)  curtas e autónomas, facilitando así a participación das persoas interesadas. 
 
Os microtalleres buscan fomentar as competencias dixitais en contidos útiles, prácticos e accesibles e están dirixidos especialmente ás empresas, persoas autónomas, comercios, ...
leer más
Etiquetas:
18/03/2016
Burela será escenario o 20 de marzo dun curso de kick boxing e boxeo, que impartirán Chano e Manolo Planas.
 
Burela acollerá o vindeiro domingo, 20 de marzo, un curso de Kick Boxing e Boxeo, que organizan a Delegación Municipal de Deportes e o Club Kick Boxing da Mariña de Lugo, que ten a súa sede na vila burelesa. 
 
O curso desenvolverase de 16 a 20 horas no pavillón Vista Alegre. Será impartido por Manolo Planas, que foi 5 veces Campión do Mundo, 4 veces Campión de Europa e 5 veces Campión de España; e por Chano Planas, adestrador de grandes campións como Manolo Planas, Dinky, Marta Brañas ou Valery Yanchi.
 
O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, sinala que “desde o equipo de goberno apoiamos a todos os deportes e tamén aos minoritarios, como é o...
leer más
Etiquetas:
14/03/2016
Aberto o prazo para anotarse nos diferentes cursos que organiza a Asociación de Amas de Casa e Consumidores Baos, de Lourenzá.
 
A Asociación de Amas de Casa e Consumidores Baos de Lourenzá abre o prazo para anotarse nos diferentes cursos que organizará nas vindeiras semanas.
 
O primeiro deles comezará despois da Semana Santa e será de bordado. Terá lugar os mércores de 16 a 19 horas, durará trinta horas e o seu custe será de 30 euros. Estará impartido por Marina Abad. 
 
No mes de abril haberá dous cursos, un de bolillos e outro de restauración de mobles. O de bolillos que impartirá Mari Luz Balea, durará trinta horas e custará 20 euros. O de restauración de mobles, que impartirá Esther de La Herencia, durará tamén trinta horas e o seu custe será de 50 euros. 
... leer más