Deportes
A vila focense acollerá a segunda edición do torneo de pádel e a vixésima do torneo de tenis, que organiza o Foz Club de Tenis, do 13 ao 19 deste mes. Na presentación participou a concelleira de Deportes, Mercedes González Alonso.
Haberá competicións de pádel en categorías masculina primeira en cascada a segunda, feminina primeira en cascada a segunda. En tenis as competicións serán en individual e dobres. Os premios consisten en material deportivo en todas as categorías.
O sábado 18 haberá unha festa organizada pola asociación Torques de Marzán.
O grupo de sendeirismo da ACD Xove organiza unha ruta nocturna para ver a choiva de estrelas Perseidas ou Lágrimas de San Lourenzo este sábado, 11 de agosto.
A andaina será duns 4´5 quilómetros, pola senda costeira de Xove, Camiño Natural do Cantábrico, e percorrerá o Coto da Vela, onde está soterrado un dos castros costeiros máis grandes de toda A Mariña, nunha altura de preto de 160 metros case verticais ao mar. A ruta tamén discorrerá pola illa de Sarón, a segunda máis grande da Mariña e berce de toda clase de aves mariñas.
Os camiñantes deberán ir provistos de frontal de luz ou lanterna, unha pequena esterilla ou toalla para deitarse no chan e contemplar as estrelas, roupa de abrigo por se fose necesaria e algo para comer.
As persoas que vaian por primeira vez deberán cubrir unha...
leer másOs Sendeiros de Foz organiza a 9ª Marcha Nocturna Rúas de Foz-Paseo de Malates o 14 de agosto.
A saída será as dez da noite da praza Conde Fontao.
O prezo é 3 euros para os non federados, seguro de accidentes obrigatorio. As inscricións poden facerse no e-mail ossendeiros@yahoo.es, e nos números de teléfono 606 794 110 e 670 369 017. O prazo para anotarse remata o vindeiro domingo, 12 de agosto.
A organización recomenda levar lanterna ou farol. Ao remate da marcha haberá unha gran chocolatada con biscoitos de balde.
Colabora o Concello de Foz.
As actividades da décima edición da carreira Run Foz Run, que foron presentadas hoxe cun acto no que participou o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, desenvolveranse este fin de semana, sábado e domingo, no colexio Martínez Otero. O prazo de inscrición está aberto na páxina web championchipnorte.com e remata este xoves, día 9.
O sábado 11 ás 17:00 horas abrirase a feira do corredor e ás 19:00 horas comezará unha andaina solidaria e haberá música cun DJ. E o domingo 12 ás 10 da mañá empezarán as carreiras das categorías inferiores e ás 11:00 horas terá lugar a saída da proba absoluta.
Nas últimas presentouse o VI TORNEO DE PADEL SAN BARTOLO, de Xove. No acto estivo presente o alcalde , Demetrio Salgueiro, a concelleira de Deportes, Cristina Iglesias, xunto con Ibán Gonzalez, da empresa IG10, que gestiona o torneo e Álvaro Juárez coordenador do mesmo.
O torneo será dende o 20 ao 24 de agosto e terá as seguintes categorías: Open masculina, Open feminina e Open mixta. Repartiranse 1500€ de material deportivo en premios.
A inscrición pódese facer na Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Xove ou ben nas instalación de IG10 en Burela.
O sorteo será o día 17 ás 20:00 na pista de padel.
Para máis información sobre o torneo: 982581381
El próximo lunes, día 6, se inician las actividades de la XXVIII edición de la Semana Náutica Ría de Ribadeo, que organiza el Real Club Náutico de Ribadeo. Se desarrollarán hasta el 18 de este mes.
Las competiciones comenzarán el lunes 6 a las 17:00 horas con la disputa del VII Trofeo ACISA Ribadeo de crucero local. El martes 7 a la misma hora se celebrará el III Trofeo Banco Sabadell Gallego de vela tradicional. El miércoles 8, también a las cinco de la tarde, se disputará el XXVIII Trofeo Concello de Ribadeo de vela tradicional. El jueves 9 con el mismo horario tendrá lugar el VII Trofeo Real Club Náutico de Ribadeo de crucero local. Y el viernes 10, también a las 17:00 horas, se celebrará el XX Trofeo Diputación de Lugo de vela tradicional.
El sábado 11 habrá dos pruebas: el V Trofeo Seat-Talleres Armando...
leer másO alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, as concelleiras de Cultura e Turismo, e unha representación do Club Limosa Surf, presentaron a V Baixada do Faro en Longskate, que terá lugar este sábado, 4 de agosto, desde as 10:00 horas, organizada por este Club, en colaboración do Concello.
Tal e como explicaron desde a organización “trátase dunha proba de longskate cronometrada desde o Faro Punta da Atalaia, en cuxo percorrido inclúense tres curvas, a do Corbeiro, a da Gardería e a da Morte, que bautizaron así por ser a máis pronunciada da baixada”.
Entre as 10:00 e as 11:30 horas terán lugar os adestramentos. Entre as 12:00 e as 14:00 horas serán as probas clasificatorias. Entre as 14:00 e as 16:00 horas as persoas participantes poderán desfrutar dun intre de relax para poder visitar...
leer másOs Sendeiros de Foz organiza a ruta Viloalle, por Mondoñedo, este sábado, 4 de agosto. A saída será ás 9:00 horas da praza Galicia.
O prezo é 3 euros, seguro accidentes obrigatorio. Para participar é obrigatorio anotarse e pode facerse no e-mail ossendeiros@yahoo.es e nos teléfonos 606 794 110 e 670 369 017.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo, auga e comida. A ruta ten unha dificultade media.
Colabora o Concello de Foz.
Os Sendeiros de Foz tamén colabora o 11 de agosto na ruta solidaria organizada por Run Foz Run a favor da endometriosis. Haberá un donativo de 5 euros e a ruta discorrerá por Foz con saída do colexio Martínez Otero, ás 19:00 horas. O prazo para anotarse remata o 9 de agosto.
O Concello de Cervo vén de mellorar a área de autocaravanas da Veiga tan frecuentada nos meses de verán, que chega ao 100% de ocupación moitos días de xullo e agosto.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Turismo, Mali Méndez, supervisaron a actuación para a que se destinaron preto de 10.000 euros , todos eles procedentes de fondos municipais; e compartiron un intre coas persoas usuarias instaladas alí estes días que destacaron o confortable da área de autocaravanas tanto pola contorna na que está ubicada como polos servizos dos que dispón.
En concreto, tal e como explicou Villares, “os traballos foron dirixidos fundamentalmente a regular o estacionamento, co que se logrou ampliar a capacidade da área, e as persoas usuarias tamén gañaron en comodidade durante a súa estancia, ao tempo que...
leer más