Deportes
O Concello do Valadouro organiza actividades para persoas adultas, que empezarán o día 9 deste mes, luns, e desenvolveranse ata o 7 de xuño de 2024. O prazo de inscrición para participar está aberto. As solicitudes realizaranse nas Oficinas Municipais en horario de atención ao público -de 09:00 a 14:30 horas- ou na Casa da Cultura do Concello de o Valadouro, de 09:00 a 20:30 horas.
Haberá ximnasia de mantemento en Ferreira os luns e mércores de 10:00 a 11:00 horas e no Cadramón, os martes de 17:30 a 18:30 horas. Tamén se ofrece pilates, que será os martes de 20:30 a 21:30 horas; ioga, os luns de 20:45 a 21:45 horas; e un taller de memoria, que será os luns de 18:15 a 19:15 horas en Ferreira e os mércores de 18:30 a 19:30 horas no Cadramón. Haberá tamén unha actividade de envellecemento activo, os xoves de 17:00 a 18:00 horas. E organizan...
leer másNo complexo deportivo municipal O Boulloso, de A Pontenova, disputarase a quinta edición do Open de Pádel As Minas do 12 ao 15 de outubro. Hai tres categorías: feminina, masculina e mixta.
Está organizado pola Asociación Cultural Deportiva As Minas e as inscricións son limitadas. O prezo é 20 euros.
Os interesados poden contactar coa organización a través do teléfono 626.817.048.
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta polo río Agüeira, no municipio asturiano de Pesoz, para o 21 de outubro, sábado. A distancia a percorrer son 10,5 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante desa zona.
A saída será ás 08:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do 17 de outubro, chamando aos teléfonos 619.82.87.84 ou 619.37.80.29. O prezo é de 40 euros para os socios do colectivo organizador e de 45 euros para os que non o son.
A sexta edición da Marcha Xoviética de bicicletas todoterreo celebrarase o 22 de outubro, domingo, en Xove.
A organización corre a cargo do Club Ciclista Komando Xoviético, que explica que “a marcha non é competitiva, é apta para todos os públicos e hai alternativas nos pasos máis difíciles. A entrega de dorsais e bolsa de corredor será o día da proba de 8:30 a 9:15 horas. A bolsa do corredor inclúe o correspondente dorsal, un vale de almorzo, unha camiseta 42k, un bote de mel da terra e un vale de comida para aqueles que se inscriban con esa opción. A saída da proba será ás 9:30 horas, a ruta é de aproximadamente 37 quilómetros e 1.250 metros de desnivel acumulado. Ao longo da ruta haberá dous avituallamentos sólidos. Dispoñemos de servizo de limpeza de bicicletas e ducha con auga quente para todos os participantes. Ao acabar teremos...
leer másCangas de Foz acollerá o IV Cross Popular Os Castros e o campionato galego de cross o 22 de outubro.
O club de atletismo Ría de Foz organiza a cuarta edición do Cross Popular Os Castros para o 22 de outubro, domingo, en Cangas de Foz. Será pola tarde e nesa mesma xornada pola mañá haberá tamén o campionato galego de campo a través.
Os organizadores explican: “este ano o noso club dá un pasiño máis organizando o campionato galego de cross por equipos nas categorías Sub16, Sub18, Sub20, Sub23, Absoluta e por Relevos Mixtos. Na xornada da mañá do 22 de outubro celebrarase o Campionato Xunta de Galicia, mentres que pola tarde organizaremos a IV edición do Cross Popular Os Castros. Se estás federado, fala cos teus compañeiros/as e inscribe ó teu equipo para participar no campionato galego. (Inscricións en sdp.rfea.es). Se non estas federado ou non sodes suficientes para formar un equipo poderás participar pola tarde no IV Cross Os Castros. (...
leer másA asociación cultural e xuvenil O Castelo, de Alfoz, organiza para o día 15 de outubro, domingo, unha andaina pola Fraga das Lerias, continuando polo Canal dos Canoura e rematando no curro de Santo Tomé.
É un ruta de 8 quilómetros con dificultade media e a organización recomenda levar botas de montaña.
A saída será desde a Casa do Concello de Alfoz ás 09:30 horas, haberá servizo de autobús gratuíto e a ruta comezará ás 10:00 horas. Ao final da andaina os participantes degustarán un aperitivo.
A data límite para anotarse é o domingo 8 de outubro e as inscricións poden facerse a través dos teléfonos 603.895.753 ou 617.299.798.
Para a organización desta actividade a asociación O Castelo conta coa colaboración do Concello de Alfoz.
A sétima edición do Trail Monte Comado, de Barreiros, será o día 15 de outubro, domingo. Haberá dúas categorías: 12 quilómetros e 26 quilómetros. A saída e a meta estará na praza do Souto, en San Miguel de Reinante.
A inscrición realizase a través das páxinas web: http://www.mediokmverticalmontecomado.jimdo.com/, https://maiskmsbarreiros.gal/ e https://ccnorte.com/. O prazo estará aberto ata o 12 de outubro de 2023 ás 23:59 horas.
Haberá premios para as tres primeiras persoas clasificadas en cada categoría, así como para o gañador e a gañadora absolutos. A entrega dos mesmos terá lugar ao remate das carreiras.
Os interesados en participar poden...
leer másO programa de actividades ‘Xove ponte en forma’ empeza o 2 de outubro, luns. Inclúe ximnasia de mantemento, aerobic & full body, pilates e ximnasia na auga para maiores.
A ximnasia de mantemento será os luns de 11:30 a 12:15 horas e os venres de 10:30 a 11:15 horas.
A actividade de aerobic & full body desenvolverase os luns e mércores de 10:30 a 11:15 horas.
Haberá dous grupos de pilates: un será os martes e xoves de 10:30 a 11:15 horas e o outro realizará a actividade os mesmos días de 11:30 a 12:15 horas.
E a ximnasia na auga para maiores desenvolverase os mércores e venres de 11:30 a 12:15 horas.
A inscrición debe facerse na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Xove e o prazo remata o 28 de setembro.
A décimo oitava edición da Rota Montes da Mariña, que organiza o Club Os Correcamiños 4x4, de Foz, celebrarse do venres 27 ao domingo 29 de outubro.
Para participar neste evento de quads, motos e coches todoterreo abrirase a inscrición o día 1 de outubro. En edicións anteriores cubríronse as todas as prazas con asistentes de diferentes lugares de España e Portugal.
Pódese contactar coa organización a través dos teléfonos 696.564.539, 645.090.087 e 628.815.983 e do correo electrónico rutafozoscorrecaminos4x4@gmail.com.
A Delegación de Xuventude e Deportes do Concello de Foz organiza a Festa da Bicicleta Solidaria este domingo, 24 de setembro.
A actividade empezará ás 11:30 horas no parque municipal de tráfico. Haberá agasallos para todas e todos os participantes e sortearanse tres vales de 200 euros.
Para participar hai que aportar un quilo de alimentos. A inscrición está aberta ata o 22 de setembro a través do correo electrónico bici@concellodefoz.es.