Deportes
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta pola senda costeira entre Cudillero e San Esteban de Pravia, en Asturias, o domingo 20 de febreiro.
A saída será ás 7:45 horas de Ferreira e ás 8:00 de Foz.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 16 de febreiro nos números de teléfono 606 718 482 e 670 369 017 ou en ossendeiros@yahoo.es. Os prezos son de 30 euros para os socios federados, 34 euros para os socios non federados e 38 euros para o socio temporal. Está incluído o autobús e o xantar.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo, pasaporte covid e mascarilla. A ruta ten unha lonxitude duns doce quilómetros e un nivel de dificultade medio.
O Concello de Foz colabora na organización deste evento.
O Club de Piragüísmo Altruán de Ribadeo organiza un curso de augas bravas que se celebrará o día 13 de febreiro.
As persoas interesadas poden inscribirse nos números de teléfono 658 796 905 e 680 981 279.
A actividade será impartida por Fredi Burcio e desenvolverase no río Sor.
O Club de Piragüísmo Altruán celebra o seu 40 aniversario cun calendario cheo de actividades lúdicas e formativas que dará comezo con este curso de augas bravas. Ademais continuará coas súas excursións, aluguer de canoas e organización de rutas de kayak de mar.
O club ribadense, creado en 1982, leva varias tempadas colleitando moitos éxitos na práctica do piragüísmo.
Las Guerreiras defenderán el título de Supercopa de España en el palacio municipal de los deportes de Jerez de la Frontera el 26-27 de febrero. Pescados Rubén Burela FS -campeón de Primera RFEF Futsal Femenina y vencedor de Copa de S.M. La Reina- y Futsi Atlético Navalcarnero -subcampeón de Primera RFEF Futsal Femenina-se reencontrarán para decidir cuál de los dos equipos se corona como supercampeón de la temporada 2022.
La cita compartirá escenario con la Supercopa de España Masculina el último fin de semana de febrero con Barça -campeón de la última edición de Primera RFEF Futsal-, Movistar Inter -vencedor del Campeonato de España/Copa de S.M. El Rey-, ElPozo Murcia Costa Cálida -primer clasificado al término de la competición liguera regular- y Palma Futsal -segundo clasificado al término de la competición liguera regular-, como...
leer másO 30 de xullo terá lugar en Riotorto a 1ª Baixada de Carrilanas. O evento está organizado pola asociación Carrilanas Os Meiregos, que contan coa colaboración da Federación Española de Deportes de Inercia, o Concello de Riotorto e Laura Alonso.
O Concello de Xove conta dende hai bastantes anos cunha sala multideportiva, anexa ao ximnasio, na que se realizan ao longo de todo o ano adestramentos dalgúns deportes como fitnes, aerobic, ximnasia de mantemento, karate,... Desde o Concello explican que “debido ao covid, e ao tratarse dunha sala pequena, polo menos se a vemos con respecto ao que pode ser unha pista polideportiva, xurdiunos o problema da climatización e aireación da mesma”.
E engaden: “dende marzo de 2020, debido ao covid, a sala estivo practicamente sen utilizarse. Para solucionar este problema, dende o Concello pensouse que o mellor era climatizala e potenciar a súa aireación. Pois ben, o proceso de climatización e aireación está rematado, cunha dobre instalación de aire, climatizado por un lado e filtrado por outro. A instalación realizada ten unha capacidade de aportación de...
O centro deportivo e de ocio Activity Center, de Burela, acaba de cumprir 10 anos -o pasado xoves, día 13- e para celebralo está preparando unha serie de actividades que se levarán cabo cando mellore a actual situación da pandemia. Haberá un evento de pádel con xogadores do World Padel Tour e tamén unha gran festa infantil.
O xerente de Activity Center, Ibán García, explica que este centro deportivo e de ocio situado en Burela é “un proxecto que un 13 de xaneiro de 2012, hai xa 10 anos, arrancou converténdonos no primeiro club de pádel indoor na provincia de fóra da cidade de Lugo. Abrimos no seu momento portas non só na Mariña senón en toda a provincia, mostrando que o pádel fóra dunha cidade tamén podía ser un referente. Reforzámonos con outras actividades paralelas para dar un mellor servizo aos nosos usuarios: desde clases de...
leer másA asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta por terras de Trabada o 23 de xaneiro. A saída será ás 9:00 horas de Foz, diante de Cenor, e ás 8:45 de Ferreira.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 21 de xaneiro nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou en ossendeiros@yahoo.es. A actividade é gratuíta para os socios federados e ten un prezo de 4€ para os socios non federados e 5 euros para o socio temporal.
A ruta, que discorrerá pola fraga do monte Roxal, en Teixido-Trabada, ten unha lonxitude duns oito quilómetros e un nivel de dificultade medio.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo con botas e bastóns, pasaporte covid e mascarilla.
O Concello de Foz colabora na organización desta actividade...
leer másO Concello de Viveiro ten entre as súas prioridades de goberno a posta en valor do seu atractivo natural e paisaxístico para o seu disfrute por parte de veciños e visitantes.
Dentro dese obxectivo xeral, ten un plan de mantemento e conservación continua das rutas de sendeirismo, unha das mellores formas de coñecer o concello e practicar hábitos de vida saudables.
Nas últimas semanas, o Concello procedeu á renovación dos carteis informativos da ruta que une Viveiro co Penedo do Galo, unha das máis transitadas polo seu alto valor paisaxístico.
“Temos unha contorna natural privilexiada que debemos coidar entre todos, no caso do concello con actuacións para que as rutas estean nas mellores condicións”, asegura María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.
A Piscina Municipal de Lieiro acollerá esta fin de semana un novo curso de esquimotaxe organizado polo Club de Piragüismo Cidade de Lugo e a Federación Galega de Piragüismo, coa colaboración da sección de piragüismo do Club Deportivo San Ciprián e do Concello de Cervo.
O curso celebrarase o domingo, 16 de xaneiro, en horario de mañá e tarde de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas.