Deportes
A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza unha ruta pola localidade asturiana de Luarca o domingo 4 de decembro. Trátase da ruta denominada La Cangrexa. A saída desde Foz será ás 07:30 horas e ás 07:45 horas desde Ferreira do Valadouro.
Esta actividade inclúe o xantar e os prezos son: 36 euros para socios federados, 40 euros para socios non federados e 44 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata o 30 de novembro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.
O luns, 21 de novembro, ábrese o prazo de inscrición na XXXII San Silvestre de Ribadeo.
O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, manifestou: “hoxe presentamos unha nova edición da San Silvestre de Ribadeo, que é a trixésimo segunda. Os premios seguen sendo da mesma cantidade e do mesmo xeito que na anterior. O prazo de inscrición empeza o 21 de novembro e remata o 26 de decembro, ambos incluídos”.
O edil ribadense lembrou que “esta nova edición vén precedida da anterior, que estivo marcada polo Covid e parte desa carreira se fixo con máscara, pero logrouse levar a cabo esa edición”.
Díaz Freije agarda que sexan moitas as persoas as que se animen a inscribirse e a correr a San Silvestre 2022: “esperemos que este ano sexan moitos inscritos, que veñan a Ribadeo despedirse deste ano 2022 e que...
leer másMañá sábado, 12 de novembro, o Pavillón Vista Alegre de Burela será testigo dun día de futbol sala ao completo. Pola mañá, ás 11.30 horas celebrarase o encontro de 8ª Xornada de Primeira División Feminina de Futbol Sala, CD Burela FS - AD. Alcorcón FSF, que será retransmitido por Vuvuzela.
Pola tarde disputarase o encontro CD Burela FS - FC Barcelona B, 9ª Xornada de Segunda División Masculina de Fútbol Sala, ás 18.30 horas. Este partido será retransmitido a través da RFEF.
O Concello de Cervo acollerá este sábado, 5 de novembro, o Campionato Galego de Velocidade SUP no Encoro de Río Cobo.
A cita deportiva, que arrincará ás 10:30 horas,está organizada pola Federación Galega de Surf, en colaboración co Concello de Cervo, o club Deportivo San Ciprián e a Xunta de Galicia.
A proba mixta congregará a uns 60 deportistas nas categorías elite, sub-18, sub-16 e sub-14 que terán que completar un percorrido total de 1000 metros.
Ao remate, está prevista tamén unha proba do circuíto galego de SUP Race que se desenvolverá nun circuíto triangular ao que os deportistas terá que dar 4 voltas, ata completar a distancia de 6 quilómetros.
A entrega de trofeos está prevista para as 15:00 horas.
O rexedor, Alfonso Villares,...
leer másA asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza o vindeiro domingo, 6 de novembro, a ruta pola Fontaneira, en Baleira. Segundo explican “trátase dunha ruta moi bonita e asequible para todo o mundo. Esperamos contar contigo”.
Son 11 quilómetros a través dun treito de dificultade media. O prezo para os socios será de 25 euros e para os non socios de 30 euros. Para poder asistir é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben nos teléfonos: 982 580 504 e 657 82 11 94 antes do 3 de novembro.
A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza unha ruta polo municipio asturiano de Villanueva de Oscos o domingo 6 de novembro. Trátase da ruta PR 241 Senda Verde del Agüeira. A saída desde Foz será ás 07:30 horas e ás 07:45 horas desde Ferreira do Valadouro.
Esta actividade inclúe o xantar e os prezos son: 35 euros para socios federados, 39 euros para socios non federados e 43 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata o 2 de novembro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.
A Pontenova acollerá do venres 11 ao domingo 13 de novembro a sexta edición da Ruta da Troita de vehículos todoterreo (coches, motos e quads).
O programa de actividades comeza o venres 11 coa presentación da ruta cuns pinchos. O sábado haberá unha ruta turística que sairá ás 09:15 horas. Tamén está programada unha verbena co grupo Fénix e o DJ Pedro Bermúdez. E o domingo haberá proba de obstáculos, que disporá de distintos recorridos en función da categoría do vehículo, e circuíto de velocidade para coches todoterreos e quads.
Integrantes do colectivo organizador, ACD Praias de Comado, xunto con Daniel García, concelleiro responsable da área de Dinamización e Participación Veciñal, e Manuel Otero, xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, presentaron as carreiras e andaina Monte Comado 2022 que terán lugar este sábado 15 e domingo 16 de outubro no municipio barreirense.
A cita deportiva comezará o sábado 15 coa saída da andaina ás 15:15 h. desde a praia de Arealonga (Santiago de Reinante).
Ás 16:30 h. darase a saída da carreira “½ km vertical” dende o mesmo lugar, a praia de Arealonga, e na que os participantes ascenderán ao cumio do monte Comado en apenas 4 km superando desniveis que roldan o 40% nos puntos máis abruptos do percorrido.
Na mesma tarde do sábado, ás 17:30 h. terán lugar as...
leer másAs Escolas Deportivas Municipais de Barreiros ofertan actividades para todas as idades a partir de 4 anos. Comezarán o 10 de outubro e o prazo para inscribirse remata o día 3 dese mes.
Para persoas de 4 a 15 anos de idade as actividades ofertadas son multixogos, atletismo, patinaxe, natación escolar, fútbol sala e surf. E para os maiores de 16 anos hai ioga, cardio hitt, zumba, ximnasia de mantemento e espalda saudable.
As actividades darán comezo o 10 de outubro do 2022 e rematarán o 31 de maio do 2023, agás a actividade de surf para menores que acabará en xuño do 2023.












