Deportes
Do 27 ao 29 de setembro terá lugar en Burela o V Torneo Marosa Cup de fútbol, que reunirá a 50 equipos e a unhas 700 persoas. O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, destacou o impacto económico que terá na vila este torneo. Haberá, como novidade, fútbol feminino e ademais torneo de veteranos e da liga Genuine. Na presentación celebrada esta maña no Concello, estiveron o alcalde, Alfredo Llano, o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, e o presidente da SD Burela, Jesús Manuel Ares.
O edil de Deportes dixo que “vimos de facer hoxe a presentación do que vai ser a quinta edición do torneo Marosa Cup, fixémolo o alcalde e mais eu e contamos coa presencia do presidente da Sociedade Deportiva Burela, Jesús Manuel Ares. É un torneo que ano a ano vai medrando”.
Ramiro Fernández salientou que “este ano...
leer másDo 16 ao 30 de setembro estará aberto o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas do Concello de Ribadeo para tempada 2019/20. En total son 12 as modalidades ofertadas. O pagamento da matrícula, 60 euros por escola, poderá facerse ata o 15 de outubro. A nova edición das Escolas foi presentada hoxe polo concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, e polo técnico municipal de Deportes, Iván López.
As modalidades deportivas que se impartirán son atletismo, baloncesto, fútbol, fútbol sala, hoquei liña, natación, pádel, patinaxe, rugbi, tenis, tenis de mesa e ximnasia rítmica. O inicio das escolas terá lugar entre o 16 de setembro e o 15 de outubro e o remate será entre o 16 de maio e o 15 de xuño. Están destinadas a nenas e nenos nados entre os anos 2006 e 2015. Nas escolas con límite de prazas realizarase un sorteo entre os inscritos o 2 de outubro...
leer másO clube barreirense exercerá de anfitrión o próximo 14 de setembro no I Torneo Praias de Barreiros de fútbol sala feminino, un evento que servirá tamén de presentación oficial do conxunto de Modesto Veiga ante a súa afección.
Ademais do conxunto local, entrarán en liza o Concello de Begonte, Lieders Futsal e o ADC Burela Pescados Rubén todos eles conxuntos que competirán a próxima tempada na 1ªGalicia Senior Feminina de Lugo.
Unha tarde de fútbol sala que comezará coa presentación do equipo sénior feminino ás 15:30 e que rematará trala disputa da final fixada para as 20 horas.
Na presentación do Torneo, ademais da directiva e xogadoras do Praias de Barreiros, estiveron presentes Ana Ermida (Alcaldesa de Barreiros), Daniel García e Dámaso Ratoeira (membros da corporación municipal) así...
leer másLa trigésimo segunda edición de la marcha cicloturista de Viveiro se celebrará el sábado 14 de septiembre. Este evento deportivo, organizado por la Peña Lar, de Viveiro, comenzará en la Plaza Mayor a las 15:00 horas y concluirá en el monte San Roque. El desnivel de los últimos metros es del 8,97% y la distancia a recorrer en esta prueba es de 72 kilómetros.
Es una marcha neutralizada con tramos libres y la recogida de dorsales se realizará en el pabellón Antonio Tarrío de 13:00 a 14:45 horas.
Las inscripciones para participar deben realizarse en la web www.ranckr.com y el plazo finaliza el 12 de septiembre, jueves.
A Delegación de Deportes do Concello de Mondoñedo organiza as clases de ximnasias de mantemento que se iniciarán en outubro.
Os grupos son os seguintes:
- Ximnasia de mantemento terceira idade:
Martes e venres no centro de Servizos Sociais de 10 a 11 horas. da mañá.
- Ximnasia de mantemento grupo adestramento deportivo:
Martes e xoves no Polideportivo Municipal de Mondoñedo de 20:30 a 21:30 horas.
As persoas interesadas poden obter máis información chamando ao seguinte número de teléfono: 605 790 091
La Ciudad del Fútbol de Las Rozas ha acogido esta tarde la presentación de la XVII Supercopa de España, que se disputará este viernes, a las 21.00 horas, entre el campeón de liga, Futsi Atlético Navalcarnero, y el Pescados Rubén Burela FS, campeón de Copa de SM La Reina. Junto al presidente del Comité Nacional del Fútbol Sala, Pedro Rocha, participaron en el acto los entrenadores, Andrés Sanz y Julio Delgado, junto a la madrileña Leti y la naranja Bea Mateos.
El Pescados Rubén Burela FS llegó al acto aún festejando el título de 4Nations Futsal conseguido el domingo en Milán: “Hemos demostrado un nivel muy alto, el equipo ha estado muy serio y riguroso. Este torneo internacional ha reflejado una vez más el gran nivel del fútbol sala español. Creo que este viernes nos mediremos dos de los mejores equipos del mundo; espero que se pueda vivir...
leer másO Concello de Cervo será o escenario da 1º Mini BTT Medela MTB o vindeiro domingo, 8 de setembro.
Este evento federado desenvolverase nun circuíto que foi deseñado e trazado pola organización no Monte de Lieiro, froito dun acordo coa Comunidade de Montes, propietaria dos terreos.
A cita deportiva, organizada polo Club Medela MTB, coa colaboración do Concello de Cervo, foi presentada polo rexedor, Alfonso Villares, o edil de Deportes, David Rodríguez, a edil de Educación, Dolores García Caramés, e por varios membros do ente organizador, David Riera, Víctor Riera e Diego Ballesteros; que estiveron acompañados polos pequenos que asisten cada día aos Enredos de Verán que tiveron a oportunidade de testar o circuíto, como unha actividade dentro deste programa de conciliación familiar deseñado polo Concello de Cervo para...
leer másO Concello de Burela organiza, xunto a Fanto Fantini, o sexto Festival Benéfico Deportivo Alas de Vida que terá lugar os días 21 e 22 de setembro na localidade. Haberá actividades para os máis pequenos e tamén un trail e unha carreira para os adultos. No acto de presentación, celebrado este mediodía, participaron Kiko Muñoz e Antonio Barcia xunto ao alcalde de Burela, Alfredo Llano, e á concelleira de Servizos Sociais, Noelia Mª Ben.
Kiko Muñoz, da asociación Debra Piel de Mariposa, explicou que “se trata de la sexta edición que va a ser los días 21 y 22 de septiembre. Es un festival benéfico en el que el sábado 21 va a haber un paseo solidario y una fiesta infantil, con una chocolatada, desde la plaza da Mariña hasta la Marosa. El domingo 22 habrá un trail por el Monte Castelo y una carrera por el asfalto hasta O Cantiño. La inscripción...
leer másO Concello de Trabada organiza unha excursión ao parque de aventura Roq Park, en Viveiro.
A actividade terá lugar o día 6 de setembro. A saída será ás 15:00 horas e o regreso ás 20:00 horas.
As persoas interesadas poden realizar as inscricións nas oficinas administrativas municipais ou chamando ao número de teléfono 982 135 011 ata o 3 de setembro. Os prezos son: 15 euros para os menores de 12 anos e 20 euros para os maiores de 12 anos.
Comeza a conta atrás, coa apertura da campaña de socios/as 2019-20. Tan só queda un mes para Vista Alegre volva ruxir co mellor dos espectáculos nunha tempada moi especial para a Familia Laranxa, cumprindo 18 anos de traballo dende a base á elite.
Os nov@s soci@s poderán formalizar a súa solicitude cubrindo o formulario adxunto e facendo a entrega na sede do club (Arcadio Pardiñas, 97, entreplanta, Burela. Horario do mes de agosto: De Luns a venres, 9.00-14.00 horas) ou a través de burelafs@burelafs.org.
Como novidade, as altas de socio tamén se poderán tramitar online, nesta LIGAZÓN.
PREZOS DE ABONOS 2019-20
0-5 anos: Gratuíto
6-17 anos: 20 euros
Abono 25 (18-25...
leer más