Deportes

Etiquetas:
09/04/2021

BeOne, a concesionaria da Piscina Municipal de Ribadeo, está decidida a fomentar o deporte entre as familias do concello e recuperar as súas rutinas deportivas anteriores ao comezo da pandemia para que cheguen en forma a este verán. “Nos últimos meses, notamos que as persoas se volven a animar a facer deporte nos centros deportivos ao consideralos espazos seguros. Gustaríanos que esta tendencia se ampliase a toda a familia e facerlles ver a importancia do deporte na súa saúde”, comenta Javier Canel, director da instalación. 

Xa son moitos os estudos científicos que demostran que as persoas que practican actividade física teñen un sistema inmune máis fortalecido que aquelas que non o fan. Ademais, segundo un deses estudos, o realizado recentemente polo Instituto Cardiovascular do Hospital Clínico San Carlos (Madrid), as persoas activas...

leer más
Etiquetas:
05/04/2021

O Concello de Viveiro lembra que está aberta a preinscrición para os cursos de natación para nenos e nenas, establecendo as seguintes categorías:
- Curso natación infantil: nacidos entre 2015 e 2016.
- Curso natación nenos: nacidos entre 2007 e 2014
- Curso escolas de natación: nacidos entre 2014 e 2005.

O prazo de preinscrición remata o 8 de abril de 2021. O venres, 9 de abril, na piscina municipal, realizarase o sorteo das prazas, que será aberto ao público. A presinscrición para os cursos de nenos pode facerse tanto de forma presencial como por teléfono.

A data de comezo dos cursos será o 12 de abril e o remate o 17 de xuño. Os cursos terán un aforo limitado a catro alumnos por curso, debendo cumprir en todo caso as medidas e limitacións en materia de prevención de COVID-19.

 

Etiquetas:
03/04/2021

Desde o Concello indican que “todas as previsións quedaron curtas e o voso interese pola ruta xeolóxica deste sábado obríganos a organizar outra na vindeira fin de semana”.

E lembran que “o día 30 de marzo abriuse o prazo para a inscrición na actividade deste sábado e antes das 10.00 da mañá xa estaban cubertas as prazas comezando a haber lista de agarda, a cal ao longo destes días se foi incrementando”.

A nova ruta será o 11 de abril “co fin de darlles a posibilidade ás persoas que forman parte da elevada lista de agarda que temos para a deste fin de semana de coñecer este interesante tramo do noso litoral dende a perspectiva xeolóxica. En caso de cancelacións contactarase, por orde de inscrición, coas persoas que non obtiveron praza en ningunha das dúas rutas”.
 
Desde o Concello barreirense subliñan...

leer más
02/04/2021

As Guerreiras Laranxas disputarán este sábado a xornada 2 da segunda fase cun novo derbi galego, con reencontro de final. Tras a final de Copa da Raíña Málaga 2020 e a Supercopa de España Burela 2021, o Poio Pescamar FSF e o Pescados Rubén Burela FS volverán verse as caras, pero esta vez en liga. Será mañá, ás 17.00 horas e a cita poderá seguirse en directo pola web de CRTVG, con previa e post en BurelaFS.tv.

“Temos unha cita moi especial, con emoción de derbi, na casa e coa nosa afección; será o primeiro duelo galego de liga en Vista Alegre. Esperamos que todos poidamos gozar dun gran partido e que os tres puntos queden aquí” confesaba Dany, autora do último tanto laranxa no historial recente entre as pontevedresas e mariñás con ese 2-0 que lles concedeu a terceira Supercopa de España o pasado 9 de xaneiro na Bomboneira. 

... leer más
02/04/2021

A Delegación de Deportes do Concello de Mondoñedo inicia a partir do 10 de abril todos os sábados pola mañá roteiros de sendeirismo por Mondoñedo. Serán en grupos de seis persoas cun monitor que guiará as mesmas por distintos sitios do municipio.

O primeiro roteiro realizarase ao Mosteiro dos Picos e ao Castro de  Zoñán. 

Para apuntarse aos roteiros ou informarse as persoas interesadas poden chamar ao  teléfono 605.790.091 (Raúl).

 

Etiquetas:
01/04/2021

A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, anunciou que o Concello xa rematou a obra de construción da pista de pádel da vila. 

A rexedora remarca que “o principal obxectivo deste proxecto é proporcionar ao municipio de Trabada, e a todos os seus veciños e veciñas, unha nova instalación deportiva para a práctica dun deporte en auxe como é o pádel. E lembramos que facémolo porque é unha demanda veciñal, e ao mesmo tempo dámoslle utilidade a un espazo que non o tiña”. 

Ademais dende o Concello tamén avanzan que “o Goberno Municipal de Trabada xa está traballando en impulsar e promover máis proxectos para este emprazamento, co fin de que contribúan a mellorar as nosas dotacións públicas." 

“Dende o Goberno Municipal de Trabada decidimos incluír a ubicación desta pista de pádel nas...

leer más
Etiquetas:
30/03/2021

Cervo acollerá o próximo domingo, 4 de abril, o 1º torneo de Kaiak Polo da Liga Galega nas categorías masculina e feminina, con todas as medidas de seguridade e prevención fronte á COVID-19.

A proba, que é a primeira vez que se celebra nunha instalación pechada, foi presentada este mediodía polo edil de Deportes, David Rodríguez, polo responsable da sección de piragüismo do Club Deportivo San Ciprián, Iván González e polo vicepresidente do club Cidade de Lugo e delegado da federación galega de piragüismo, Martín Carballo.

A competición comezará ás 16:00 horas e está previsto que remate sobre as 20:00 horas. Xogaranse 10 partidos, 4 da categoría masculina e 6 da feminina.

Os clubs que participan son o Cidade de Lugo –único representante da provincia que competirá nas categorías masculina e...

leer más
Etiquetas:
22/03/2021

Desde hoxe e ata o 26 de marzo está aberto o prazo de inscrición nas xornadas deportivas de Cultura Urbana que organiza a Concellaría de Mocidade durante a Semana Santa. Están dirixidas a rapazas e rapaces a partir de 8 anos. 

A edil Mariluz Álvarez Lastra explicou que “debido ás circunstancias presentes, a covid-19 e ás medidas de prevención específicas adoptadas na comunidade autónoma de Galicia, estamos na obriga de  limitar e adaptar as actividades dirixidas a poboación infantil-xuvenil primando a seguridade das persoas participantes e cumprindo as medidas especiais para  actividades de Tempo Libre (Orde do 17 de marzo de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da covid-19 na comunidade autónoma de Galicia)”.

As xornadas...

leer más
Etiquetas:
20/03/2021

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta por terras mindonienses. Será o sábado, 28 de marzo.

A saída terá lugar ás 9:00 horas de Foz, diante de Cenor, e tamén a esa hora desde Ferreira. O desprazamento realizarase en coche.

As persoas interesadas poden anotarse ata o 26 de marzo nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou na dirección de correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e mascarilla. A ruta, dun nivel medio de dificultade, ten unha lonxitude de 13´5 quilómetros e discorre por Supena. 

O Concello de Foz colabora na organización deste evento. A actividade levarase a cabo se a situación sanitaria o permite e seguindo os protocolos oportunos.

 

Etiquetas:
20/03/2021

O Concello de Viveiro anuncia que desde o pasado luns, 15 de marzo, os centros socioculturais do municipio permanecen abertos cun aforo limitado do 30%. 

Ademais dende o vindeiro luns, 22 de marzo, darán comezo as actividades grupais nos centros socioculturais con ata catro persoas non convivintes (sen contar ao monitor/a), segundo establece a nova orde pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na comunidade autónoma de Galicia.

Dende o goberno local enténdese que no contexto a actual os centros socioculturais son lugares fundamentais, cumprindo sempre coa normativa e limitacións establecidas. Estes espazos constitúen un lugar de encontro entre persoas no que poder levar a cabo non só actividades lúdicas, senón tamén...

leer más