Deportes
A Concellería de Xuventude do Concello de Foz organiza o programa Aberto x Vacacións que se celebrará durante os meses de xullo e agosto.
Está dirixido a nenos e nenas con idades entre 3 e 12 anos, nad@s entre os anos 2007 e 2015, neste caso nen@s que xa fosen ao colexio o curso pasado. As actividades terán lugar de luns a venres, en horario de 10:30 a 13:30.
O prazo de inscrición vai do 25 ao 28 de xuño, e do 29 ao 31 de xullo no caso de quedar vacantes para o mes de agosto. Para anotarse é preciso entregar a folla de inscrición, xunto con copia da tarxeta da Seguridade Social, na Casa da Xuventude, en horario de 10:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00. As prazas son limitadas e adxudicaranse por orde de inscrición e rango de idade. O prezo é 20 euros ao mes.
Haberá obradoiros, kaiaks, xogos...
leer másO Concello de Foz organiza a XII edición do Campus de Verán de Patinaxe Artística de iniciación e perfeccionamento, dirixido a nenos e nenas a partir de 4 anos.
O campus ofrece, ademais dos aspectos específicos deste deporte, actividades complementarias lúdico-recreativas para que os participantes ao mesmo tempo de formarse disfruten das praias, da natureza e de excursións culturais. Deste xeito desenvolveranse nas instalacións do CEIP O Cantel, no Campo da Cabana, en Bispo Santo e na praia da Rapadoira. O horario será de 10:30 a 19:30 horas.
A organización habilitará un autobús gratuíto que percorrerá A Mariña para o traslado dos participantes que o necesiten. Haberá un refrixerio a media mañá, comida e merenda, ademais de menús especialmente deseñados para deportistas en idades noveis e para nenos e nenas que o...
leer másPoderán participar todos os nenos e nenas empadroad@s no Concello de Burela, nad@s entre os anos 2001 e 2009 e é obrigatorio saber nadar. As fichas de inscrición entregaranse no Concello o vindeiro luns, 24 de xuño, e o martes 25 en horario de 11:00 a 13:00 horas. O 27 de xuño farase pública a lista de admitid@s para cada grupo no Concello e na súa páxina web.
O número de prazas para cada un dos catro grupos é de dez, polo que en total ofértanse 40 prazas. A adxudicación farase por rigorosa orde de inscrición, sempre que se cumpran os requisitos.
As actividades desenvolveranse do 9 de xullo ao 30 de agosto, agás a cuarta semana de xullo e a terceira de agosto que non haberá paddle surf. Esta escola desenvolverase na praia de Portelo, ás 10:30 e 11:30 horas. O material necesario para realizar a actividade correrá a...
leer másEl club Atlético de Madrid aterriza este verano en A Mariña lucense para llevar a cabo su campus de fútbol dirigido a niños, niñas y jóvenes con edades comprendidas entre los 5 y los 16 años. Se desarrollará en Foz del 15 al 20 de julio.
El campus de fútbol del Atlético de Madrid, con seis años de recorrido en Galicia, mezcla la formación deportiva y humana con un toque lúdico y dinámico. Entrenamientos adaptados a cada edad y nivel, competiciones individuales y colectivas, charlas formativas, salidas de ocio… son algunos de los ingredientes de esta Experiencia Atlética, de la que cada verano gozan más de 300 participantes en la comunidad gallega.
Esta actividad cuenta con la dirección técnica de entrenadores de la Academia del Atlético de Madrid, que durante esa semana dirigirán los entrenamientos y compartirán...
leer másA Concellería de Deportes organiza, un ano máis, as escolas deportivas de verán que darán comezo o 1 de xullo e rematarán o 23 de agosto. As persoas interesadas poden inscribirse do 24 ao 26 de xuño nas distintas actividades que van desde multideportes e xogos tradicionais ata patinaxe, pasando por xogos na praia e rutas en bicicleta. Poderán participar os nen@s nad@s entre os anos 2013 e 2007. No grupo de nen@s de 5 a 7 anos haberá 15 prazas, e os grupos de 8 e 9 anos e maiores de 10 anos contarán con 20 prazas cada un. A adxudicación de prazas farase por rigorosa orde de inscrición e o prezo é de 8 euros ao mes por actividade.
O concelleiro de Deportes en Burela, Ramiro Fernández Rey, explicou que “empezamos a repartir a nota informativa e a ficha de inscrición para as escolas deportivas do verán. Imos ter, como todos estes anos,...
leer másXa está todo a punto para a gran cea de celebración coas novas Raíñas. O Pescados Rubén Burela FS despedirá a tempada este xoves, día 20, cunha cea no Hotel Nordés (21.30 horas), na que as Guerreiras Laranxas poderán festexar coa afección a última xesta, a I Copa de SM A Raíña.
Todas as persoas interesadas poden reservar o tícket no Nordés, ao prezo de 25 euros, ata mañá, mércores 19, ás 15.00 horas.
Menú: Patacas ao pobre con xamón, croquetas caseiras, chipiróns fritos, lagostinos á prancha e solombo de porco. Bebida (Rioja, Albariño, cervexa, refrescos…), postre caseiro, café e chupito.
Agardámosvos o xoves 20!!! Facendo Historia!!!
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta pola Senda do Oso en Asturias, que terá lugar o vindeiro domingo, 23 de xuño.
A saída será ás 7:30 horas, de Ferreira, e ás 8:00 horas do Colexio do Pilar en Foz.
O prezo é 34 euros para os socios federados, 38€ para os socios non federados e 42 euros para os non socios. Está incluído o xantar.
Para asistir é obrigatorio anotarse, e pode facerse nos teléfonos 606 718 482 ou 670 369 017, e no e-mail ossendeiros@yahoo.es. O prazo para inscribirse remata o mércores 19 de xuño.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio cunha distancia de 15 quilómetros.
O Centro Social de Lago organiza, por primeira vez, un CAMPIONATO DE FUTBOLÍN, contando coa colaboración do Concello de Xove e a empresa Lucus Recreativos.
O Campionato vaise desenvolver este SÁBADO, 15 DE XUÑO, A PARTIRES DAS 17:00 HORAS no Centro Social de Lago. No mesmo está previsto a participación de 16 parellas.
A inscrición, que inda está aberta e custa 20 €uros por parella, pódese facer no teléfono 664 86 98 78 ou ben no propio Centro Social.
O formato do Campionato vai ser similar ao da champions futbolística, cunha Primeira Fase con 4 grupos de 4 parellas cada grupo, onde xogarán sistema de liga de todos contra todos. Para seguinte fase pasarán as 8 mellores parellas, 2 por cada grupo, que disputarán eliminatorias directas ata chegar á final, con premios as catra primeiras...
leer másUn total de 49 equipos participarán os días 15 e 16 de xuño no XVI Torneo de Fútbol Base da SD Ribadeo nas categorías Prebenxamín e Benxamín, que se disputará nos campos do estadio municipal Pepe Barrera e do Ceip Gregorio Sanz. Chegan a Ribadeo procedentes de comunidades como Castela-León, País Vasco, Cantabria, Asturias e Galicia.
Dezaseis son os equipos que disputarán o torneo prebenxamín e 33 os que participarán no torneo benxamín. O domingo haberá concursos de penaltis, porteiros, afeccións e tiros de medio campo, ademais dun partido de exhibición miniprebenxamín.
O torneo foi presentado no estadio Pepe Barrera polo concelleiro de Deportes, David Rivas, polo técnico municipal de Deportes, Iván López, pola presidenta da SD Ribadeo, Sandra Nonide, e por Miguel Fuente, que é coordinador e adestrador da SD.