Deportes
O Presidente da Deputación, Darío Campos xunto ao Tenente de Alcalde, Francisco MartínezBermúdez, e o Presidente do Centro de Iniciativas Turísticas (CIT), Francisco Javier Rois Freijo, presentaron a XLI edición da Festa da Troita da Pontenova que terá lugar os días 30 de abril e 1 de maio. Este eventoestá declarado como Festa de Interese Turístico Galego e tamén de Interese Turístico Deportivo Nacional. O Goberno da Deputación vén apoiando nos últimos anos a organización deste evento, que este ano recibiu unha achega de 5.000 €.
Darío Campos destacou que “esta celebración da Pontenova é a segunda festa da troita máis antiga de Galicia. Xa conta con máis de 40 anos de tradicióne consolidouse coma un importante revulsivo económico para o Concello da Pontenova e para a contorna da Mariña o cal redunde positivamente na provincia”.
... leer másO Pavillón da Veiga acollerá o V Torneo de Voleibol “Concello de Cervo” este sábado, 27 de abril.
A cita foi presentada no propio escenario da competición, no Pavillón da Veiga, polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, a edil de Xuventude, Dolores García Caramés, e por unha representación das catro categorías de voleibol que hai no seo das Escolas Deportivas Municipais do Concello de Cervo: alevín, infantil e cadete feminino; e xuvenil masculino.
Ao longo de toda a xornada xogaranse 12 partidos de xeito practicamente ininterrompido nas categorías anteriormente citadas, ata as 20:00 horas cando se prevé que sexa a entrega de trofeos e medallas.
No campionato participarán o EDM Cervo, o C.V. Narón Volea e o C.V. Emevé Lugo.
Unha...
leer másO Encoro de Río Cobo será sede este sábado do Campionato Infantil de Piragüismo nas categorías K1 e C1.
A día de hoxe están inscritos 299 palistas de 34 clubs de toda Galicia, entre os que están os 6 da provincia de Lugo e os 4 da comarca da Mariña (Club Deportivo San Ciprián, Club Kayak de Foz, Club Altruán de Ribadeo e Club de Piragüismo Viveiro Urban Hotel).
Tal e como precisou Villares “levamos moitos meses traballando man a man co Club Deportivo San Ciprián e coa súa sección de piragüismo para poder traer esta regata a Cervo, porque desde o minuto un vimos que era unha boa oportunidade para a nosa zona, e cremos que o retorno será importante pola gran cantidade de xente, de familias, que move; ademais –precisou- é unha boa ocasión para dar a coñecer todos os atractivos que pode brindar o noso Concello ás...
leer másO Concello de Cervo vén de reabrir o ximnasio da piscina municipal tras unha reforma integral das instalacións que supuxo un investimento de 45.000 euros procedentes de fondos propios.
Mentras se acometía a obra habilitouse unha sala provisional na que se instalou a maquinaria.
Tal e como explicaron Villares e Soto “fíxose unha reforma integral das instalacións actuando na cuberta, na estrutura e no piso - que se reforzou naquelas zonas nas que empregan elementos como son as pesas-, e adquiríronse novas máquinas, que está previsto que cheguen nos próximos días”.
A Piscina de Lieiro é unha instalación única na provincia de Lugo, e as súas tarifas son moi competitivas. A cuota individual para maiores de 25 anos, empadroados no municipio, ascende a 18, 12 euros ao mes; e é de 28,31 euros...
leer másO Concello de Cervo será a sede do Campionato Galego Infantil de Piragüismo nas categorías K1 e C1.
A cita deportiva, que se disputará no Encoro de Río Cobo e que prevé reunir a máis de 300 palistas de máis de 30 clubs galegos, foi presentada polo alcalde, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, pola directiva do Club Deportivo San Ciprián, Cristina Barreira, polo responsable da sección de piragüismo, Iván González, e por varios adestradores e rapaces que integran este departamento.
Tal e como precisou Villares “levamos moitos meses traballando man a man co Club Deportivo San Ciprián e coa súa sección de piragüismo para poder traer esta regata a Cervo, porque desde o minuto un vimos que era unha boa oportunidade para a nosa zona, e cremos que o retorno será importante pola gran cantidade de xente,...
leer másA asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha ruta o sábado, 13 de abril, pola Senda del Cervigón, en Xixón.
A saída será ás 8:00 horas da Estación de Autobuses de Burela.
O prezo para os socios é de 20 euros e para os non socios de 25 euros, inclúe autobús, comida e seguro.
Para poder asistir é preciso anotarse e os interesad@s poden facelo en Gráficas Arfe ou ben no teléfono 982 580 504 antes do 11 de abril ás 20:00 horas.
Os organizadores informan que a ruta ten unha distancia de 9 quilómetros e o nivel de dificultade é baixo.
A directiva do C.F. Celta Barreiros invita a socios e afeccionados a asistir o vindeiro domingo, 14 de abril, ao partido que o enfrontará ao AD Matela, na fase de ascenso a segunda rexional. O equipo barreirense gañou 2-0 na casa, “entón imos con moita ilusión o domingo a ver este encontro e queremos que moitos socios, socias e afeccionados en xeral nos acompañen”, sinalan desde a propia directiva.
Haberá autobús e entrada de balde para todas as persoas que se animen a viaxar o vindeiro domingo co Celta Barreiros. O bus sairá ás tres da tarde das inmediacións do restaurante O Asador, na Cruz do Lobo.
O pavillón polideportivo focense Torques, de Marzán, acollerá unha velada de kickboxing o día 20 deste mes, sábado, a partir das 20:30 horas. Este evento foi presentado cun acto no que participou o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira.
A Delegación de Xuventude do Concello focense explica que “na Semana Santa do ano 2018 fixemos a primeira toma de contacto con este deporte, que nos deixou moi satisfeitos e este ano repetimos con melloras e xente local. Despois do éxito da primeira velada, Vanessa Ares, impulsora da mesma creou o club Foz Contact Ari, do que tamén é adestradora, para que todas aquelas persoas que lles gustara o boxeo ou o kickboxing puidesen aprender e practicalo. En menos de 8 meses xa son unha vintena, desde os 8 ata os 53 anos. O primeiro club de kickboxing presidido por unha muller conta con xente de Foz, Mondoñedo,...
leer más