Deportes
Comeza a conta atrás para a visita do titánico Movistar Inter. O líder de Primera, campión de campións, medirase ao Pescados Rubén Burela FS este sábado, ás 18.30 horas, en Vista Alegre, e as entradas xa están á vosa disposición.
A venda anticipada estará aberta na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta, Burela) ata o venres, día 24, ás 14.00 horas.
PREZOS DE SOCI@S
0-5 euros: Gratuíto (recollida de entrada no pavillón)
6-17 euros: 1 euro
Adult@: 5 euros
PREZOS NON SOCI@S
0-5 euros: Gratuíto (recollida de entrada no pavillón)
6-17 euros: 10 euros
Adult@: 20 euros
*Os NON soci@s poderán adquirir a súa entrada tamén a través desta LIGAZÓN, ata o xoves, día 23.
O edil de Deportes, David Rodríguez, anunciou no día de hoxe que a piscina municipal olímpica será a sede do Campionato Galego de Salvamento Deportivo nas categorías xuvenil, júnior, absoluta e máster, que se celebrará o 1 e 2 de febreiro; froito dun acordo de colaboración coa Federación Galega de Salvamento e Socorrismo de Galicia.
Rodríguez mantivo un encontro nas instalacións co director deportivo desta Federación, Daniel Vila, para perfilar todos os detalles do evento deportivo e coñecer as necesidades para o desenvolvemento desta proba que reunirá a 200 deportistas de toda Galicia, pertencentes a 12 clubs autonómicos.
A competición, que se desenvolverá en horario de mañá e tarde, arrincará o sábado, 1 de febreiro, ás 10:00 horas, e está previsto que remate o domingo 2, sobre as 19:30 horas.
... leer másA asociación Os Sendeiros de Foz organiza a primeira ruta de 2020. Será o domingo, 19 de xaneiro, á Fervenza do río Belelle, en Neda-Ferrol.
A saída será ás 7:30 horas diante de Cenor, en Foz, e ás 7:50 horas desde Ferreira.
As persoas interesadas poden inscribirse ata o 15 de xaneiro nos seguintes números de teléfono 606 718 482 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es.
Os prezos son: 25 euros para os socios federados, 29 para os socios non federados e 33 euros para os socios temporais (inclúe o xantar).
Recoméndase levar equipo de sendeirismo. A ruta ten un nivel de dificultade medio.
O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.
A venda anticipada para o derbi galego de oitavos da Copa do Rei estará dispoñible dende mañá, xoves. O conxunto de Juanma Marrube recibirá O Parrulo FS o vindeiro martes, ás 20.30 horas, en Vista Alegre.
Todas as persoas que así o desexen poderán adquirir a súa entrada na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, 97, entreplanta, Burela) ata o martes, ás 14.00 horas, ou o sábado en Vista Alegre, coincidindo co compromiso de liga ante o Osasuna Magna (18.30 horas). A taquilla abrirase unha hora antes do partido.
Gratuíto: Ata 5 anos (recollida de entrada en taquilla)
Menores NON soci@s: 5 euros
Menores soci@s: 1 euro
Adult@s NON soci@s: 12 euros
Adult@s soci@s: 3 euros
A eliminatoria de oitavos disputarase entre o martes 14 e o mércores 15:
... leer másA asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha ruta pola Fervenza de Toques para este sábado, 11 de xaneiro.
A saída será ás 8:30 horas da Estación de Autobuses de Burela.
As persoas interesadas en asistir poden inscribirse en Gráficas Arfe ou no número de teléfono 982 580 504, antes do xoves, día 9, ás 14:00 horas.
O prezo é 25 euros para os socios e 30 euros para os non socios e inclúe autobús, comida e seguro.
A ruta ten unha distancia de 12 quilómetros e un nivel de dificultade baixo.
Os Concellos de Mondoñedo, Riotorto, A Pontenova e Taramundi impulsan a creación dunha ruta BTT de longo percorrido vinculada aos oficios tradicionais. Este proxecto opta ás subvencións convocadas pola Xunta para fomentar a recuperación, accesibilidade e sinalización de recursos turísticos no medio rural.
A ruta discorrerá por catro concellos de carácter rural e de marcada natureza montañosa que destacan, ademais, polos seus oficios tradicionais e a súa vinculación coa auga; deste xeito póñense en valor os recursos naturais, paisaxísticos e etnográficos.
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, explica: “Destaca nesta zona, pola súa relevancia, a presenza de muíños como eixes do aproveitamento dos cereais que se empregaban para a alimentación dos animais, pero tamén para facer o pan nos fornos tan tradicionais...
leer másEl Club Ciclista Viveiro organiza un paseo en bici a Celeiro, Gymkana y chocolatada este próximo sábado, 4 de enero.
El recorrido saldrá de la explanada de los pabellones a las 11:00 horas.
Pueden anotarse los menores de 12 años, hasta este jueves, a través de +info:ccviveiro@gmail.com.
Un total de 630 inscritos participarán mañá, 31 de decembro, na carreira San Silvestre 2019 en Ribadeo. As carreiras das categorías inferiores terán lugar a partir das 16:40 horas polas rúas peonís de Ribadeo. A saída da proba absoluta será ás 17:00 horas.
O recorrido da Mini Sal Silvestre de Pituf@s terá unha distancia de 100 metros e a saída será diante da Oficina de Turismo para rematar diante do Concello. Nesta categoría inclúense os nad@s en 2016, 2017, 2018 e 2019 (que saiban camiñar). Esta proba será non competitiva e haberá medallas para tódol@s corredores/as inscrit@s chegados a meta.
A Mini San Silvestre para Iniciación e Prebenxamín, para nad@s entre 2012 e 2015, dará comezo ás 16:45 horas, terá unha distancia de 400 metros e consistirá nunha volta ao parque San Francisco con saída e chegada diante do...
leer másO Concello de Cervo acollerá o sábado 21 de decembro o XII Campionato de Nadal de Nihon Taijitsu nas modalidades de Kata Individual e Goshin Shobu (defensa persoal).
O evento foi presentado polo edil de Deportes, David Rodríguez, e polo presidente da Escola de Artes Marciais de Cervo e director do departamento de Taijitsu da Federación Galega de Kárate, Miguel Ángel Rojo.
O escenario da competición, que comezará ás 17:00 horas, será o Pavillón da Veiga de San Ciprián.
Estímase que serán medio cento os participantes, entre nenos e adultos, que participarán na competición, dos cales o 60 % serán representantes da Mariña.
Haberá medallas para todas as persoas participantes, e trofeos para os tres mellores de cada unha das 8 categorías.
A asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras de Burela organiza a última ruta do ano a Fonsagrada este sábado, 14 de decembro.
A saída será ás 8:30 horas da estación de autobuses de Burela.
As persoas interesadas en participar teñen de prazo para anotarse ata o xoves, 12 de decembro, ás 14:00 horas, e poden facelo no número de teléfono 982 580 504 ou en Gráficas Arfe. Os prezos son 25 euros para os socios e 30 euros para os non socios, inclúe autobús, comida e seguro, e a comida será cocido típico da Fonsagrada.
A organización informa que a ruta, cunha distancia de 8 quilómetros, ten un nivel de dificultade baixo.