Deportes

Etiquetas:
15/09/2021

A Concellaría de Deportes anunciou a apertura do prazo de matrícula nas escolas deportivas de inverno. Vanse impartir once modalidades. As persoas interesadas poden inscribirse ata o día 30 de setembro.

O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, declarou que “outro ano máis vimos de abrir o prazo de matrícula das escolas deportivas desde hoxe, 15 de setembro, ata o día 30 deste mes. Comezarán as escolas nese período, como moi tarde a última que empezará será o 15 de outubro, e rematarán entre o 15 de maio e o 15 de xuño”. 

O edil explicou que “son once modalidades deportivas: atletismo, baloncesto, fútbol, fútbol sala, hóckey liña, natación, pádel, patinaxe, ximnasia rítmica, rugby e tenis de mesa”.

Jorge Díaz engadiu que “dada a situación que levamos arrastrando, que non fai falta xa...

leer más
Etiquetas:
13/09/2021

Este domingo, 19 de setembro, celebrarase en Foz o Día da Bici. Está organizado polo Concello, a través da Delegación de Xuventude e Deportes, que explica: “a pesar da situación epidemiolóxica queremos volver gozar dunha xornada familiar na que pais e nais pasean en bici cos nenos e nenas. Non poderemos realizar algunhas actividades clásicas deste día, pero adaptámonos ás circunstancias actuais”.
 
A inscrición previa é obrigatoria e pode realizarse mediante o correo electrónico: bici@concellodefoz.es ou a través dos perfís do Concello nas redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram). Tan só deben remitirse os seguintes datos ata o 18 de setembro: nome e apelidos, data de nacemento e teléfono.

A saída será ás 11:30h desde a explanada do porto, a onde volverán os participantes despois...

leer más
Etiquetas:
13/09/2021

Este domingo, 19 de setembro, terá lugar unha xornada lúdico-deportiva para celebrar o Día da Bicicleta, unha actividade que serve para reivindicar o uso da bicicleta como medio de transporte saudable e sostible así como para fomentar o deporte en familia segundo salientan desde a concellería de deportes.

A saída da ruta, que está prevista para as 17:00 horas, terá lugar desde a pista deportiva situada na zona da praia de Altar, percorrerá a zona costeira do municipio ata completar unha distancia de 7km aproximadamente e será unha marcha neutralizada, NON competitiva. Trátase de pedalear todas e todos xuntos desfrutando da tarde.

Ao remate da ruta haberá xogos lúdicos e cada participante, co seu número de dorsal, entrará no sorteo dunha bicicleta e varios agasallos máis.

As inscricións...

leer más
Etiquetas:
13/09/2021

Desde este luns 13 e ata o día 23 de setembro está aberto o prazo de inscrición para participar este curso nas actividades deportivas para adultos organizadas polo Concello de Alfoz: aeróbic, ioga, ximnasia de mantemento e baile.

As inscricións deben presentarse na Oficina de Rexistro do Concello, tendo en conta a orde de entrega para acceder ás prazas dispoñibles en cada modalidade deportiva. Os interesados en máis información poden chamar ao teléfono 982.558.001 (extensión 2).

 

Etiquetas:
11/09/2021

As Guerreiras Laranxas estrearán a emoción sobre o parqué este sábado fronte ao Viaxes Amarelle FSF, en cuartos de XV Copa Galicia (18.00 horas). O pavillón polideportivo Sagrada Familia abrirá a cita cun minuto de silencio polo falecemento do presidente e alma máter do equipo anfitrión, Severino Amarelle. 

O encontro poderá seguirse en directo a través da canle de Youtube do conxunto herculino.

Neste primeiro termómetro da tempada, o Pescados Rubén Burela, na defensa do trono irmandiño, buscará a clasificación para semifinais. No caso de saír triunfal medirase ao gañador de Mosteiro Bembrive-Ourense Envialia (marcado para a mesma hora ca o duelo laranxa), coa ida prevista o 22 de decembro. 

O Amarelle, que este ano volverá contar coa cesión burelista de Cris Lourés nas súas filas, chega...

leer más
11/09/2021

O alcalde de Mondoñedo, Manuel Angel Otero, o xefe provincial de deportes da Xunta de Galicia, Manolo Otero, e o concelleiro de Deportes, Manuel Tapia, presentaron unha nova edición da Carreira Mondoñedo Monumental, que se celebrará o 25 de setembro e que terá unha oferta deportiva para todas as idades e niveis.

Serán 5 competicións ao longo da tarde desde as 17:15 horas: 
• 17:15 200m Cativos mixto (nados en 2014 e posteriores)
• 17:20 800m Sub10 mixto (nados en 2012 e 2013)
• 17:30 1600m Sub12 mixto (2010 e 2011)
• 17:40 2400m Sub14 y Sub16 mixto (2006 a 2009)
• Absoluta 5km (2005 e anteriores) 

As persoas interesadas en participar dispoñen de toda a información en 
www.ccnorte.com e na web oficial...

leer más
Etiquetas:
09/09/2021

Trinta e seis equipos de 8 comunidades autónomas españolas e outros procedentes de Portugal se darán cita en Ribadeo os días 11 e 12 de setembro para disputar o XV Torneo Internacional de Veteranos. O evento está organizado pola Asociación de Veteranos do Ribadeo FC e conta coa colaboración do Concello e de Acisa. Os partidos vanse disputar en campos de Ribadeo, Lourenzá e Barreiros, en Galicia; e en Navia, Coaña e La Caridad, en Asturias. O Torneo presentouse este mediodía no salón de plenos.

O alcalde, Fernando Suárez, dixo que “desde o Concello quero expresar a ilusión que nos produce volver a ter un torneo de veteranos, de maiores de 35, que neste ano é a 15ª edición dado que, desgraciadamente, o anterior por mor da pandemia houbo que suspendelo, non se puido facer. E agora, no 2021, xa saíndo desta terrible situación na que estivemos...

leer más
Etiquetas:
09/09/2021

Muras será saída e meta da terceira etapa da XIX Volta a Galicia, que se disputará o vindeiro 18 de setembro cun percorrido de 150 quilómetros polas estradas da Mariña e a Terra Chá.

O deputado de Deportes, Efrén Castro, e o alcalde de Muras, Manuel Requeijo, acompañados por representantes da Federación Galega de Ciclismo, visitaron este xoves un dos puntos máis elevados da ruta, o Alto da Amosa, a escasos dez quilómetros da meta da etapa, “a máis longa e esixente da Volta”, segundo explicou o director da proba, Jacobo Ucha.

Os ciclistas sairán desde Muras cara ao Alto da Gañidoira, pasando despois polos concellos do Valadouro, Alfoz e Mondoñedo, para volver cara a Muras por Abadín  e Vilalba. 

O deputado de Deportes, Efrén Castro, destacou as condicións que ofrece a zona para “que se...

leer más
Etiquetas:
07/09/2021

O Concello de Cervo reabriu o vaso a piscina olímpica municipal este luns, 6 de setembro. 

Avanzou David Rodríguez, o edil de deportes, que desde o día de onte están  dispoñibles o vaso e o ximnasio público, dos que as persoas usuarias poderán facer uso “sempre a través de reserva vía telefónica a través do 982594512”; para poder ter un control exhaustivo do aforo, que será limitado.

O horario da piscina será de luns a venres en horario de 09:00H a 15:00H e de 16:00H a 22:00H; e os sábados de 09:00H a 13:30H e de 17:30H a 20:30H.
 
O concelleiro avanzou tamén que “nos vindeiros días daranse a coñecer os diferentes cursos que se impartirán na piscina na temporada 2021-2022 cos seus respectivos horarios”.

O responsable de deportes apuntou que “durante este tempo no que nos vimos...

leer más
Etiquetas:
06/09/2021

O deputado de Deportes, Efrén Castro, presentou esta tarde en Viveiro a terceira edición do Rally da Mariña, que se disputará do 10 ao 12 de setembro  nos concellos de Muras, Ourol, Cervo, Xove, Viveiro e O Vicedo.

A carreira, que conta cunha achega de 24.000 euros por parte da Vicepresidencia da Deputación,  constará de cinco treitos cronometrados. A carreira arrancará o venres coas primeiras pasadas dos dous primeiros treitos, en Muras e entre o Viveiró (Muras) e Xerdiz (Ourol). A competición retomarase o sábado pola maña, coa segunda pasada dos dous primeiros treitos, e continuará ao longo da xornada cos treitos do Vicedo, a triple pasada, Cervo (saída diante da fábrica de Sargadelos) e Xove (saída a carón da Praza do Concello), a dobre pasada. En total, os pilotos percorrerán 124 quilómetros cronometrados polas estradas da comarca.  O...

leer más