Eventos

Etiquetas:
19/04/2017

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, valorou esta mañá o privilexio que supón desenvolver na cidade a iniciativa ‘No bico un cantar’, promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Consello da Cultura Galega.  Na súa quinta edición, este proxecto rende homenaxe aos poetas mindonienses a través das voces dos alumnos e das alumnas dos conservatorios profesionais de música de Galicia. “A inclusión en ‘No bico un cantar’ converterá a Mondoñedo na capital da cultura galega o vindeiro día dous de xuño”, considera a rexedora.

Elena Candia participou esta mañá na presentación que se fixo da iniciativa no Salón de Plenos do Concello de Mondoñedo, na que tamén participaron o presidente do Consello da Cultura Galega,Ramón Villares;o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; e o membro do...

leer más
Etiquetas:
18/04/2017

O Concello de O Valadouro conmemora o Día Internacional da Danza o día 29 de abril.

Baixo o lema de Somos un país que baila. Disfruta. Danza  o 29 celebra a xornada cunha serie de actividades coa Asociación Cultural Amado Lar e o Club de Baile Deportivo Goldance. Darán comezo ás 20:30 horas e terán lugar na Casa da Cultura de O Valadouro.

Para rematar celebrarase unha master class gratuíta de baile social a cargo de Dimas Fernández Ron, profesor da Escola Goldance.

 

Etiquetas:
18/04/2017

A deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, mantivo este martes un encontro cos alumnos de Secundaria e Bacharelato do IES Ánxel Fole, do Concello de Lugo, que participan dende hoxe e ata o 21 de abril na Semana Escolar con Maruja Mallo. Nesta programación de actividades que organiza o Goberno da Deputación participan 9.000 alumnos, de 44 centros de toda a provincia que coñecerán a vida e obra da pintora viveirense Maruja Mallo. Con esta iniciativa o Executivo Provincial súmase á homenaxe que a Real Academia Galega rendeu á artista Maruja Mallo con motivo do Día das Artes Galegas.

O primeiro día os alumnos fixeron unha pegada de carteis nos centros escolares. A continuación repartíronse os preto de 9.000 exemplares do libro que a Deputación pon a disposición do alumnado de ESO e bacharelato. Durante a semana lectiva...

leer más
Etiquetas:
17/04/2017

A Biblioteca Municipal de Ourol organiza o obradoiro titulado A ciencia é divertida o dia 22 de abril.

Esta actividade, dirixida a nen@s de 3 a 7 anos, consiste nun obradoiro de contos e experimentos. Os seus organizadores aseguran que nos primeiros anos da nosa vida movémonos pola curiosidade, e por iso é importante que os máis pequenos experimenten e gocen descubrindo.

O obradoiro dará comezo ás 11:00 horas do sábado 22 de abril, e terá lugar na Casa da Cultura-Biblioteca Municipal.

A inscrición pode facerse no número de teléfono 982 55 90 19, antes do venres 21 de abril.
Esta actividade inclúese no programa Ler conta moito.

 

Etiquetas:
17/04/2017

A edil delegada de Servizos Sociais, Pilar Armada, sinalou que a inscrición avanza a bo ritmo “xa son uns 400 os pensionistas do Concello que se anotaron e recordamos que o prazo remata este mesmo xoves, 20 de abril”.

Segundo avanzou Armada, ese día, ás 12:00 horas, terá lugar unha misa cantada pola Coral Terramar, no Pavillón da Veiga, e logo os participantes gozarán dun xantar na carpa que se instalará para a ocasión na Praza dos Campos.

Haberá música durante toda a tarde. A sobremesa correrá a cargo de grupo tradicional Cantares do Brión, e logo xa á tardiña será o dúo Epo-k o que recollerá o testigo para o baile.

Armada sinalou que o Concello entregará un agasallo a cada un dos asistentes e, así mesmo, outorgaranse os trofeos do campionato de tute e parchís que se está a xogar estes...

leer más
13/04/2017

O alcalde, Alfredo Llano, invita aos veciñ@s e visitantes a participar estes días nos desfiles procesionais para consolidar a Semana Santa burelesa, á vez que agradece o traballo feito polos organizadores. 

O rexedor salientou que “en Burela se está a celebrar este ano a Semana Santa dunha forma moi intensa, se organizou con moito tempo e se está preocupando a xente de que salgan os actos interesantes e atractivos”.

Alfredo Llano relatou que “hoxe temos, ás seis e media, a celebración da última Cena e o Lavatorio dos pés, e despois a procesión da Oración da Horta das Oliveiras ás nove da noite. Ten un percorrido pola rúa da Igrexa, do Correo, Eijo Garay, Pardo Bazán, Curros Enríquez, Rosalía de Castro e regreso”.

O alcalde subliñou que “este ano como novidade hai instalada unha carpa a...

leer más
Etiquetas:
13/04/2017

A asociación Nordés Faladora organiza unha viaxe a Lugo o 22 de abril para visitar o Museo Provincial e a Catedral ademais do Castro de Viladonga e Fonmiñá. 

A xornada comezará coa visita guiada que os participantes realizarán a partires das 11:00 horas ao Museo Provincial e posteriormente á Catedral de Santa María, onde se poden atopar os estilos románico, gótico, barroco, renacentista e neoclásico.

Durante a tarde, a partires das 16:00 horas, desprazaranse ao Castro de Viladonga que foi habitado entre os séculos II e V d.c., á Lagoa de Fonmiñá e ao Pedregal de Irimia, nacementos do río Miño.

A última parada do percorrido no Mosteiro de Santa María de Meira, farase se dá tempo xa que o horario estimado de volta cara O Vicedo e O Barqueiro é ás 20:00 horas.

A...

leer más
Etiquetas:
11/04/2017

A Concellería de Servizos Sociais  organiza unha viaxe a Noreña (Asturias) para o vindeiro día 29 deste mes de abril. Esta actividade está dirixida a veciños/as empadroados/as en Burela de máis de 55 anos.

O prazo para inscribirse ábrese mañá, mércores, e os interesad@s deben anotarse no Concello en horario de 08:00 a 15:00 horas, agás mañá que ao estar en horario de Semana Santa é de 09:00 a 14:00 horas.

A viaxe e a comida son totalmente gratuítas, e a saída será desde a estación de autobuses de Burela ás 08:00 horas.

A edil Patricia Otero explicou que “ese sábado, 29 de abril, celébrase o mercado semanal en Noreña e os participantes aproveitarán tamén para coñecer o pobo ademais dos diversos atractivos, como por exemplo o monumento ao gochu”.

A concelleira de...

leer más
11/04/2017

O Concello de Mondoñedo impulsa unha nova iniciativa, no marco dun traballo conxunto coa ACIAM,coa que buscan reforzar a difusión da información turística a través da hostalería. En concreto, o Goberno de ElenaCandia e a asociación editaron manteis individuais coa información e os aspectos máis representativos da cidade. 

A rexedora entregou esta mañá os cubremesas de papel aos representantes da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Mondoñedo (ACIAM) para o seu posterior reparto entre os negocios de hostalería do municipio.En concreto, fixo a recollida o seu presidente, Ángel JoséMarful.

Elena Candia explica que “a edición destes manteis é un pulo máis que permite ofrecer unha mellor información sobre os nosos recursos aos visitantes e turistas, para que podan coñecer con maior exactitude o enorme...

leer más
Etiquetas:
11/04/2017

A asociación Pomba do Arco, de Foz, organiza as xornadas de debate "Sentirmos a arte" entre os días 18 e 21 de abril.

O programa dá comezo o 18 de abril con Jorge Salgado, quen titula a súa intervención como O oco que non acouga. O mércores 19 Mercedes Rozas fala sobre A muller e a arte de resistencia. O xoves 20 intervén Daniel Caxigueiro co tema A fotografía como xogo creativo. O venres 21 rematan estas xornadas con Olga Osorio quen aborda O noso audiovisual.

As conferencias celébranse ás 20:30 horas no salón de actos do Cenima de Foz.