Eventos

Etiquetas:
24/10/2016
A asociación A Pomba do Arco organiza o 29 de outubro unha visita guiada ao Espazo Caritel, situado no concello de Foz, a poucos metros da Basílica de San Martiño. A inscrición está aberta.
 
A asociación sociocultural A Pomba do Arco organiza o 29 de outubro unha visita guiada ao Espazo Caritel, “un punto de encontro para a arte e a natureza situado á beira da vella catedral románica de San Martiño de Mondoñedo, promovido e xestionado por un dos máis destacados artistas plásticos galegos, Daniel Río Caxigueiro”, sinalan os promotores desta actividade. 
 
O percorrido polo Espazo Caritel vai comprender a visita á sala de exposicións e ao taller do propio artista, “onde atoparemos unha mostra do seu traballo, así como un paseo polo xardín, cuxa posta en marcha se iniciou vai para 25 anos. Alí atopamos árbores e arbustos chegados de Chile, Xapón, Corea, Uruguai ou Arxentina xunto á vexetación autóctona, destacando unha colección de máis de cen camelias de diferentes especies”....
leer más
Etiquetas:
21/10/2016
A quinta edición do Mes da Maxia desenvolverase do 28 de outubro ao 26 de novembro. Son 20 os locais que participan nesta iniciativa da Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense.
 
Do 28 de outubro ao 26 de novembro terá lugar a quinta edición do Mes da Maxia na Mariña Lucense, que organiza a Mancomunidade e que chegará a 20 locais hostaleiros de toda a comarca. 
 
Desde a Mancomunidade sinalan que “como cada ano, desde hai xa 5 edicións, celebramos o Mes da Maxia. Durante as fins de semana de outubro e novembro estarán repartidos por diversos establecementos varios magos profesionais que farán que as ceas nestes locais sexan inesquecibles. Todas as ceas darán comezo ás dez da noite”.
 
Os restaurantes que participan na quinta edición do Mes da Maxia son: O Almacén, As Sirenas, Casa do Fidalgo, Casa Franco, Vila do Val, Parrillada de Jandro, A Garita, Area Grande, Mis en Plas, O Rincón do Mis, O Cabazo, Buenavista, O...
leer más
Etiquetas:
20/10/2016
O 21 de outubro terá lugar a XXIV Festa da Terceira Idade, que organiza o Concello de Xove. Os actos darán comezo a mediodía.
 
O venres, 21 de outubro, terá lugar a XXIV edición da Festa da Terceira Idade en Xove.
 
Está dirixida a pensionistas maiores de 60 anos (xubilados) do concello cos seus cónxuxes ou parellas. Os actos programados comezarán ás 12:30 horas coa misa que terá lugar no salón de actos do Centro Cívico, acompañada por un cuarteto de corda da Escola Municipal de Música, e ás 14:00 horas será o xantar no restaurante Louzao de Area.
 
Unha vez rematado o xantar o Concello fará entrega dun agasallo ao home e á muller máis maiores da festa e posteriormente todos os participantes gozarán dun baile. O Concello pon autobuses gratuítos a disposición de todas aquelas persoas que o precisen tanto para a ida como para o retorno.
... leer más
Etiquetas:
16/10/2016
O 18 de outubro empeza o XXII Campionato de Tute Concello de Cervo. Dez son os equipos participantes neste torneo.
 
Este vindeiro martes, día 18, empeza a vixésimo segunda edición do campionato de tute Concello de Cervo. Foi presentado polo alcalde, Alfonso Villares; o concelleiro de Deportes, José Ramón Soto; e o coordinador desta actividade, Félix Fernández.
 
O edil de Deportes anunciou que “un ano máis, e xa van 22 de forma consecutiva, organizamos o campionato de tute Concello de Cervo. É unha  actividade que se desenrolando nos locais hostaleiros e de asociacións do Concello de Cervo durante os últimos 22 anos. Participan un total de dez equipos, contando cada un deles con catro parellas máis os reservas, co que se achega a unhas cen persoas as que disputaran este consolidado torneo, que posiblemente sexa o máis antigo da provincia de Lugo e de Galicia e que se organiza ano tras ano”. 
... leer más
14/10/2016
O Concello de Lourenzá organiza o segundo campionato de parchís por parellas para adultos. O prazo de inscrición remata o 28 de outubro.
 
O Concello de Lourenzá organiza o segundo campionato de parchís por parellas para adultos. O prazo de inscrición está aberto ata o día 28 deste mes.
 
A alcaldesa, Rocío López, anunciou que “tras o éxito do primeiro campionato de parchís, o Concello de Lourenzá abre o prazo de inscricións para a segunda edición. As persoas interesadas en participar poderán anotarse ato o 28 de outubro na biblioteca municipal en horario de cinco a oito da tarde. A primeira edición tivo moi boa acollida por parte dos veciños e foron varias as parellas que participaron. Así as persoas que xogaron o campionato anterior afirman que neste volverán facelo. Esperamos que nesta ocasión o resto da xente se anime e a participación siga en aumento”. 
 
A rexedora...
leer más
Etiquetas:
13/10/2016
A Delegación Local de Foz da AECC organiza unha concentración para sumarse ao rosa o 19 de outubro. E o 14 deste mes haberá un acto solidario a favor da loita contra o cancro de mama.
 
Desde a organización sinalan que “aínda que te supoñemos coñecedor dos actos previstos con motivo do Día Contra o Cancro de Mama, dende esta Delegación Local de Foz da Asociación Española Contra o Cancro queremos que teñas o cartel do evento do próximo día 14 de outubro as nove da noite, para que podas valorar por ti mesmo a importancia que ten para AECC que os grupos culturais Rondalla Latexos, grupo de teatro “Pico do Castro”, Colexio Martinez Otero, Concello de Foz e a Delegación Local da AECC xunten os seus esforzos para conmemorar ese día tan importante para todos nos”.
 
E engaden que “o seguinte acto será o día 19 ás doce da maña diante do Concello onde faremos unha concentración, sen molestar a ninguén, para manifestar a nosa loita diaria Contra o Cancro de Mama e si pode ser...
leer más
Etiquetas:
11/10/2016
En Lourenzá terá lugar unha merenda solidaria o 19 de outubro, con motivo da celebración do día mundial contra o cancro de mama. Está organizada polo Concello.
 
O Concello de Lourenzá organiza unha merenda solidaria para o 19 deste mes, mércores, con motivo do Día Mundial Contra o Cancro de Mama. Será no centro social Torreón dos Frades ás seis da tarde.
 
A concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Dengra, fai un chamamento “á solidariedade coas vítimas desta dura enfermidade e invita a todos os veciños a participar nesta iniciativa. Repartiranse lazos rosas entre todos os asistentes é haberá mantecadas e chocolate para merendar. Colocarase unha hucha de cor rosa onde todos os que queiran poderán deixar un donativo. Todos os fondos recadados serán entregados a Asociación Española Contra o Cancro (AECC)”.
 
E a alcaldesa, Rocío López, anunciou que “durante as próximas semanas dende o balcón da casa...
leer más
Etiquetas:
10/10/2016
O Concello de Cervo organiza unha andaina para conmemorar o día internacional contra o cancro de mama. Será o 23 de outubro polo paseo azul do Torno, en San Ciprián.
 
O Concello de Cervo, a través das Delegacións de Sanidade e de Igualdade, organiza unha andaina que terá lugar o 23 de outubro a partir das 17 horas para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama.
 
A concelleira de Sanidade, Manuela Méndez, anunciou hoxe que “o Concello de Cervo, con motivo do Día Internacional contra o Cancro de Mama, vai organizar unha andaina polo paseo azul do Torno, en San Ciprián. Partiremos do peirao no porto de arriba todo polo paseo ata as antigas fábricas de salgadura e logo ata a ponte medieval. Viremos despois ata a Casa do Mar, onde tomaremos un café. O Concello dará neste día a cada unha das persoas que participe na camiñada unha camiseta rosa cos slogans propios da conmemoración do día”.
 
...
leer más
Etiquetas:
09/10/2016
Todo está listo en Mondoñedo para a celebración da 860 edición de As San Lucas, que terán lugar do 15 ao 23 de outubro.
 
A asociación organizadora xunto á alcaldesa mindoniense, Elena Candia, presentaron en Santiago o programa das festas máis antigas de Galicia e unha das que contan con máis historia de Europa, e que darán comezo en Mondoñedo o 15 de outubro e se estenderán ata o sábado 23, recuperando os oito días de celebración. 
 
Elena Candia salientou que “é un feito obxectivo que celebramos As San Lucas porque todos os visitantes e feirantes, xunto aos mindonienses, seguimos sendo fieis ás nosas tradicións e así o transmitimos de xeración en xeración”. A rexedora recordou unhas verbas do propio escritor mindoniense, Álvaro Cunqueiro, quen dicía que: “quizais non haxa en Europa horas mais antigas que as que se poidan pasar en Mondoñedo nas San Lucas”.
 
... leer más
Etiquetas:
07/10/2016
O 16 de outubro terá lugar un novo "Domingo a pé", actividade anual da Concellaría de Igualdade e do CIM de Ribadeo dirixida ás mulleres para promover un tempo de lecer para elas mesmas.
 
A Concellaría de Igualdade e o CIM poñen en marcha un novo Domingo a pé. Será o 16 de outubro e discorrerá entre San Cibrao e Burela. A inscrición está aberta no Centro de Información ás Mulleres. 
 
Desde a Concellaría de Igualdade sinalan que “rematou o verán, pero non as gañas de movernos e facer cousas. Coa chegada do outono a Concellaría de Igualdade de Ribadeo pon en marcha para o vindeiro 16 de outubro un novo Domingo a pé. Os Domingos a pé é unha actividade anual dirixida ás mulleres adultas, co fin de promover un tempo para elas mesmas, un tempo de ocio, un tempo illadas das obrigas familiares, laborais… un tempo para rachar con esa dobre ou triple xornada laboral. Ademais, de poder gozar dese tempo para elas, poderán coñecer lugares do seu entorno inmediato, e facer un pouco de...
leer más