Eventos

Etiquetas:
24/08/2016
Ata o 16 de setembro estará aberto o prazo para inscribirse no VII Encontro de Palilleiras, que se celebrará en Xove o 1 de outubro.
 
O 1 de outubro vaise celebrar en Xove a VII edición do ENCONTRO DE PALILLEIRAS. 
 
A concellería de Servizos Sociais, impulsora deste evento, abreu o 22 de agosto a inscrición de palilleiras, as cales ainda poderán anotarse ata o mesmo 16 de setembro. A inscrición pódese realizar por teléfono, chamando ao Concello ao 982592001, ou ben contactando con Mercedes Barro (profesora de bolillos) no 679894219 ou con Carmen García (profesora de bordado) no 982592686. 
 
22/08/2016
Do 22 ao 24 de agosto celébranse as Festas do San Bartolo, en Barreiros, na zona veraniega.
 
O 22 de agosto comezan as Festas do San Bartolo na zona veraniega de Barreiros. Para este día está prevista a celebración dunha sardiñada popular, a venda dos tickets é no bar Bañenato, restaurante Mobidick e cafetería Casa Cultura de San Cosme, e o prezo da ración de sardiñas, pan e viño é de 4 euros. Tamén haberá festa verbena cunha orquestra ou grupo musical.
 
O martes, día 23, ás 12:30 horas haberá pasarrúas cunha formación de gaitas e a partir das 14:00 horas sesión vermú co grupo Montreal. Pola noite verbena co grupo Montreal e a orquestra La Fórmula.
 
E o mércores 24, festivo local, ás 11:30 horas terá lugar a misa e despois pasarrúas a cargo de...
leer más
Etiquetas:
22/08/2016
Do 25 ao 27 de agosto terán lugar en O Barqueiro (Mañón) as VI Xornadas Memoria dun tempo, que organiza Nordés Faladora.
Como cada verán dende o ano 2012 chegan as xornadas "Memoria dun tempo" que organiza Nordés, e que teñen como temática xeral a divulgación de feitos históricos e sociais do século XX, e particularmente os da época da II República, a Guerra Civil, e o Franquismo.
 
Este ano celebraránse os días 25, 26 e 27 do presente mes de agosto, e tódolos actos terán lugar no Barqueiro (Mañón), ainda que en distintos lugares como ven poderán ver no cartel que vai adxunto a este texto, e que agora pasamos a comentar.
  
Contamos para abrir as xornadas nesta VI edición con Julio Prada, profesor de Histórica Contemporánea na Universidade de Vigo, quen nos presentará a que é a súa derradeira publicación: "...
leer más
Etiquetas:
19/08/2016
O ceramista Otero Regal fará unha demostración en directo dunha cocción de raku. Será o 20 de agosto na Feira de Artesanía de Viveiro.
 
Este sábado, 20 de agosto, en horario de  11 a 14 horas, na Feira de Artesanía de Viveiro, ubicada nos xardins Noriega Varela, o ceramista Otero Regal fará unha demostración en directo dunha cocción de raku.
 
Cada participante poderá decorar unha peza, que xa estará fabricada, e unha vez cocida poderá levala para a súa casa, de forma gratuíta.
 
Proceso do Raku
As pezas lévanse a un forno pequeno a  900 grados centígrados aprox. Cando os esmaltes alcanzan o seu punto de cocción sácanse, en estado de incandescencia e deposítanse coidadosamente, coa axuda dunhas pinzas de ferro, nun recipiente cheo de viruta de...
leer más
Etiquetas:
19/08/2016
Foz Market acolle a primeira concentración de Food Trucks que se celebra na Mariña. Ata o 21 de agosto, e con entrada gratuíta, os que acudan poderán disfrutar de gastronomía de autor, do salón do automóbil e dunha ampla zona ocio para os máis pequenos.
 
Onte abriu as súas portas na explanada portuaria Foz Market, unha nova edición da Feira Multisectorial que inclúe salón del automóbil con cinco marcas presentes, festival Food Trucks, espazo para os máis pequenos…
 
Neste 2016 a entrada á feira é gratuíta. O evento está organizado por Es Market coa colaboración do Centro Comercial Aberto de Foz, do Concello e da Deputación Provincial de Lugo. 
 
No acto inaugural o alcalde de Foz, Javier Castiñeira, manifestou que “un ano máis estamos na inauguración da Feira Multisectorial de Foz, este ano é a súa cuarta edición con cambios substanciais tratando de mellorar e de ir adaptándose aos tempos. Hai que...
leer más
Etiquetas:
19/08/2016
A área recreativa de Os Castros acollerá o 21 de agosto a cuarta Feira de Gando de Cangas de Foz.
 
A cuarta edición da Feira de Gando de Cangas de Foz celebrarase este domingo, día 21, na área recreativa de Os Castros. Está organizada polo Concello de Foz e foi presentada polo primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Medio Rural, Pedro Fernández Manín, xunto con representantes dos colectivos colaboradores: Cabaleiros de Cangas, Agrupación Deportiva e Cultural Os Castros, Asociación de Veciños San Pedro e Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Real, Rañadoiro e Agudo.
 
A apertura da feira será ás 10 da mañá e as catro e media da tarde comezarán os concursos, con probas de andadura para diversos tipos de cabalos e tamén haberá carreira de burros. A continuación farase a entrega de premios en metálico e trofeos, ademais...
leer más
19/08/2016
O IV Rastro de Segunda Man, que organiza a Concellería de Cultura burelesa, contará con preto de vinte postos. Será o 21 de agosto pola mañá na praza da Mariña.
 
Preto dunha vintena de postos haberá no IV Rastro de Segunda Man, que organiza o Concello burelés. Desenvolverase de 10 a 15 horas o vindeiro domingo, 21 de agosto, na praza da Mariña. O edil José Díaz subliña que “a cita se vai consolidando coma un referente único na Mariña”.
 
Neste cuarto Rastro de Segunda Man poderemos atopar artigos como libros, discos, roupa, accesorios, decoración e artesanía a prezos populares. O concelleiro de Cultura anima “a achegarse este domingo a Burela a pasar a mañá do domingo dando unha volta por este rastro”.
 
18/08/2016
Celeiro de Mariñaos celebra os días 19 e 20 de agosto a Romería de San Caetano. O sábado terá lugar a XXI edición da Festa da Tortilla.
 
Un ano mais, a parroquia barrreirense de Celeiro de Mariñaos celebra a Romería de San Caetano. Será os vindeiros 19 e 20 de agosto a carón da capela homónima. O venres 19 a partir das 9 da noite poderanse degustar torrezmos e chourizos e disfrutar da música tradicional de CANTOS DE TABERNA, de Mondoñedo e do grupo de gaitas OS LAMBÓNS, e a partir das 11 e media actuará o grupo VERSIONS BAND, con temas dos 80 e dos 90.
 
O sábado 20 á 1 da tarde terá lugar a misa e a procesión en honra a San Caetano e seguidamente Sesión Vermútortilla, concurso de tortillas e degustación da Gran Tortilla de San Caetano. Ameniza a charanga VA K PINTA que actuará durante toda a tarde tamén.
Pola tarde haberá xogos...
leer más
Etiquetas:
16/08/2016
Presentada a XXXVIII Queimada Popular e o XX Mercado Tradicional que se celebrarán en Cervo este sábado, día 20.
 
A XXXVIII edición da Queimada Popular, que está declarada de interese turístico, e a XX do mercado tradicional, que se van celebrar en Cervo este sábado 20, foron presentadas polos organizadores cun acto ao que asistiron o alcalde cervense, Alfonso Villares, e a concelleira de Turismo, Manuela Méndez.
 
O mercado tradicional, que comezará ás 10 da mañá, estará animado coas actuacións musicais do grupo de gaitas Medio Quiñón, do Home Orquestra Hortensio e do grupo de percusión Quilomberos de Monte Alto.; e a partir das 11:15 horas haberá unha exposición de manualidades. As actividades da Queimada Popular empezarán ás once da noite e a partir das doce haberá verbena con A Banda de Balbina, Festicultores e o dúo Diamante.
 ...
Etiquetas:
13/08/2016
Do 18 ao 21 de agosto terán lugar en Xove as Festas do San Bartolo e a Virxe do Carme.
 
O pregón co que comezarán os festexos será pronunciado por Marica Campo o día 18. O programa de actividades inclúe actividades para os máis pequenos, sardiñada popular, folclore, verbenas, sendeirismo, open de pádel e dúas exposicións, que se poderán visitar no Centro Cívico e na Oficina de Turismo.
 
O día 22 de agosto é festivo local en Xove.
 
O programa das Festas do San Bartolo e a Virxe do Carmen foi presentado nas últimas horas.