Eventos

Etiquetas:
06/01/2018

O local das asociacións de A Pontenova acollerá unha cea guateque o día 13 de xaneiro de 2018, sábado, ás 21:30 horas. Este evento está organizado pola asociación local de mulleres rurais coa colaboración do Concello de A Pontenova.

Despois da cea, a partir das 23 horas, haberá baile con música dos anos 60 a cargo do dúo Karmín. Os organizadores animan aos participantes a asistir caracterizados dos anos 60.

O prezo das entradas é de 20 euros para os adultos e 10 para os nen@s. Os tiques poden recollerse ata o 11 de xaneiro en Teresa roupa para todos e O Lar de Balbina, establecemento que servirá a cea.

 

05/01/2018

O Concello de Cervo acolleu a presentación da XII Semana da Prevención de Incendios, promovida en colaboración coa Fundación MAPFRE e a Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros (APTB); coa colaboración tamén de Alcoa San Ciprián.

No acto interviron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Seguridade Cidadá, José Ramón Soto, o coordinador de actividades de prevención e seguridade vial de Fundación MAPFRE, Antonio García, o Vicepresidente da APTB, Carlos García Touriñán e o coordinador de seguridade de Alcoa San Ciprián José David Murias; tamén contou coa presencia do responsable do G.E.S. de Cervo, Mario Antuña.

A actividade terá lugar os días 10, 11 e 12 de xaneiro no Pavillón da Veiga, e está aberta a todos os veciños e visitantes que desexen participar, pero, tal e como apuntou o rexedor, Alfonso...

leer más
04/01/2018

A Cabalgata de Reis de Cervo terá lugar mañá venres, 5 de xaneiro, ás 19:00 horas. A cita está organizada pola Asociación Airiños do Xunco, coa colaboración do Concello de Cervo e da Parroquia.

As súas Maxestades sairán das Escolas Vellas, e irán pola Igrexa ata o Concello. Ao remate o grupo de teatro O Bordelo, que cumpre 20 anos, presentará a súa obra "Depende" no salón de actos da casa consistorial.

Na presentación estiveron o rexedor, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés; e Carlos Sanz e Azucena Cabodevila, en representación de Airiños do Xunco.

 

04/01/2018

Os Reis Magos en Xove visitarán a residencia da Terceira Idade antes de comezar a cabalgata ás 19:00 horas. A comitiva real sairá da nave-almacén que o Concello ten nas inmediacións do Campo de Fútbol Municipal e continuará pola rúa Acceso Grupo Escolar, a avenida Deputación, rúa Doutor Baamonde Illade e Camiño Real ata chegar ao Pavillón dos Deportes. Despois os Reis estarán cos nenos e nenas recollendo cartas e sacándose fotos. Rematará a tarde cunha festa infantil no pavillón coa Discoteca Móbil Decibelios.

Se por cuestións meteorolóxicas non pode realizarse a Cabalgata, trasladarase toda a actividade ao Pavillón dos Deportes onde terá lugar o encontro dos Reis Magos con todos os nenos e nenas.

 

03/01/2018

A Asociación Cultural O Castelo de Alfoz, coa colaboración do Concello, organiza este venres, día 5, a Cabalgata de Reis que sairá da Casa da Cultura ás 16:10 horas.

No percorrido os Reis Magos farán varias paradas comezando na Igrexa das Oiras ás 16:30 horas. Continuará na Igrexa do Pereiro ás 16:45 h., na Capela de Santiago ás 17:05 horas, na Pinguela ás 17:15 h., no Reirado ás 17:30 h., en Vilaude ás 17:45h.,  na Igrexa de Bacoi, ás 18:00 h., no Trece ás 18:10 h., na Igrexa de Carballido ás 18:20 h., na Igresa Adelán ás 18:35 h. e en A Seara ás 18:45 horas. A Cabalgata ten prevista a chegada ao Castelo de Castro de Ouro ás 18:55 h., onde se recreará un belén vivinte e posteriormente haberá unha chocolatada.

Colaboran na organización desta cabalgata o Concello de Alfoz, a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia...

leer más
03/01/2018

A cabalgata dos Reis Magos organizada polo Concello de Lourenzá sairá este venres, día 5, ás 17:30 horas desde o centro social da parroquia de San Xurxo para despois percorrer Santo Tomé, Santo Adrao e Vilanova.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anunciou hoxe que “o venres 5 ás 17:30 horas sairá, se o tempo o permite, a Cabalgata de Reis de Lourenzá. Será desde a parroquia de San Xurxo para percorrer Santo Tomé e Santo Adrao e chegar a Vilanova ás 19:30 horas.

Despois de percorrer as rúas da vila os Reis Magos recibirán aos nenos e nenas na carpa situada na Praza Conde Santo a partir das 20 horas. En caso de que as condicións climatolóxicas non o permitan e non poidan realizar o itinerario previsto estarán á hora indicada na Praza do Conde Santo”.

 

03/01/2018

Mondoñedo celebra a súa Cabalgata de Reis o venres a partir das 16:30 horas. As Súas Maxestades visitarán o Hospital San Pablo e a Residencia San Rafael. 

Xa dúas horas despois, ás 18:30 horas, os Reis Magos farán un percorrido polas principais rúas da cidade. Sairán da Alameda dos Remediose estarán acompañados dos seus séquitos. Melchor, Gaspar e Baltasarfarán unha ofrenda no Portal de Belén, que haberá xunto á arbore de Nadal situada na Praza do Concello. Os Reis entregaranlle ouro, incenso e mirra ao neno Xesús.

As Súas Maxestades recibirán a todos os nenos e nenas ás 19.30 horas no auditorio municipal Pascual Veiga, onde ás 20.30 horas se celebrará a interpretación ‘Cinco historias para unha man’ de MercrominaTíteres. 

A Cabalgata de Reis está organizada polo Concello de Mondoñedo en...

leer más
02/01/2018

O Concello de Foz organizará este venres, día 5, a chocolatada posterior á cabalgata dos Reis Magos na Sala Bahía, onde ademais haberá inchables para nenos e nenas. Previamente, desde as sete da tarde, os Reis Magos farán un percorrido que empezará na praia da Rapadoira e levaraos ata a Casa do Concello.

O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, explicou que “como todos os anos o próximo día 5 pola tarde teremos a cabalgata de Reis no noso concello. Xa nos chamaron as súas maxestades para que avisemos a todos os rapaces e pais, que non van faltar á cita”.
O rexedor focense engadiu que “no Concello imos esmerarnos para que teñan unhas boas carrozas e que haxa unha boa cabalgata. Faremos a recepción, como se fai sempre, no Concello. Alí estará instalado o belén que organiza o colexio do Pilar e as súas maxestades dirixiranse desde o balcón a...

leer más
02/01/2018

A cita de San Ciprián foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Muller e Igualdade, Pilar Armada, a de Cultura, Dolores García Cara­més; e representantes da Asociación Mulleres de San Ciprián, que organiza a actividade; coa colaboración do Concello de Cervo e das asociacións Pasiño a Pasiño e Mistura, que tamén participaron na presentación.

A Cabalgata sairá ás 17:30 horas do Pavillón da Veiga de San Ciprián, ata a Casa da Cultura. Durante o traxecto As Maxestades de Oriente saudarán aos que se congreguen nas rúas e repartirán caramelos que foron doados por comercios e empresas de San Ciprián.

O Concello de Cervo anima a veciños e visitantes a gozar desta Cabalgata, e tamén da de Cervo, organizada pola Asociación Airiños do Xunco, e que partirá ás 19:00 horas, das Escolas Vellas.

 ...

02/01/2018

O Concello de O Valadouro, a través da súa Concellería de Cultura, continúa este mércores, día 3, coas súas actividades de Nadal coa actuación de Os Ghazafelhos que presenta a obra de teatro infantil Iriña Bailarina. Esta representación terá lugar a partir das 12:00 horas, no salón de actos da Casa da Cultura. Neste caso está organizada pola Deputación Provincial de Lugo. 

E o venres 5, ás 19:30 horas, do parque Concepción Arenal sairá a Cabalgata de Reis que percorrerá as rúas de Ferreira. Posteriormente terá lugar a recepción e ofrenda ao belén vivinte da Casa da Cultura de O Valadouro. Ao remate servirase un chocolate a todos os asistentes.