Eventos
26/09/2016
Chao de Castro-Altair Burela inicia un novo curso de actividades para nen@s e moz@s que se repartirán nos seguintes grupos de idade: de 7 a 9 anos, de 10 e 11, de 12 e 13, de 14 e 15 e de 16 e 17 anos. Desenvolveranse na Casa da Xuventude de Burela os sábados de catro a sete da tarde.
A reunión informativa será o día 2 de outubro, domingo, ás 19 horas na Casa da Xuventude de Burela.
Entre as actividades previstas haberá campamentos, aprendizaxe por proxectos, actividades ao aire libre, xogos, etcétera. A cota de soci@s é de 18 euros ao mes.
Os interesados poden obter máis información sen compromiso no teléfono 685.32.51.53 ...
leer más 24/09/2016
A feira de produtos ecolóxicos certificados, que contará con 20 empresas participantes, é unha das novidades da XXVI Festa da Faba de Lourenzá. O evento, que empezará o 30 de setembro, rematará o 2 de outubro, domingo, ás 18:30 horas cun encontro folclórico organizado pola asociación cultural Osorio Gutiérrez.
A feira exposición organizada polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) celebrarase na praza César Chavarría. A súa directora, More Santiago, explicou que “a produción ecolóxica galega é un dos sectores con maior crecemento en todas as ordes, tanto en superficie como en facturación e en operadores. De feito o crecemento resulta nalgúns aspectos espectacular, se temos en conta, por exemplo, que en só oito anos pasou de 9.600 hectáreas a máis de 20.000 no...
leer más 24/09/2016
Chao de Castro Altair, de Burela, organiza un acampamento de outono para nenos e nenas de 7 a 13 anos no centro sociocultural de Masma en Mondoñedo, os días 7, 8 e 9 de outubro.
Terá lugar unha reunión informativa o domingo 2 de outubro ás 19:00 horas na Casa da Xuventude de Burela e a data límite para inscribirse é o 5 de outubro.
As cotas que inclúen transporte ao lugar do acampamento e seguros son 27 euros para soci@s e 45 euros para non soci@s, isto inclúe a cota do mes de outubro para quen queira continuar na asociación.
Máis información no número de teléfono 685 32 51 53 ou en chaodecastro....
leer más 23/09/2016
O 1 de outubro celebrarase en Burela unha máster-class benéfica.
Terá lugar no pavillón dos institutos e esta máster-class de zumba desenvolverase entre as 11:30 horas e as 13:30 horas.
Nesta iniciativa en favor da asociación Bigotes Burela, protectora de animais, colabora o Concello.
O prezo para a asistencia á clase é de 3 euros e 1 euro para o público que acuda a presenciala.
20/09/2016
A concelleira de Turismo, Ana Martínez, considera que as visitas de canles de televisión internacionais á praia das Catedrais “son importantes para dar a coñecer este pequeno, pero fermoso recuncho do mundo, que cada día brilla como unha estrela como luz propia e con moita forza”. A BBC pasou por aquí e nuns días chegarán os actores, actrices e o resto de membros do equipo de rodaxe dunha serie que está a trunfar en Asia.
A edil ribadense dixo que “logo dun verán espectacular en canto non só ao bo tempo, senón ao número de visitantes de novo a praia das Catedrais segue a ser protagonista. Durante os últimos tempos no Concello estamos a recibir solicitudes diversas para acceder ao areal e así poder gravar”. Martínez explicou que “...
leer más 14/09/2016
Xa moi preto dos días da festa, os veciños de Trasbar traballan esta semana nos preparativos para a alfombra floral. Estarán todas as tardes, de luns a mércores, a partir das 16.00 h, no local social cortando no verde e tinguindo o sal e o serrín para confeccionar a alfombra.
Dende o colectivo veciñal, agradecen toda a axuda relacionada coa confección da alfombra: dende voluntarios para cortar o verde, para debuxala, para facela, como as achegas de flores para que isto sexa posible. “Toda aquela xente que nos queira axudar, tanto nos preparativos como na elaboración da alfombra, será ben recibida, xa que é moito o traballo que hai que facer”.
Programa...
leer más 12/09/2016
O venres 16 de setembro comezará en Landrove-Viveiro a II Festa Labrega e as I Olimpíadas Rurais. Ás 21:00 horas procederase ao acendido da chama olímpica e terá lugar o desfile dos equipos participantes, ademais actuará o grupo folclórico Nova Semente de Celeiro.
O sábado 17 ás 9:00 comezarán as I Olimpíadas Rurais, ás 14:00 horas haberá sesión vermú co Trío CQC e ás 16:00 horas continuarán as Olimpíadas. A xornada concluirá coa Festa Labrega que principiará ás 21:00 horas, con cea labrega que inclúe cun cunca labrega, pan, caldo e cocido labrego. A venta anticipada dos tíckets ao prezo de 5 euros para os socios e 8 euros para os non socios, no número de teléfono 677 282 979. A festa estará amenizada polo Trío CQC e o Dúo D´Cine e...
leer más 12/09/2016
Burela acollerá do 16 ao 22 de setembro un amplo programa de actividades dentro da Semana Europea da Mobilidade, que este ano se celebra baixo o lema de Mobilidade intelixente. Economía forte. O evento foi presentado esta mañá no Concello con asistencia do alcalde, Alfredo Llano, a concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben, e representantes das firmas colaboradoras. O vindeiro domingo, dái 18, estará pechada ao tráfico a rúa Pardo Bazán, entre Curros Enríquez e Eijo Garay. Nese espazo haberá infinidade de propostas para todos os públicos.
A edil socialista dixo que “ninguén pon en dúbida que as cidades e vilas, no último século, foron deseñadas para facilitar o uso do vehículo privado, pero o uso excesivo do coche trouxo...
leer más 08/09/2016
San Ciprián acollerá unha xornada de festa na honra do seu patrón o día 26 deste mes, luns. Está organizada pola asociación Terra-Mar coa colaboración do Concello, que sempre está aberto a axudar a todos os colectivos do municipio.
O cartel do festexo na honra de San Ciprián, o patrón desta localidade, foi presentado polo alcalde, Alfonso Villares, a concelleira Pilar Armada e dous directivos da asociación Terra-Mar.
Os actos do día 26 comezarán ás 13 horas cunha misa cantada pola coral Terramar na capela de San Ciprián, ás 14:30 empezará un xantar nunha carpa que estará instalada na Praza dos Campos e a partir das 17:30 haberá baile amenizado por un...
leer más 08/09/2016
O Valadouro celebra as súas Festas do Oito con distintas exhibicións que se organizan por parte das distintas asociación e colectivos que participan nelas.
Hoxe dan comezo os festexos con misa solemne seguida de sesión vermú coa orquestra Atenas, que actuará na verbena pola noite xunto ao grupo Fénix. Mañá, 9 de setembro, ás 12 haberá misa solemne, procesión e concerto da Banda Municipal de Ribadeo. Sesión vermú con Caramelo, que repite pola noite con Matiné.
O sábado haberá sesión vermú ás 14:30 horas con Fin de Siglo, que estará na verbena pola noite co grupo Pekados. Ademais o colectivo de baile de salón ofrecerá unha exhibición a partir das 21:30...
leer más












