Eventos
03/02/2016
O Entroido burelés celebra este luns, día 8, a II Festa do Oeste dentro dos actos programados por ACIA Burela. Comezará ás once e media da noite na Praza da Mariña co Bar-Saloon onde haberá un Gran-Rodeo con Toro Mecánico e premios infantil e adultos. Nesta festa haberá ademais premios para os mellores disfraces e o sorteo dunha cesta de Cocido valorada en 150 euros para o que poderán adquirirse as rifas nos locais da Ruta de Tapas.
Durante os días 6, 7 e 8 haberá a ruta “Tapeo de Cocido” con tapas a 2 euros e o sábado, día 6, celebrarase unha Macrofesta na Praza da Mariña a partires das once e media da noite amenizada polo DJ Henry Méndez. As entradas son a 10 euros ou a 8 si se mercan por anticipado.
... leer más 30/01/2016
As localidades de San Ciprián e Cervo acollerán do 5 ao 9 de febreiro diversas actividades para celebrar o Entroido coa colaboración do Concello. Nos dous casos os organizadores premian aos que se inscriban con antelación para participar nos desfiles.
A concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, explicou que “a asociación Airiños do Xunco e o Concello traballan nos últimos detalles do Entroido de Cervo, no que se mesturan as actividades infantís cos desfiles e concursos de disfraces. En canto ao actos para os nenos e nenas, en Cervo teñen preparado o tradicional playback infantil para o sábado 6 de febreiro ás 18:30 horas na Casa do Concello. O desfile de Cervo será durante o Domingo de Entroido, día 7, dende ás 18 horas, partirá do pavillón do CEIP e discorrerá...
leer más 28/01/2016
O edil de Cultura do Valadouro, Eduardo Chao, sinala que “hai uns días estabamos totalmente inmersos, cos polvoróns e o cava, ás voltas e os regalos que chegaron da man do Apalpador, Papá Noel ou os mesmos Reis Magos… e de súpeto, case sen darnos conta, estamos no tempo do Entroido. Por este motivo este departamento organiza o desfile de Entroido”.
Nesta ocasión a cita é o domingo 7 de febreiro a partires das 17:00 horas con saída da Casa da Cultura cara a Avenida da Veiga, Rosalía de Castro, Andrés López Palmeiro, Avda de Viveiro e José Antonio Ferreiro González ata o pavillón, lugar onde se entregarán os premios do concurso.
As inscricións poden facerse desde o luns 1 de febreiro desde 9:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas ata o...
leer más 28/01/2016
O vindeiro 7 de febreiro terá lugar en Barreiros o Festival de Entroido, que organizan a Concellería de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude.
O Festival celebrarase entre as 17:30 e as 20:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. Alí está programado un espectáculo de maxia a cargo de Chrystyan Magic, destinado a todos os públicos. Haberá tamén desfile de disfraces infantil e xuvenil con premios para individuais, parella e grupo e agasallos para todos os participantes. Na tarde festiva haberá tempo para a festa de animación con bailes e imitacións. A esta cita non faltarán os tradicionais cabezudos.
27/01/2016
A Concellería de Cultura de Lourenzá organiza para a tarde do día 10 de febreiro, mércores, unha xornada de xogos de mesa onde os nenos e nenas a partir de 5 anos de idade poderán gozar dende as 17 horas con parchís, oca, futbolín, etcétera. Así mesmo levarase a cabo un orixinal xogo de bingo con premios moi interesantes.
Esta actividade está dirixida ós nenos e nenas a partir dos 5 anos e preténdese que os participantes pasen unha tarde das vacacións de Entroido entretida .
As inscricións poden facerse na biblioteca municipal ata o venres 5 de febreiro en horario de 5 a 8 da tarde ou ben no teléfono 982.12.10.06.
Esta actividade é totalmente gratuíta para os asistentes.
26/01/2016
El pregonero de la Semana Santa de Ribadeo este año será Diego Vigil de Quiñones Otero, registrador de la propiedad que actualmente es además vicepresidente del Decanato en Aragón del Colegio de Registradores de España; profesor asociado de la Universidad Complutense de Madrid, patrono y profesor-tutor del colegio mayor San Pablo, de Madrid; tutor de prácticas externas de alumnos de la Universidad de Zaragoza; preparador en la Academia Hipotecaria de Zaragoza y en la Academia de Registros de Madrid. Fue registrador de la propiedad y mercantil de buques en Ribadeo desde junio de 2009 hasta febrero de 2012 y es autor de varios libros.
Diego Vigil de Quiñones Otero ya estaba muy vinculado a Ribadeo antes de ser registrador en la villa, a la que sigue ligado y es un gran...
leer más 25/01/2016
O Concello de Lourenzá organiza o primeiro campionato de parchís por parellas para adultos que se desenvolverá na biblioteca municipal. O prazo de inscrición para participar remata o 5 de febreiro.
Os interesados en participar poden anotarse na propia biblioteca municipal en horario de 5 a 8 da tarde.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explicou que “o xogo do parchís constitúe unha práctica habitual nos encontros cotiás entre familiares e amigos. Con esta iniciativa o Concello ofrece alternativas ao tempo libre e pretende fomentar a reunión e a convivencia entre os veciños. Dende o Concello queremos impulsar e dar valor a esas reunións entre os cidadáns”.
24/01/2016
O Goberno local do Concello de Mondoñedo repartirá preto de 5.000 euros en premios o día grande do Entroido, o próximo 13 de febreiro, aumentando así a contía con respecto aos anos anteriores. Entre as novidades na organización deste ano, a rexedora, a popular Elena Candia, subliña a actuación da Orquestra Claxxon, a elección da raíña do Entroido e o novo percorrido para as carrozas.
No xurado terán presenza representantes do asociacionismo local, ademais de ACIAMS doutros concellos.
Ao longo do día haberá animación pola rúa con comparsas que actuarán desde as doce do mediodía facendo un percorrido desde o Campo dos Paxariños polo casco histórico e cunha actuación a no Barrio dos Muíños. A ruta rematará de novo no Campo dos Paxariños...
leer más 24/01/2016
O Entroido, o teatro e o día dedicado a Rosalía de Castro centran a programación cultural do Concello ribadense para o primeiro trimestre do ano, que tamén inclúe un concerto do cantautor Álex Ubago o 19 de marzo. A axenda foi presentada este mediodía polo concelleiro de Cultura, Farruco Graña, e polo técnico deste departamento, David Díaz.
Graña referiuse ás actividades xa realizadas en xaneiro, como o concerto didáctico de Odaiko ou ás dúas exposicións que se poden ver estes días en Ribadeo e tamén á axenda prevista para os vindeiros días, onde destacou a celebración do Entroido “que este ano vén cedo e xa nos estamos preparando para el. A comisión organizadora está xa a pleno rendemento e imos poder gozar dos freixós a partir...
leer más 24/01/2016
A asociación de hostaleiros e comerciantes Beiras de Viveiro repartirá 1.200 euros en premios o vindeiro 5 de febreiro. A xincana zombie terá lugar na praia de Covas a partir das 20 horas.
Desde Beiras de Viveiro animan a participar: “recruta o teu clan de zombies (formado por cinco membros), apuntádevos nun local da asociación, tedes ata o 1 de febreiro. Participarán os primeiros 16 clans inscritos”.
Por outra banda o 10 de febreiro, mércores, terá lugar o enterro da sardiña “custodiada no BB Lounge Bar, haberá velatorio amenizado con música, bolos preñados e viño para os que acudan disfrazado coa sábana e a continuación sairase ata Viveiro para enterrala na praza Maior.