Eventos

18/02/2016
El Multiusos del Concello de Viveiro acogerá la presentación del cartel de la Semana Santa 2016. Será este sábado, 20 de febrero, por la mañana.
 
Este sábado, 20 de febrero, el Multiusos del Concello de Viveiro acogerá la presentación del cartel de la Semana Santa 2016. Será a las 12:30 horas. 
 
El autor es Rafael Rivera Gueimunde y el título del cartel es “Nazareno”. En la presentación participarán la alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; el párroco de la Unidad Pastoral, Román Escourido; y el presidente de la Xunta de Cofrarías de la Semana Santa de Viveiro, José Veiga.
 
En el acto también se  entregarán los tres premios finalistas del 8º Concurso de Carteles de la Semana Santa Internacional de Viveiro:
1º Premio el del Cartel anunciador, dotado con 600...
leer más
Etiquetas:
16/02/2016
O IES de Foz acolle do 16 ao 18 de febreiro o IX Campionato Internacional de Baristas de Escuelas de Hostelería e o IV Campionato Internacional de Baristas Profesionais.
 
O Ies de Foz acolle do 16 ao 18 de febreiro o IX Campionato Internacional de Baristas de Escuelas de Hostelería, o IV Campionato Internacional de Cata de Cafés de Escuelas de Hostelería e o IV Campionato Internacional de Baristas Profesionais 2016. 
 
A Fundación TIC, entidade dependente da Deputación, emitirá un ano máis por streamingos tres días de celebración dos campionatos de baristas organizados polo IES de Foz, que se desenvolven na localidade mariñá esta semana, do 16 ao 18 de febreiro.
 
A emisión en directo é posible grazas ao convenio entre a TIC e o IES de Foz, unha das máis de 150 entidades ou asociacións coas que colabora a Fundación. Deste...
leer más
Etiquetas:
05/02/2016
O tradicional Touporroutou do Entroido de Foz será este domingo, 7 de febreiro na Casa da Cultura. É organizado pola asociación Pomba do Arco.
 
O tradicional Touporroutou estará presente un ano máis no Entroido de Foz. Terá lugar este domingo, día 7, a partires das nove da noite na Casa da Cultura Poeta Manuel María. A Asociación Pomba do Arco organizadora desta actividade convida a todos a asistir para gozar con estas coplas de Entroido.
 
Aqueles que queiran participar poden depositar as súas coplas nas furnas colocadas en diversos establecementos da localidade. Deberán facelo antes da noite do sábado nos bares O Acuario, Anduriña, O Chícaro, A Eskina, A Funcional, O Lar, Leyton, May-Ros, O Muelle Bar, A Rambla e Tutti Frutti.
 
A ironía e a sátira serán os ingredientes primordiais destas...
leer más
Etiquetas:
05/02/2016
O Desfile do Entroido, que se celebrará o Domingo de Piñata, ocasionará cambios no tráfico rodado en Lourenzá.
 
A alcaldesa, Rocío López, ven de asinar un bando cos cambios que se producirán no tráfico en Lourenzá o vindeiro 14 de febreiro con motivo da celebración do desfile do Entroido. 
 
O domingo de piñata permanecerán cortadas ata o tráfico desde as 16:30 e ata que remate o desfile as seguintes rúas: Ponte das Cuñas desde a saída do Mercado Comarcal Gandeiro, Avenida do Val, Doctor Rubiños, Campo da Feira, Praza Linares Rivas, Avelino Montero Villegas, Travesía da Mariña, Francisco Fernández del Riego, Muíño do Frade, Secretario Luis Iglesias e As Plazas. 
 
A Alcaldía tamén comunica neste bando que se prohibe aparcar desde as 9 da mañá nas mencionadas rúas,...
leer más
05/02/2016
Este sábado, 6 de febreiro, en Viveiro terán lugar as Alpuxarradas. A cita será no Teatro Pastor Díaz a partir das oito da tarde.
 
Mañá, sábado, terá lugar en Viveiro o Certame de Alpuxarradas, un dos pratos fortes do Entroido. O evento será presentado por Eduardo Lorenzo e Adrián Silvent. A cita dará comezo ás 20:00 horas.
 
A venda de entradas será a partir das 19 horas. O prezo é de 2 euros e venderanse catro por persoa. 
 
Etiquetas:
05/02/2016
Terras de Lourenzá realizará a segunda etapa do Camiño Norte entre Vilamartín Pequeno e Arroxo o vindeiro 13 de febreiro.
 
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá prepara a segunda etapa do Camiño Norte que celebrará o vindeiro día 13 deste mes de febrerio.
 
Nesa xornada os participantes percorrerán o tramo entre Villamartín Pequeno e o lugar de Arroxo en Lourenzá que ten unha distancia de quince quilómetros e cun grado de dificultade baixo.
 
A saída será ás oito e media da mañá do Cantón de Vilanova en Lourenzá e ao remate da ruta haberá un xantar no recinto do Mercado de Lourenzá xunto á Asociación Pasada das Cabras.
 
As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición antes das...
leer más
Etiquetas:
04/02/2016
O pavillón de San Román, en Cervo, acollerá a celebración do Entroido na que haberá desfile, concurso con premios en metálico e baile o 13 de febreiro.
 
O pavillón de San Román de Vilaestrofe acollerá a celebración do Entroido, na que haberá desfile, concurso con premios en metálico e baile. Será o día 13 deste mes, sábado, a partir das dez e media da noite. O evento está organizado pola Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras coa colaboración do Concello de Cervo e da Asociación de Montes Veciñais de San Román. Na presentación do cartel e do programa de actividades estiveron Raquel Ferreira, en representación de As Espalladoras, e os concelleiros Plácido Pérez Otero, Pilar Armada Carrete e Dolores García Caramés. 
 
Plácido Pérez Otero explicou que o evento “estará amenizado polo grupo Fénix e haberá premios. Para infantís, en individuais o primeiro serán 50 euros; o segundo,...
leer más
03/02/2016
Abierta la inscripción para los stands del Market y del Circle Meal en el Resurrection Fest.
 
Los organizadores explican que “hemos abierto las inscripciones para todos aquellos que posean un stand y quieran trabajar con nosotros. ¡Atentos!
 
MARKET: ¿Tienes una tienda de ropa, complementos, discos o una marca con tu propia línea de artículos? ¿Te gustaría estar en el mercado del Resurrection Fest y vender tus productos? El market del Resurrection Fest, es un espacio cubierto donde profesionales del sector venden sus productos. Importantes marcas internacionales, las mejores tiendas de discos con el material más especializado, los complementos más originales año a año se juntan bajo el mismo techo. También hay espacio para aquellas pequeñas marcas que desean darse a conocer y escogen el Resurrection Fest como escaparate...
leer más
Etiquetas:
03/02/2016
Coa cea de comadres arrinca este venres, 5 de febreiro, o Entroido en Ribadeo. A comisión organizadora anima a participar nas actividades programadas ata o 13.
 
Coa cea de comadres arrinca este venres, 5 de febreiro, o Entroido en Ribadeo. A comisión organizadora anima a participar en todas as actividades previstas ata o 13, xornada na que se celebrará a tradicional Queima.  
 
Desde a comisión organizadora sinalan que “agora que o calendario nos deixou unhas semaniñas para recuperarnos das festas  de Nadal toca coller folgos para as xornadas de Entroido. A Comisión de Carnaval de Ribadeo xa ten listos os preparativos. Segundo os historiadores os vestixios máis antigos de Entroido datan de fai 5000 anos cos sumerios e os exipcios, pero esta festividade foise reinventando co devir do tempo ata que cada pobo acadou as súas propias costumes e tradicións. Así, todas as persoas que participen no...
leer más
Etiquetas:
03/02/2016
O pregón do Entroido focense será este venres, 5 de febreiro, na Sala Bahía, seguido do Concurso de Coplas. O tradicional desfile será o sábado.
 
Este venres continúan os actos do Entroido programados polo Concello co pregón a cargo de As Sin Xeito. Éste terá lugar as oito da tarde e a partires das oito e media celebrarase o Concurso de Coplas na Sala Bahía.
 
Un dos pratos fortes do Entroido focense será o Desfile de Entroido que se celebrará a partires das cinco da tarde do sábado. Neste XXXV Desfile de Entroido repartiranse 7.000 euros en premios e ao remate terá lugar unha chocolatada no Campo da Cabana. A xornada rematará cun Gran Baile ás  once da noite na Sala Bahía coas orquestas Cinema e Grupo Tekila e entre unha e unha e media da madrugada entregaranse os premios do Desfile.
 
O domingo,...
leer más