Eventos
27/07/2016
O venres, 29 de xullo, dará comezo a Festa dos Chóferes en Alfoz, que chega ao seu 50 aniversario. Ás 23:00 horas principiará a verbena amenizada polo grupo Nebraska e Disco-Móvil.
O sábado, 30 de xullo, ás 14:00 horas comezará a sesión vermú amenizada por Abanico. Pola tarde a partir das 18:00 horas actuará o cuarteto Non cho digo da Asociación Foles de Viveiro. Para as 23:00 horas está prevista a verbena amenizada polas orquestras Abanico e Acordes e ás 24:00 horas haberá fogos de artificio.
Xa o domingo, 31 de xullo, ás 11:00 horas terá lugar a procesión de vehículos polas parroquias do concello. Ás 13:00 horas celebrarase a misa e a bendición de...
leer más 26/07/2016
A fin de semana do 5, 6 e 7 de agosto terá lugar en Burela a XIV edición de Produart, feira dos produtos artesanais e ecolóxicos, que abrirá a suas portas a partires das 17.30 horas do día 5, con carácter totalmente gratuito para @s visitantes.
Produart 16 comeza esta edición cun programa de actividades paralelas á propia exposición comercial que se desenvolverá no recinto feiral durante as datas de realización da feira. As mesas redondas, que se celebrarán son varias. A primeira será o venres a partires das 20.30 horas, tamén estan programados talleres para nen@s durante o sábado día 6, demostracións en vivo, degustacións , videoactiv@, etc... todalas actividades paralelas, acompañarán nestas datas á exposición...
leer más 25/07/2016
Os Xardíns Noriega Varela, de Viveiro, acollerán do 29 ao 31 de xullo o Mercado da Fantasía, poboado pola igualdade, que organizan o Concello e o Centro de Información ás Mulleres.
Durante esas xornadas haberá talleres educativos, personaxes de contos, atraccións infantís, postos de alimentación, artesanía e gastronomía.
23/07/2016
Deron comezo as dúas Xeorutas, que organizadas polo Concello, discorren pola contorna praia de As Catedrais e polo o pobo de Rinlo. Levaranse a cabo ata o 18 de setembro, segundo anunciou hoxe a concelleira de Turismo, Ana Martínez, que lembrou que “Ribadeo foi pioneiro o ano pasado na posta en marcha destas iniciativas”.
A edil nacionalista comentou que “pasado o ecuador deste mes de xullo vemos como Ribadeo está a tope de xente, como ano tras ano nos imos posicionando como ese destino turístico preferente para moitas persoas. Desde o Concello nos sentimos alagados por esta elección de tanta xente que quere vir visitar a nosa vila, o noso concello, e queremos seguir apostando por un turismo responsable e sostible que combina o...
leer más 22/07/2016
Xa foi presentado o programa da Romaría do Monte Castelo, que se celebrará do 28 ao 31 de xullo. A festa arrincará o xoves coa misa na capela do Monte Castelo ás sete da tarde, pola noite haberá chicharrada e o chupinazo de inicio da festa.
O venres pola noite actuará De Vacas a partir das doce. Ese día celébrase tamén a festa da nécora. O sábado haberá de concurso de casetas con premios para as tres primeiras. Durante os catro días haberá moitas actividades, que rematarán o domingo coa misa e procesión na honra da nosa Señora das Marabillas, seguida de sesión vermú.
Na presentación participaron varios membros da asociación R.C.M. Amigos do Monte...
leer más 21/07/2016
O vindeiro luns, 25 de xullo, no polideportivo Campo da Cabana, ás 22:30 horas, presentarase a proxección fotográfica Riquezas Paisaxísticas e Arquitectura Histórica da Mariña de Lugo, de Xesús do Breogán. O acto está organizado polo Concello e por Sempre Foz e conta co patrocinio do Centro Comercial Aberto.
Xesús do Breogán explicou que “trátase de dar a coñecer ao turista e tamén aos veciñas e veciñas de Foz todas as riquezas paisaxísticas que temos aquí. Precisamente o programa titúlase Riquezas Paisaxísticas e Arquitectura Histórica da Mariña de Lugo”.
O autor da proxección subliñou que “hai na Mariña unhas cinco cataratas, unha delas ten trinta...
leer más 21/07/2016
Os días 24 e 25 terán lugar en Fazouro as festas de Santiago. No programa destaca a celebración o domingo 24 da IV edición da festa gastronómica dedicada á troita.
A concelleira de Cultura, Silvia Blach, detalla que “este domingo 24 temos en Fazouro ás 13:30 horas misa na capela de San Salvador e procesión. Ás 20:00 horas imos ter a cuarta edición da Festa da Troita con racións a 3 euros con torreznos, troitas, patacas e pan. A partir das 21:00 horas empezará a verbena con Moraima e Poceiro”.
Silvia Blach engade que “o luns 25 seguimos en Fazouro coas festas, nesa capela imos ter ás 13:30 horas a misa da procesión e despois a sesión vermú coa...
leer más 19/07/2016
Os organizadores da Ponte Literaria* reuníronse o día 13 para artellar as actividades do verán 2016; entre outras resolucións, artellouse unha actividade para a semana vindeira.
O novo encontro terá lugar o xoves, 21 de xullo ás 17:30 h., no espazo de lecer da Ponte Vella de Frexulfe (O Valadouro).
A experiencia consistirá nun exercicio de creación e/ou exposición literaria cunhas condicións básicas. Toda persoa que desexe participar activamente deberá levar un texto (a temática é libre e non se exixe ningún xénero concreto) para ler ou expor de xeito oral, cunha dimensión máxima de un folio.
19/07/2016
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, participou na presentación do cartel e do programa da XXV edición do Mercado Medieval de Mondoñedo que tivo lugar no salón de plenos do Concello. Á presentación asistiu parte do equipo de goberno, varias das asociacións implicadas no evento, así como amigos e amigas do mercado medieval que ano tras ano colaboran e traballan de xeito desinteresado na súa organización.
A rexedora aproveitou a súa intervención para agradecer o traballo de todas as asociacións implicadas no Mercado Medieval; entre as que se atopan os Amigos do Mercado, á ACIAM e á Asociación Cultural O Pasatempo. Candia destacou, de xeito especial, o apoio prestado pola ANPA do colexio e da Escola de Música Municipal.
... leer más 18/07/2016
Xove acolle a celebración da V edición da Festa do Percebe este, sábado 23 de xullo.
Dará comezo ás 12:00 horas e terá lugar na praza do Concello. A festa contará coa animación musical dunha disco-móvil.
A organización corre a cargo do Concello de Xove, a Cofraría de Pescadores de San Cibrao e A Medorra Asociación de Festexos. O recinto feiral contará cunha gran carpa e os asistentes terán a oportunidade de degustar este exquisito crustáceo a prezos populares.












